ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/06/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-06-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/06/02_Ordinaria

  • Data(s) 2010-06-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do día dous de xuño do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Salvador González Solla, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18260.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de maio de 2010. 2.18261.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010, CAMPAÑA DE PRIMAVERA” (3º, 4 º E 5º GRUPO) A) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 3º Grupo de solicitudes á Intervención o 24 de maio de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o 3º Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Primavera, polo importe de 22.932,00 €, para un total de 441 persoas, con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial, e segundo o cadro adxunto. PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA Concello Adhesión Nº Participantes Gasto O ROSAL SI 25 1.300,00 € PONTEAREAS SI 50 2.600,00 € PORRIÑO SI 152 7.904,00 € PORTAS SI 57 2.964,00 € SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.560,00 € SILLEDA SI 25 1.300,00 € VALGA SI 92 4.784,00 € VILABOA SI 7 364,00 € TOTAIS 438 22.776,00 € PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO Concello Adhesión Nº Participantes Gasto VILAGARCIA NON 3 156,00 € TOTAIS 3 156,00 € B) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 4º Grupo de solicitudes á Intervención o 28 de maio de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o 4º Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Primavera, polo importe de 12.636,00 €, para un total de 243 persoas, con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial, e segundo o cadro adxunto. PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA Concello Adhesión Nº Participantes Gasto BAIONA SI 9 468,00 € BUEU SI 150 7.800,00 € MOAÑA SI 75 3.900,00 € TOTAIS 234 12.168,00 € PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO Concello Adhesión Nº Participantes Gasto LALÍN NON 1 52,00 € BAIONA NON 8 416,00 € TOTAIS 9 468,00 € C) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 5º Grupo de solicitudes á Intervención o 28 de maio de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o 5º Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Primavera, polo importe de 2.392,00 €, para un total de 46 persoas, con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial, e segundo o cadro adxunto. PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE PRIMAVERA Concello Adhesión Nº Participantes Gasto TUI SI 46 2.392,00 € TOTAIS 46 2.392,00 € 3.18262.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Feyju Galicia, S.L. A empresa Feyju Galicia, S.L. (CIF B- 36.620.383), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria:  Rehabilitación de edificio para Arquivo Provincial. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dezanove mil novecentos noventa e sete euros con oitenta e oito céntimos (19.997,88 €), para responder do contrato relativo á obra “Rehabilitación de edificio para Arquivo Provincial”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700034832, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b) Devolución de garantías definitivas á empresa Decoración, instalaciones y construcciones, S.A. A empresa Decoración, instalaciones y construcciones, S.A. (CIF A- 36.011.047), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria:  Proxecto modificado de rehabilitación antiga Reitoral de Alcabre, fase 2. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil douscentos noventa e tres euros con dous céntimos (1.293,02€), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado de rehabilitación antiga Reitoral de Alcabre, fase 2”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/11/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800104808, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantías definitivas á empresa Barreras de Seguridad, S.L. A empresa Barreras de Seguridad, S.L. (CIF B- 32.204.620), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de oito mil trescentos setenta e oito euros con vinte céntimos (8.378,20 €), para responder do contrato relativo á obra “Sinalización E.P. 8001 Caldas- Carracedo- Catoira (Caldas de Reis)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/07/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800063446, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d) Devolución de garantías definitivas á empresa Claro Sol, S.A. A empresa Claro Sol, S.A. (CIF A- 36.615.763), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de oito mil trescentos setenta e oito euros con vinte céntimos (8.378,20 €), para responder do contrato relativo á “Prórroga do contrato do servizo de limpeza do Pazo Provincial adxudicado pola Xunta de Goberno do 27/05/2007”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700081027, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.18263.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.18264.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MONDARIZ PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002340, DENOMINADA “GRADAS CAMPO A LAGOA, PISTA BARRO, ACONDICIONAMENTO ESCOLA ABOAL E REFORMA TELECLUBE RIOFRÍO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Visto o acordo, núm. 4.17639, da Xunta de Goberno adoptado na sesión ordinaria do día 27 de xaneiro de 2010, en virtude do cal se aproba a concesión dunha subvención ó Concello de Mondariz para a realización do investimento núm. 2618, denominado “E.D.A.R e colectores en Poñe”, incluído no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 181.462,03 euros. Resultando que o Concello de Mondariz solicita un cambio de aplicación da obra núm. 2618 “E.D.A.R e colectores en Poñe” para a obra “Gradas campo A Lagoa, pista Barro, acondicionamento escola Aboal e reforma teleclube Riofrío”, dado que o investimento inicial obtivo financiamento por outra vía. Visto o informe favorable emitido polo servizo de Cooperación referido o cambio de aplicación proposto e a modificación do acordo de concesión segundo ó disposto no artigo 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, os informes favorables dos servizos de Infraestruturas e Intervención e visto que non se prexudican dereitos de terceiros, A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: Aprobar o cambio de aplicación da obra núm. 2618 “EDAR e colectores en Poñe”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, para a obra núm. 2340 “Gradas campo A Lagoa, pista Barro, acondicionamento escola Aboal e reforma Teleclube Ríofrío”. Conceder ó Concello de Mondariz a cantidade de 181.462,03 €, para a realización do investimento, núm. 2009002340, denominado “Gradas campo A Lagoa, pista Barro, acondicionamento escola Aboal e reforma teleclube Riofrío”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 153.465,97 euros Exercicio 2010: 27.996,06 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención, nos exercicios 2009 e 2010, contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010.942.942.652.45.2009 e 2010.942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. Anular o acordo núm. 4.17639 da Xunta de Goberno de 27 de xaneiro de 2010. 6.18265.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002821, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE TANATORIO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Visto o acordo, núm. 16.18158, da Xunta de Goberno adoptado na sesión ordinaria do día 30 de abril de 2010, en virtude do cal se aproba a concesión dunha subvención ó Concello de Ribadumia para a realización do investimento núm. 2821 denominado “Construción de tanatorio”, incluído no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 416.415,42 euros. Resultando que o Concello de Ribadumia, con posterioridade, solicita unha redistribución das cantidades subvencionables co fin de adaptarse, integramente, ás cantidades globais concedidas por anualidade e mellorar a solicitude inicial e, sen que esta nova redistribución inflúa no importe total concedido a este concello dentro do Plan de Investimentos e sen que se produzan prexuízos a terceiros. Vistos os informes favorables emitidos polos servizos de Cooperación, Infraestruturas e Cooperación. