Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-07-07_Ordinaria. Acta de sesión 2010/07/07_Ordinaria
Acta de sesión 2010/07/07_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-07-07_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/07/07_Ordinaria
Data(s) 2010-07-07 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e do día sete de xullo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto Dona Mª Jesús Torres Peón, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e a señora deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18360.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xuño de 2010. 2.18361.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS, CAMPAÑA DE OUTONO, 1º GRUPO Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00€, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 1º. Grupo de solicitudes á Intervención o 28 de xuño de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 1º. Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Outono, polo importe de 87.256,00 €, para un total de 1.678 persoas, con cargo á partida 10/230.232.227.07 do orzamento provincial, e segundo os cadros que se xuntan: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OUTONO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO BARRO SI 6 312,00€ PONTE CALDELAS SI 22 1.144,00€ SALVATERRA SI 12 624,00€ CATOIRA SI 9 468,00€ MEIS SI 79 4.108,00€ MORAÑA SI 6 312,00€ A GUARDA SI 25 1.300,00€ VILANOVA SI 41 2.132,00€ REDONDELA SI 125 6.500,00€ PONTECESURES SI 12 624,00€ SANXENXO SI 31 1.612,00€ POIO SI 50 2.600,00€ A ESTRADA SI 50 2.600,00€ MOS SI 50 2.600,00€ RIBADUMIA SI 20 1.040,00€ COVELO SI 9 468,00€ COTOBADE SI 19 988,00€ MARÍN SI 75 3.900,00€ AS NEVES SI 6 312,00€ CUNTIS SI 7 364,00€ PONTEAREAS SI 50 2.600,00€ PORRIÑO SI 91 4.732,00€ SOUTOMAIOR SI 20 1.040,00€ VALGA SI 13 676,00€ TOMIÑO SI 31 1.612,00€ VILABOA SI 19 988,00€ CALDAS DE REIS SI 50 2.600,00€ CERDEDO SI 8 416,00€ O ROSAL SI 24 1.248,00€ BAIONA SI 9 468,00€ SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.560,00€ MEAÑO SI 30 1.560,00€ CAMBADOS SI 14 728,00€ O GROVE SI 10 520,00€ PORTAS SI 20 1.040,00€ MOAÑA SI 75 3.90,00€ ARBO SI 28 1.456,00€ TOTAIS 1.176 61.152,00€ PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OUTONO PRAZAS NON SUBVENCIONADAS POLOS CONCELLOS CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO PONTEVEDRA NO 92 4.784,00€ VIGO NO 231 12.012,00€ A LAMA NO 11 572,00€ GONDOMAR NO 7 364,00€ NIGRÁN NO 11 572,00€ REDONDELA NO 9 468,00€ VILAGARCÍA NO 34 1.768,00€ MARÍN NO 56 2.912,00€ LALÍN NO 5 260,00€ OIA NO 10 520,00€ SOUTOMAIOR NO 9 468,00€ POIO NO 5 260,00€ TOMIÑO NO 2 104,00€ BAIONA NO 5 260,00€ CALDAS NO 2 104,00€ CAMPO LAMEIRO NO 13 676,00€ TOTAIS 502 26.104,00€ 3.18362.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA A.P.A. “MENELA” Á SUBVENCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, OUTORGADA NO SEU FAVOR, POLA XUNTA DE GOBERNO DO 29 DE XULLO DE 2009 Aprobada pola Xunta de Goberno do 29 de xullo de 2009, unha subvención por importe de 1.600,00 €, a favor da APA. Menela, para o proxecto “Música e Socialización” orientado ás persoas con trastorno do espectro autista; e comunicada a súa renuncia a tal subvención , o 23 de xuño de 2010 pola citada APA., debido á falta de medios para levar a cabo a actividade obxecto de subvención, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da APA. Menela á subvención que por importe de 1.600 euros, e dentro da convocatoria 2009 de subvención de servizo sociais especializados, outorgoulle a Xunta de Goberno do 29 de xullo de 2009. 4.18363.- SOLICITUDE DO CONCELLO DA CAÑIZA INTERESANDO AUTORIZACIÓN PARA EXECUTAR POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN AS OBRAS Nº 56 E 57 DENOMINADAS RESPECTIVAMENTE “PAVIMENTACIÓN E SANEAMENTO NA RÚA PROGRESO” E “PAVIMENTACIÓN E SANEAMENTO NA RÚA VILLANUEVA”, INCLUÍDAS NO PPC/10 Vista a solicitude do Concello da Cañiza pola que interesa autorización para levar a cabo polo sistema de administración as obras nº 56 e nº 57 denominadas, “Pavimentación e saneamento na rúa Progreso” e “Pavimentación e saneamento na rúa Villanueva”, cun orzamento, respectivamente, de 52.000,00 € e 31.041,37 € , incluidas ambas no PPC/10, por concorrer as circunstancias previstas no artigo 24.1, apartados a) e b)., da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, Visto o informe dos servizos técnicos municipais dos cales se desprende que o Concello da Cañiza dispón de personal e medios suficientes para proceder a realización das obras que nos ocupan, acadando, deste xeito unha maior celeridade e un aforro económico na súa execución, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade dos