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: Aprobar a nova redistribución das anualidades no investimento núm. 2821, e, por conseguinte, conceder ó Concello de Ribadumia a cantidade de 416.415,42 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002821, denominado “Construción de Tanatorio”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 225.312,67 euros Exercicio 2010: 99.051,44 euros Exercicio 2011: 92.051,31 euros A presente subvención, nos exercicios 2009 e 2010, contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010.942.942.652.45.2009 e 2010.942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. Anular o acordo núm. 16.18158 da Xunta de Goberno de 30 de abril de 2010. 7.18266.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002822, DENOMINADA “SANEMANTO E ABASTECEMENTO EN LEIROMEÁN-LEIRO E GÁNDARA-LOIS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002822, denominado “Saneamento e abastecemento en Leiromeán-Leiro e Gándara-Lois”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Ribadumia a cantidade de 96.731,92 €, para a realización do investimento, núm. 2009002822, denominado “Saneamento e abastecemento en Leiromeán- Leiro e Gándara-Lois”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 30.731,92 euros Exercicio 2011: 66.000,00 euros A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.18267.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILABOA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002450, DENOMINADA “REASFALTADO PISTA MUNICIPAIS EN BÉRTOLA, FIGUEIRIDO E SANTA CRISTINA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002450 denominado “Reasfaltado pistas municipais en Bértola, Figueirido e Santa Cristina”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilaboa a cantidade de 177.322,94 €, para a realización do investimento, núm. 2009002450, denominado “Reasfaltado pistas municipais en Bértola, Figueirido e Santa Cristina”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 177.322,94 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.18268.- CONCESIÓN ANTICIPADA DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILABOA PARA REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002452, DENOMINADA “REASFALTADO DE PISTAS MUNICIPAIS EN BÉRTOLA, SANTA CRISTINA E VILABOA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002452 denominado “Reasfaltado pistas municipais en Bértola, Santa Cristina e Vilaboa”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilaboa a cantidade de 142.954,19 €, para a realización do investimento, núm. 2009002452, denominado “Reasfaltado pistas municipais en Bértola, Santa Cristina e Vilaboa”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 142.954,19 euros A presente subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será, no seu caso, a 11.942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.18269.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILABOA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002454, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN E REASFALTADO EN PAREDES E A CARDIÑA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002454 denominado “Pavimentacións e reasfaltados en Paredes e a Cardiña”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilaboa a cantidade de 106.192,26 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002454, denominado “Pavimentacións e reasfaltados en Paredes e a Cardiña”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 106.192,26 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.18270.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS NO PAM/06-08, PARA A EXECUCIÓN DA OBRA Nº 188-161-138/928 Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. 1, correspondente ó investimento núm. 188-161-138/928 denominado “Pavimentación Barrio do Forte e dotación de servizos” do Concello de Cangas, e á vista dos informes do servizo de Infraestruturas e de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de douscentos tres mil setecentos vinte e tres euros con trinta e seis céntimos (203.723,36 €) a favor do citado Concello. - Declarar de aboo a cantidade de douscentos tres mil setecentos vinte e tres euros con trinta e seis céntimos (203.723,36 €), como pago da subvención concedida ó Concello de Cangas para a obra nº 188-161-138/928 denominada “Pavimentación do Barrio do Forte e dotación de servizos”, incluída no Programa de Acción Municipal 2006-2008, con aplicación ó estado de gastos do vixente orzamento provincial e con cargo ás aplicacións que deseguido se detallan: ANUALIDADE PARTIDA EUROS 2006 2010/942.942.762.10.2006 57.184,70€ 2007 2010/942.942.762.10.2007 113.815,16€ 2008 2010/942.942.762.10.2008 32.723,50€ TOTAL 203.723,36€ 12.18271.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DA XXXI BIENAL DE ARTE Vista a proposta do Servizo de Cultura e os informes de Secretaría e de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, en base ó cal se efectuará unha achega económica, por parte a da Consellería de Cultura e Turismo, de 150.000,00 €, para a realización da XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Sr. Presidente da Deputación para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DA XXXI BIENAL DE ARTE. Santiago de Compostela, a COMPARECEN A Consellería de Cultura e Turismo e no seu nome e representación o Sr. D. Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, en virtude das facultades que, para vincularse neste acto, lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu Presidente, e o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991, publicado por Resolución da Consellería de Economía e Facenda do 8 de abril de 1991 (DOG núm. 82 do 30/04/1991), Doutra, a Deputación Provincial de Pontevedra (CIF-P-3600000-H) e no seu nome e representación o Sr. D. Rafael Louzán Abal, en virtude da súa condición de Presidente da citada entidade segundo o disposto no artigo 61 da Lei 5/1997, da Administración Local de Galicia. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das súas facultades que para convir no nome das Entidades que representan teñen conferidas e, EXPOÑEN PRIMEIRO. Que a Consellería de Cultura e Turismo é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma á cal lle corresponden as competencias en materia de fomento da cultura e de creación e difusión cultural dentro da Comunidade Autónoma, competencias que lle veñen asignadas en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Autonomía para Galicia e que se concretan, entre outras, no fomento e promoción da cultura, a contribución ó desenvolvemento do libro, a colaboración na promoción da plástica, a danza, a música, a imaxe e o son e as artes líricas e coreográficas. SEGUNDO. Que as institucións asinantes do convenio están interesadas en establecer un convenio de colaboración que permita o mellor exercicio e desenvolvemento das súas correspondentes competencias no ámbito da promoción e organización de actividades culturais. TERCEIRO. Que a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación de Pontevedra, consideran esencial o establecemento de accións conxuntas que permitan a súa participación no desenvolvemento da XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, a máis antiga do seu tipo en España e que conta cunha relevante colección histórica e arqueolóxica. Polo anteriormente exposto, as partes acordan a sinatura do presente Convenio de Colaboración, consonte coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. OBXECTO. A través do presente convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, e a Deputación de Pontevedra para a realización conxunta da XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, que neste ano 2010 estará dedicada ás manifestacións artísticas producidas dende os países das áreas xeográficas do Caribe e Centroamérica. Este encontro que alcanza o número 31 denominarase Utrópicos. A Bienal aínda que centrada no plano das prácticas artísticas vai a tomar como punto de arranque estas referencias culturais para contextualizar un panorama múltiple no que terán o seu espazo tanto a creación cinematográfica a través dun ciclo de cine, a produción de crítica e pensamento dende un programa de mesas redondas, así como proxectos independentes de formación artística. A Bienal contempla unha estrutura articulada en exposicións de carácter temático, a través das que se ofrecerá unha visión do que veu ocorrendo na rexión no terreo da creación artística e á vez subliñando a relacións entre Galicia e o contexto caribeño e centroamericano, a través do exilio de numerosos artistas e a emigración. Esta estrutura que articula varias exposicións, intenta crear as condicións para unha adecuada lectura dos contextos dos que xorden e nos que se insiren. No 2010, ano Xacobeo, a Bienal propón unha articulación do eixe marítimo da provincia estendendo as súas actividades, ademais de en Pontevedra, a Vilagarcía que acollerá diversas intervencións de artistas galegos e centroamericanos e Vigo onde se proxectará un ciclo sobre videocreación. O groso da programación expositiva concentrarase na cidade do Lérez. SEGUNDA. DURACIÓN DAS ACTIVIDADES. O prazo previsto para o desenvolvemento e realización das actividades indicadas estenderase ata o 30 de novembro do 2010. TERCEIRA. RESPONSABILIDADE DAS ACTIVIDADES. O proxecto de actividades será realizado por un equipo de profesionais pertencentes á Deputación de Pontevedra, e dirixido por Rafael Louzán Abal, quen ademais actuará como representante da Deputación de Pontevedra e interlocutor fronte á Consellería de Cultura e Turismo en todo o referente á execución deste Convenio. Deberase recoller a imaxe da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2010 nas distintas accións de publicidade que se leven a cabo nos distintos medios de comunicación. CUARTA. SEGUIMENTO DAS ACTIVIDADES. A Consellería de Cultura e Turismo nomeará un interlocutor da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, responsable do seguimento das actividades contempladas neste convenio, e que será o encargado da recepción do proxecto de actuacións e dos informes de investigación. QUINTA. PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES. A Deputación de Pontevedra remitirá, unha vez rematadas as actividades, un informe final que recolla as actuacións realizadas con motivo do convenio e sempre antes da data que se sinala como remate do mesmo. SEXTA. ESTABLECEMENTO DUNHA COMISIÓN MIXTA DE SEGUIMENTO. Para o bo desenvolvemento das actividades obxecto do Convenio establécese unha Comisión Mixta, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá o seguimento, interpretación e avaliación das accións derivadas do presente convenio. A programación das actividades decidirase nesta comisión mixta. Por parte da Consellería de Cultura e Turismo actuará como representante o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura ou persoa en quen delegue. Por parte da Deputación de Pontevedra actuará como representante nesta comisión o Presidente da Deputación ou a persoa en quen delegue. SÉTIMA. FINANCIAMENTO. Para a realización conxunta das actividades necesarias para levar a cabo o proxecto XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Turismo achegaralle á Deputación de Pontevedra para cofinanciamento das actividades a cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), para o que existe crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria 11.04.432B.640.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2010. Se por calquera circunstancia as actividades obxecto do presente convenio non foran realizadas ou non se axustaran ó plan previsto a Deputación Provincial de Pontevedra quedará obrigada á devolución das cantidades percibidas. Dita achega só cubrirá o custo da realización do proxecto, sen que a Deputación de Pontevedra poida obter beneficio algún polo mesmo. O pagamento por parte da Consellería de Cultura e Turismo efectuarase logo da presentación por parte da Deputación de Pontevedra dun informe final no que se recollan todas as actividades realizadas, declaración do órgano competente da entidade indicando que os gastos teñen relación co obxecto do convenio, xustificantes de gasto (facturas) que xustifiquen os gastos realizados así como os comprobantes de pago por calquera dos medios admisibles. Esta cantidade farase efectiva na conta corrente que indique a Deputación de Pontevedra, da que será titular, achegándoa na xustificación dos gastos. A Deputación de Pontevedra deberá someterse ás accións de comprobación que realice a Xunta de Galicia, así como prestar colaboración ás actuacións de control que lle poidan corresponder á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ó Consello de Contas de Galicia. OITAVA. DEREITOS SOBRE A INFORMACIÓN E OS RESULTADOS DAS ACTIVIDADES. Os resultados froito deste convenio, catálogos, folletos, textos, traballos técnicos, etc, derivados da XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, serán de titularidade e uso común das partes asinantes deste convenio. No caso de querer algunha transformación das actividades realizadas requirirase consentimento expreso das outras partes. A Consellería de Cultura e Turismo poderá publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do convenio que, en todo caso, terán carácter público. Calquera que sexa o medio de difusión, as partes comprométense a facer mención expresa do presente convenio. A sinatura do presente convenio suporá o consentimento expreso dos interesados á Administración Autonómica, para incluír e facer públicos os datos referidos ó convenio nos Rexistros de Convenios da Xunta de Galicia. NOVENA. PARTICIPACIÓN DOS COLABORADORES DESTE CONVENIO. O asinamento deste Convenio non implica relación laboral, contractual ou de calquera outra índole entre os profesionais que vaian desenvolver as actuacións previstas e a Xunta de Galicia, de tal xeito que a esta non se lle poderá esixir responsabilidades ningunha, nin directa nin subsidiaria, polos actos ou feitos acaecidos no desenvolvemento do Convenio. DÉCIMA. MODIFICACIÓN, DENUNCIA E RESOLUCIÓN DO CONVENIO. As partes poderán denunciar ou modificar o presente convenio en calquera momento por acordo mutuo. O incumprimento de calquera das obrigas contraídas no presente convenio será causa de rescisión do mesmo, quedando automaticamente anulados todos os dereitos correspondentes sobre o obxecto do programa de colaboración conxunta, pero non así as obrigas contraídas no mesmo. UNDÉCIMA. VIXENCIA DO CONVENIO. O presente convenio estenderá a súa vixencia ata o 30 de novembro de 2010. DUODÉCIMA. XURISDICIÓN. As partes comprométense a resolver de maneira amigable, a través da Comisión Mixta sinalada na cláusula sexta, calquera desacordo que poida xurdir no desenvolvemento do presente Convenio. No seu caso, as partes someterán as diverxencias que non poidan ser resoltas pola Comisión Mixta, en orde á interpretación ou cumprimento do presente Convenio, á xurisdición Contencioso-Administrativa. E en proba de conformidade de canto antecede, asinan por duplicado o presente documento no lugar e data arriba indicados. Pola Consellería de Cultura e Turismo, Pola Deputación de Pontevedra, Roberto Varela Fariña Conselleiro de Cultura e Turismo Rafael Louzán Abal Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra” 13.18272.- DESESTIMACIÓN DA SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA, NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09, Á ASOCIACIÓN GALEGA DAS ARTES DO CONCELLO DA ESTRADA, PARA O “I CERTAME INTERNACIONAL DE PINTURA” E ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN QUE SE LLE CONCEDEU A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión do 30/09/2009, aprobou unha subvención a favor da Asoc. Galega das Artes do Concello da Estrada, por un importe de 1.025,00 €, para o “I Certame Internacional de pintura” con cargo á partida 09/451.463.489.10. Esta asociación presentou no Rexistro Xeral, con data 06/04/10, unha solicitude de prórroga de 6 meses ante a imposibilidade de realizar dito certame, pero dado que as “Bases de subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos. Ano-2009”, aprobadas pola Xunta de Goberno de 13 de maio de 2009 e publicadas no BOP núm. 93 de 19 de maio de 2009, recollen que as subvencións son para actividades realizadas ó longo do ano 2009, tal como se recolle na base 1ª, é polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a solicitude de prórroga presentada por esta asociación e proceder á anulación da subvención que se lle concedeu. 14.18273.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. DA SOCIEDADE CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA XESTAS DE VIGO DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ACTIVIDADES CULTURAIS DO XV CERTAME DA TORTILLA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 04/11/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 04/11/2009 unha subvención a favor da Asoc. da Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Xestas de Vigo con CIF: G-36.628.543, do Concello de Vigo, por un importe de 1.029,00 €, para “Actividades culturais do XV Certame da tortilla” con cargo á partida 09/451.451.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 26/05/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 15.18274.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CON ENERXÍAS RENOVABLES NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO “ECOREDESANEASOL” O Comité de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, en reunión de data 20 de xaneiro de 2009, acordou a concesión dunha axuda do FEDER para a execución do proxecto 0329_ECOREDESANEASOL_1_P, en que a Deputación de Pontevedra participa como beneficiario en colaboración con outras entidades españolas e portuguesas. A Deputación de Pontevedra ten asignada neste proxecto a execución da acción 3.2.: “Bacia Hidrográfica do Minho e Bacias hidrográficas dos ríos Miño, Ulla, Umia, Lérez e Verdugo”, que comprende a instalación na provincia de Pontevedra de infraestruturas de depuración de augas residuais con subministración de enerxías renovables (en adiante “infraestrutura medioambiental Ecoredesaneasol”). A elevada dispersión poboacional da provincia de Pontevedra ten como consecuencia a existencia dun elevado número de núcleos situados nas cuncas hidrográficas dos ríos mencionados que presentan necesidade de depuración das súas augas residuais. A esta circunstancia engádese a limitación orzamentaria do proxecto Ecoredesaneasol que non permite actuar en todos e cada un dos lugares do seu ámbito territorial que presentan esta problemática. Por este motivo cumpriu establecer un procedemento de concesión de subvencións en especie dirixida a todos os concellos da provincia de Pontevedra situado nas cuncas hidrográficas dos ríos mencionados para a instalación de “infraestruturas medioambientais Ecoredesaneasol” naqueles que foran beneficiarios. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 10 de febreiro de 2010, aprobou as bases reguladoras destas subvencións en especie. Terminado o prazo para a presentación de solicitudes polos concellos da provincia, as candidaturas recibidas foron avaliadas pola Comisión de Valoración, órgano colexiado constituído de acordo ó procedemento instrutor establecido na base 7 reguladora das devanditas subvencións, que emitiu proposta de resolución provisional para a concesión das subvencións ós concellos de Mondariz, O Covelo, A Lama, Mos e Ponte Caldelas. Para levar a cabo este proxecto, resulta necesario contratar a subministración e instalación dos equipamentos para a depuración de augas residuais domésticas nestes cinco concellos, non contando a Deputación cos medios humanos e técnicos necesarios para levar a devandita actuación. De acordo coa petición de incoación dun expediente por parte do Xefe de servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, o Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, iniciou o expediente de contratación e confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que teñen que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 6 de maio de 2010. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá procedemento aberto. Resultando que con data 1 de xuño de 2010 polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 12 tipifica a este contrato como “mixto”, xa que comprende a realización dunha subministración dos previstos no artigo 9, así como a realización de prestacións propias dun contrato de obras e servizos regulados nos artigos 6 e 10, e que para os efectos do referido artigo 12 ten consideración de prestación máis importante dende o punto de vista económico a relativa á adquisición e implantación da subministración. Considerando que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª. 2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxía renovable no marco do Proxecto europeo “ECOREDESANEASOL”. O tipo de licitación establecido para cada un dos lotes é o seguinte: LOTE CONCELLO ORZAMENTO SEN IVE 1 Mondariz 322.033,90 € 2 O Covelo 144.067,80 € 3 A Lama 165.254,24 € 4 Mos 165.254,24 € 5 Ponte Caldelas 186.440,68 € De acordo coa Lei 26/2009, do 23 de decembro, de orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, a partir do 1 de xullo de 2010, modifícase o tipo impositivo do IVE ó 18%. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 1.160.000 euros, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do vixente orzamento provincial. 10/241.161.652.02.2009 690.000 € 10/241.161.652.02 470.000 € 4. Iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CON ENERXÍA RENOVABLE NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO “ECOREDESANEASOL” 1.- OBXECTO.- O obxecto deste contrato é a subministración e instalación dos equipamentos do proxecto ECOREDESANEASOL (cofinanciado polo FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP 2007-2013)) para a depuración de augas residuais domésticas de cinco núcleos de poboación da provincia de Pontevedra, dotadas cada unha delas de paneis de enerxía solar fotovoltaica para produción eléctrica e dunha piscina ou depósito para a recollida e almacenaxe da auga depurada para a súa reutilización en prevención e extinción de incendios forestais. Este procedemento divídese en cinco lotes en concordancia cos núcleos de poboación beneficiarios deste proxecto: LOTE CONCELLO 1 Mondariz 2 O Covelo 3 A Lama 4 Mos 5 Ponte Caldelas O prego de prescricións técnicas que se une como anexo establece as condicións dos bens a subministrar e instalar. 2.- NATUREZA XURÍDICA E RÉXIME XURÍDICO.- • Tendo en conta a diversidade e complementariedade das prestacións obxectivo da presente licitación, este contrato cualifícase como mixto segundo o artigo 12 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP), xa que comprende a realización dunha subministración dos previstos no artigo 9. da LSCP, así como a realización de prestacións propias dun contrato de obras e servizos. • Para os efectos do artigo 12 da LCSP ten consideración de prestación máis importante dende o punto de vista económico a relativa á adquisición e implantación de subministración. • Real decreto 1663/2000, do 29 de setembro, sobre conexión de instalacións fotovoltaicas á rede de baixa tensión (ou a súa trasposición a actualización de regulamentación). • Real decreto 436/2004, do 12 de marzo, por que se establece a metodoloxía para a actualización e sistematización do réxime xurídico e económico da actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial (ou seu trasposición a actualización de regulamentación). • Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, e por que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e regulamento electrotécnico para baixa tensión e instrucións técnicas complementarias (ITC) BT 01 ó BT 051 (ou seu trasposición a actualización de regulamentación). • Follas de interpretación do M.I.E. (ou seu trasposición a actualización de regulamentación). • Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, por que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (ou seu trasposición a actualización de regulamentación). • Normas particulares de instalacións de ligazón das Comunidades Autónomas. • Prego de Condicións Técnicas de Instalacións Conectadas a Rede elaborada polo Departamento de Enerxía Solar do IDAE, coa colaboración do Instituto de Enerxía Solar da Universidade Politécnica de Madrid e o Laboratorio de Enerxía Solar Fotovoltaica do Departamento de Enerxías Renovables do CIEMAT (ano 2002) (ou a súa trasposición a actualización de regulamentación). • Calquera disposición en materia de lexislación eléctrica emitida por Real decreto e a súa correspondente Orde Ministerial que leve á modificación ou aclaración das anteriores será asumida por este procedemento. Calquera outra normativa que teña relación co obxecto deste procedemento. 3.- FINANCIAMENTO.- Os contratos financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.161.652.02.2009, na cantidade 690.000,00 € e a cantidade de 470.000,00 €, con cargo á aplicación 10/241.161.652.02 do vixente orzamento provincial. 4.- ORZAMENTO.- O tipo de licitación establecido para cada un dos lotes é o seguinte: LOTE CONCELLO ORZAMENTO SEN IVE 1 Mondariz 322.033,90 € 2 O Covelo 144.067,80 € 3 A Lama 165.254,24 € 4 Mos 165.254,24 € 5 Ponte Caldelas 186.440,68 € De acordo coa Lei 26/2009, do 23 de decembro, de orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, a partir do 1 de xullo de 2010, modifícase o tipo impositivo do IVE ó 18%. 5.- DURACIÓN E FORMA DE PAGAMENTO.- Ó obxecto de cumprir cos prazos establecidos pola normativa europea para a execución do proxecto ECOREDESANEASOL establécese como prazo máximo para a finalización da instalación e posta en marcha de cada unha das Infraestruturas Medioambientais obxecto do presente prego tres meses a partir da data de adxudicación. A forma de pagamento dos traballos obxecto do presente prego será a seguinte: a) 40% do orzamento total de adxudicación á finalización dos traballos de elaboración de proxectos de enxeñaría e construción dos compoñentes de cada unha das infraestruturas Ambientais (plataforma, depósito de recollida de auga depurada e elementos de sinalización). b) 50% do orzamento total de adxudicación unha vez realizada a subministración e instalación de todo o equipamento das cinco Infraestruturas Ambientais (depuradoras + paneis solares + depósito de recollida de auga depurada). c) 10% do orzamento total de adxudicación á posta en funcionamento todo o equipamento das cinco Infraestruturas Ambientais. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- Esta subministración contratarase mediante procedemento aberto (artigos 141 a 145 da LCSP) e en trámite ordinario (artigos 93 e 94 LCSP). 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias de que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación);ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato derívense ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación Provincial de Pontevedra. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para a adxudicación mediante procedemento aberto da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxía renovable no marco do Proxecto Europeo “Ecoredesaneasol” LOTE ________(especificar número de lote e concello). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. No caso de que unha empresa licitadora se presente a máis dun lote, presentará un único sobre A, indicando todos os lotes a que se presenta, e un sobre B e outro C por cada un dos lotes a que oferta. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para a adxudicación mediante procedemento aberto da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxía renovable no marco de Proxecto Europeo “Ecoredesaneasol” LOTE ________(especificar número de lote e concello). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria descritiva das características dos equipos a subministrar e de enerxías renovables a subministrar, así como do depósito e a obra civil e de saneamento necesario. 3. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación valorada das mesmas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun xeito inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para a adxudicación mediante procedemento aberto da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxía renovable nel marco de Proxecto Europeo “Ecoredesaneasol” LOTE ________(especificar número de lote e concello). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Deputación. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra. -O Interventor. -O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada os técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Características do sistema de depuración proposto e adecuación ó medio, ata un máximo de 35 puntos -Melloras referentes ás plantas depuradoras, instalacións enerxéticas, ou outras melloras (valados, saneamentos, etc.), ata un máximo de 15 puntos. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: -Menor prezo ofertado, ata un máximo de 40 puntos. -Prazo de entrega, ata un máximo de 10 puntos. Avaliarase por parte dos técnicos da Deputación Provincial a capacidade da empresa para o cumprimento do prazo ofertado tendo en conta as características e complexidade dos proxectos ofertados. Estes criterios serán valorados aplicando a fórmula que se detallan no Anexo I que acompaña a este prego. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á devandita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número dos restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entonces la oferta 1 (única) es temeraria. • n = 2: Suponemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entonces la oferta 2 es temeraria. Obsérvese que la condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Suponemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sea b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Suponemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sea 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i es temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular canto ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DE CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DE CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DE ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DE CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don........, maior de idade, veciño de......., con domicilio en .........titular do DNI........., expedido en data......., actuando en nome propio ou en representación de ........con domicilio en......, teléfono....... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á “Instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxía renovable no marco do Proxecto Europeo “Ecoredesaneasol” LOTE________(especificar número de lote e Concello)”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: -Prezo sen IVE €. -IVE €. -Prezo total €. -Prazo de entrega: (Indicar o mesmo). (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 16.18275.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DE FRAGUAS, TRABAZO, FACHO, ETC., E ACONDICIONAMENTO CAMIÑOS VARIOS (COTOBADE)” (PID/09/00727/2009002248) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000,00 €, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos Concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da Provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 247.537,33 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2010 2010.942.942.652.45 247.537,33 Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc. e acondicionamento camiños varios (Cotobade)”, por importe de douscentos trece mil trescentos noventa e catro euros con vinte e cinco céntimos (213.394,25 €), sen IVE, máis a cantidade de trinta e catro mil cento corenta e tres euros con oito céntimos (34.143,08 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACION CAMIÑO DE FRAGUAS, TRABAZO, FACHO, ETC., E ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS VARIOS (COTOBADE)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc. e acondicionamento camiños varios (Cotobade). A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do Rxlcap., incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, ó empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario xeral. - O interventor. - O director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto levará á exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación subministrada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. Rd. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m Definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poda cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........................................................, maior de idade, veciño de.............., con domicilio en ............................................................. titular do DNI ............................................................., expedido en data ............................................................., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................................................... (CIF- núm. .....................................................) e con domicilio en ......................................................, teléfono ................................................................. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de __________________ (en letra e número) euros, máis ________________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura de propoñente)” ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta: 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequeñas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuación sao intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequeñas aínda que non sexan exactamente cero. Por eso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ANEXO II N/REF: PID/09/00727/2009002248 “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc. e acondicionamento camiños varios “(Cotobade). A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 213.394,25 euros, sen IVE. IVE: 34.143,08. Total: 247.537,33. C) FINANCIAMENTO: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2.010 2010.942.942.65245 247.537,33 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Non se esixe. (Data e sinatura do propoñente)” 17.18276.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO CHAN, IGREXA ALMOFREI, SANTIAGO DE VIASCÓN, SANEAMENTO VILA DE RIBA (COTOBADE)” (PID 2009-2011) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000,00 €, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 486.914,09 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 486.914,09 Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Pavimentación camiño Chan, igrexa Almofrei, Santiago de Viascón, saneamento Vila de Riba” (Cotobade), por importe de catrocentos dezanove mil setecentos cincuenta e tres euros con cincuenta e tres céntimos (419.753, 53 €), sen IVE, máis a cantidade de sesenta e sete mil cento sesenta euros con cincuenta e seis céntimos (67.160,56 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO CHAN, IGREXA ALMOFREI, SANTIAGO DE VIASCÓN, SANEAMENTO VILA DE RIBA (COTOBADE)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc e acondicionamento camiños varios (Cotobade). A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do Rxlcap, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 4. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 5. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 6. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); Ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratación@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: -O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O secretario xeral. -O interventor. -O director de Infraestruturas. SECRETARIO: -O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto levará á exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación subministrada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.d. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poda cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP) 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.................................................., maior de idade, veciño de............................................., con domicilio en . ......................................titular do DNI.........................................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ........................................ (CIF- núm...........................................) e con domicilio en ....................................., teléfono.................................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura de propoñente)” ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dato que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequeñas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuación sao intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequeñas aínda que non sexan exactamente cero. Por eso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “Pavimentación camiño Cha, Igrexa, Almofrei, Santiago de Viascón, saneamento Vila de Riba“(Concello). A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 419.753,53 euros, sen IVE. IVE: 67.160,56. Total: 486.914,09. C) FINANCIAMENTO: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2009 2010.942.942.652.45 486.914,09 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Non se esixe. (Data e sinatura do propoñente)” 18.18277.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “HUMANIZACIÓN RÚA VIÑA DA FONTE, MARIÑEIROS E SOL” A Xunta de Goberno, en sesión do 24 de febreiro de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da obra “humanización rúas viña da Fonte, Mariñeiros e Sol”, contando cun orzamento de trescentos sesenta e oito mil catorce euros con cento oitenta e un céntimos (368.014,181 euros), sen IVE. O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse o no Boletín Oficial de Pontevedra, número 43, de data 4 de marzo de 2009. O día 31 de marzo de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo ás seguintes empresas: Oresa, S.L; Hidroscivil, S.L.; Xestión Ambiental de Contratas, Covsa, S.L.; Obras y Construcciones Dios, S.A.; Aldasa Constructora; Eirisa Constructora; Macarvarma, Slu; Sercoysa; Fomento de Áridos y Obras; Terrauga, Proyectos y Obras, S.L.; Construcciones Crespo, S.A.; Pavimentos de Meaño, S.L.; Construcciones Fernandez Sarmiento; Narom, S.L.; Construcciones Vale; Ocs; Construcciones Varela Villamor; Eduardo Boan Álvarez; Ute Fergo Galicia, S.A-.Proyecta Sl; Construcciones Alvarez Prol, S.L; Marcos, Obras y Proyectos; Atlántica Construccione SY Medioambiente; Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. O día 7 de abril de 2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. A Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24 de maio de 2010, procedeu, en acto público, á apertura dos Sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida para ese fin e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos Sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL Oresa 30,36 48,125 78,485 UTE Fergo Proyecta 33,24 44,23 77,47 Narom 30,95 41,737 72,687 Ccs 31,34 41,064 72,404 Sercoysa 32,05 39,966 72,016 hidroscivil 36,00 35,726 71,26 Marco 32,03 32,917 64,947 Xestion ambiental 31,38 33,429 64,809 covsa 30,31 29,057 59,367 Eiriña 34,10 23,438 57,538 Varela Villamor 30,81 26,542 57,352 Crespo 33,00 16,852 49,852 Atlántica 30,34 19,06 49,40 Á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación das obras, proponse a adxudicación á oferta que logrou a máxima puntuación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente a OBRAS, REFORMAS E SANEAMENTOS, S.L. (ORESA) a obra de “HUMANIZACIÓN RÚAS VIÑA DÁ FONTE, MARIÑEIROS E SOL” pola cantidade de douscentos setenta e un mil cincocentos noventa e catro euros con corenta e sete céntimos (271.594,47 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de corenta e tres mil catrocentos cincuenta e cinco euros con doce céntimos (43.455, 12 €), un prazo de execución de tres meses e o 2,50% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de 13.579,72 € na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de noventa e tres euros (93,00 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo ás aplicacións orzamentarias e nas cantidades que se indican a continuación: Anualidade Aplicación Orzamentaria Importe 2010 2010/942.942.652.45 154.299,72 € 2011 2011/942.942.652.45 160.749,87 € A cantidade correspondente á anualidade de 2011 quedará condicionado á aprobación do correspondente orzamento. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 19.18278.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE CASIÑAS, PONTENLAS, CORRIGATOS, BATÁN E TRAMBOSRIOS (MORAÑA)” (PID 2009-2011) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 24/02/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Saneamento nos lugares de Casiñas, Pontenlas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)”, con orzamento de 320.484, 30 €, máis a cantidade de 51.277, 49 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 31/03/2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 06/04/2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 24/05/2010, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de CONSTRUCCIONES F. PENA CARAMES, toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación detállase: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” TOTAL CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 30,25 16,860 47,110 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 34,46 38,848 73,308 CANALIZACIONES Y CONSTRUC-CIONES SALNES, S.L. 31,39 40,016 71,406 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 30,94 14,754 45,694 ELSAMEX, S.A. 34,46 34,004 68,464 PROYECTA, S.L. 31,24 35,215 66,455 EXCAMEL, S.L. 31,99 42,587 74,577 ORESA, S.L. 30,28 38,031 68,311 NAROM, S.L 30,47 37,985 68,455 CONSTRUCCIONES F. PENA CARAMES 30,29 48,750 79,040 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 35,50 23,373 58,873 FOMENTO DE ARIDOS Y OBRAS, S.L.U. (FARO 33,56 34,877 68,437 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 39,25 30,32 69,570 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente a CONSTRUCCIONES F. PENA CARAMES a obra de “Saneamento nos lugares de Casiñas, Pontenlas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)” na suma de 233.701,74 € máis 37.392,28 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de sesenta días, melloras valoradas en 29.792,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 108,50 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 20.18279.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS DE A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2010 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 21 de abril de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010, por un importe global de 125.000,00 €, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 82 de data 3 de maio de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 20 de maio de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Transgalaica, S.L.; Ferventía, S.C. e Galicia Multixestión Deportiva, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 24 de maio de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010 procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 26 de maio de 2010, a Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 1 de xuño de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, Transgalaica, S.L.; Ferventía, S.C. e Galicia Multixestión Deportiva, S.L., procedeu á apertura do sobre “C”, presentadas polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES SOBRE “B” SOBRE “C” TOTAL Oferta económica TRANSGALAICA, S.L. 45,00 Puntos 2,054 Puntos 47,054 Puntos FERVENTÍA, S.C. 15,00 Puntos 25,806 Puntos 40,806 Puntos GALICIA MULTIGESTIÓN DEPORTIVA, S.L. 13,00 Puntos 39,440 Puntos 52,440 Puntos Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Galicia Multixestión Deportiva, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contración, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, GALICIA MULTIXESTIÓN DEPORTIVA, (C.I.F. B-15.726.227), o contrato para efectuar os servizos de asistencia técnica educativa dos acampamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010 polo prezo global de cento seis mil cento sesenta e catro euros (106.164,00 €), IVE incluído, de acordo ó seguinte desagregación: A) Prezo do contrato 98.300,00 euros. B) IVE (8%) 7.864,00 euros. C) Total (A +B) 106.164,00 euros. A razón do seguinte prezo unitario por cada quenda de campamento: D) Prezo 9.830,00 euros. E) IVE (8%) 786,40 euros. F) Total (A +B) 10.616,40.euros. Os campamentos desenvolveranse en dez quendas cun máximo de 200 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-10 ó 30-06-10 200 7 200 2º Campamento 01-07-10 ó 07-07-10 200 7 200 3º Campamento 08-07-10 ó 14-07-10 200 7 200 4º Campamento 16-07-10 ó 22-07-10 200 7 200 5º Campamento 23-07-10 ó 29-07-10 200 7 200 6º Campamento 01-08-10 ó 07-08-10 200 7 200 7º Campamento 08-08-10 ó 14-08-10 200 7 200 8º Campamento 16-08-10 ó 22-08-10 200 7 200 9º Campamento 23-08-10 ó 29-08-10 200 7 200 10º Campamento 30-08-10 ó 05-09-10 200 7 200 TOTAL........... 2.000 2. Conceder á empresa, Galicia Multixestión Deportiva, S.L., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 4.915,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez finalizado cada un das quendas de campamentos, contra a presentación das correspondentes facturas debidamente conformadas que se acompañarán dunha memoria resumo das actividades desenvolvidas, con cargo á aplicación orzamentaria 10/337.337.227.20, do vixente orzamento provincial. 4. A empresa, Galicia Multixestión Deportiva, S.L., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 108,10 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 21.18280.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN, INSTALACIÓN, POSTA EN MARCHA E MANTEMENTO DUN SISTEMA INTEGRAL DE SEGURIDADE PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión do 14 de outubro de 2009, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o museo provincial de Pontevedra, contando cun orzamento de seiscentos cincuenta mil euros (650.000,00 €). O anuncio da convocatoria pública de licitación enviouse ó Diario Oficial da Unión Europea o 14 de outubro de 2009, publicouse o 27 de outubro de 2009, número 259, no Boletín Oficial do Estado, e no Boletín Oficial de Pontevedra, número 205, de data 23 de outubro de 2009. O órgano de contratación, en sesión celebrada o día 31 de marzo de 2010, acordou adxudicar provisionalmente a subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra á empresa SISTEMAS DE SEGURIDADE A-1 -, S.L (C.I.F.- B15259765) polo prezo de catrocentos vinte e cinco mil seiscentos euros (425.600,00 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de sesenta e oito mil noventa e seis céntimos de euros (68.096,00 €) Así mesmo, concedeuse ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria constituíu, con data 26 de maio de 2010, a garantía definitiva pola cantidade de 21.280 euros, e con número de operación 201000044179, na caixa da Deputación na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o procedemento aberto para a contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra á empresa Sistemas de Seguridade A-1 -, S.L (C.I.F.- B15259765) polo prezo de catrocentos vinte e cinco mil seiscentos euros (425.600,00 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de sesenta e oito mil noventa e seis céntimos de euros (68.096,00 €). 22.18281.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO 1º Con data 7 de maio de 2010 e con número de rexistro de entrada 019105, o funcionario de carreira D. Luciano Limia Andrade, Psicólogo adscrito á Cidade Infantil Príncipe Felipe expón que “estando previsto celebrarse na cidade de Salamanca durante os días 3, 4 e 5 de xuño de 2010 o curso “Logoterapia e Saúde” que convocan as Fillas da Caridade no seu encontro interprovincial para obras sociais e menores, e sendo de interese para a actualización formativa do profesional que subscribe pola acreditada preparación dos profesionais que o imparten”. 2º Solicita que se lle conceda autorización para asistir ó curso así como unha axuda económica para o desprazamento en vehículo propio e dietas sen aloxamento. 3º Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que ó interesado se lle conceda licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante o presente ano. 4º Visto o programa do Curso achegado polo solicitante, e de acordo co que se establece no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno do 09 de marzo de 2007, nº9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido polo interesado no Servizo. 5º A solicitude é informada favorablemente pola Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe, Dª Sonia Mateos Escudero. 6º Os gastos derivados da asistencia a estas reunións foron valorados en 377,22 €, estando analizados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: Aplicación orzamentaria: 10/232.232.231.20 Concepto Quilometraxe días 3 e 5 de xuño 2010 Peaxe Aparcamento Total Desprazamento Despraz. en Vehículo propio 515 Km x 0.19 € 97,85 € Ida e volta = 195,70 € (Ida e volta) 26,80 € 50,00 € 272,50 € Dietas: Aplicación orzamentaria: 10/232.232.230.20 Concepto Día: 03/06/10 1 Manutención GRUPO II Día: 04/06/10 1 Manutención (Residencia Eventual 80%) GRUPO II Día: 05/06/10 ½ Manutención GRUPO II Total Dieta Manutención 37,40 € 29,92 € 37,40 € 104,72 € • FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA: Por Acordo número 9.14880 adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 09 de marzo de 2007 desenvólvese a “normativa reguladora das licencias e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, xornadas e reunións”. O procedemento esixe ademais da solicitude do interesado, presentada con antelación suficiente, que o Servizo de Recursos Humanos solicite o visto e prace do Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación, así como informe do Xefe de Servizo de que se trate, en que se faga constar que a concesión da licenza non prexudicará o normal funcionamento do traballo no Servizo, se o interesado/a fixo uso de anteriores licencias deste tipo, especificando claramente que incidencia pode ter o curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario en orde a mellorar a formación do funcionario proposto, e o rendemento deste na función ou traballo que desempeña. Así mesmo, o Servizo de Recursos Humanos unirá ó expediente o informe sobre os antecedentes e supostos alegados, licencias empregadas anteriormente, cumprimento das condicións esixidas e valoración económica das axudas interesadas. No suposto de que nos ocupa, aínda que a solicitude é tramitada con antelación suficiente, a mesma non é conformada polo Vicepresidente encargado da supervisión e control de asistencia ós cursos de formación, debido á contía económica a aboar en concepto de desprazamento e dietas, razón pola que non se tramitou o expediente relativo á axuda económica. De conformidade coa Exposición de Motivos do a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, en adiante (LEBEP), a formación se articula como unha ferramenta válida para optimizar o elemento humano da organización en proveito da eficiencia na dación de servizos, co fin de motivar os funcionarios públicos para obter eficiencia no seu traballo, facilitarlles a formación axeitada, posibilitarlles a promoción profesional, actuando para iso con criterios racionais e flexibles na xestión. O artigo 14.g de LEBEP recoñece como dereito propio dos empregados públicos: “á formación continua e á actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades, preferentemente en horario laboral”. Todo iso non é incompatible cos criterios de racionalidade, eficacia e eficiencia cos que se teñen que xestionar os recursos públicos. Nun momento como o actual de racionalización do gasto público, e respectando o dereito dos empregados a formarse, debe entenderse que haberá que limitar este tipo de axudas sen denegar a concesión do permiso correspondente. Resulta factible que se desenvolvan accións formativas específicas da mesma natureza na nosa Comunidade Autónoma, o que suporía un menor custo en formación para a Deputación. NORMATIVA APLICABLE: • Art. 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e Art. 61 R.O.F. • Acordos Xuntos de Goberno nº: 14.15813 de 23/01/2008 e nº: 9.14880 de 09/03/2007. • R.D. 462/2002 do 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orde do 8 de novembro de 1994, sobre Xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orzamento Provincial 2009, e V Acordo Regulador. De acordo con todo o exposto, ó abeiro do que se establece nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 do 09 de marzo de 2007, e R.d. 462/2002 do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Luciano Limia Andrade licenza para asistir á acción formativa “Logoterapia e Saúde” que hai que celebrar en Salamanca os días 3, 4 e 5 de xuño de 2010, e desestimar a axuda económica por importe de 377,22 €. Contra este Acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación, de conformidade co que se dispón nos artigos 107 e 117 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, segundo o que se dispón no artigo 8 da Lei 29/1998 do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa, no prazo establecido no seu artigo 46, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro que estime conveniente. 23.18282.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 27.18054 DA XUNTA DE GOBERNO DE 31/03/10 RELATIVO Á DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno referente a devolución de garantías definitivas á empresa Claro Sol, S.A. para responder do contrato “Revisión de prezos do contrato do servizo de limpeza da Finca Mouriscade”, detectouse un erro tipográfico. Considerando que o artigo 105.2 de la Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 4 de novembro de 2009 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa Claro Sol, S.A.: Onde di: … “A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de setenta e tres euros con sete céntimos (73,07 €), para responder do contrato “Revisión de prezos do contrato do servizo de limpeza da Finca Areeiro” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800078706” ... Debe dicir: … “A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de setenta e tres euros con sete céntimos (73,07 €), para responder do contrato “Revisión de prezos do contrato do servizo de limpeza da Finca Areeiro” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800078706” ... 24.18283.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición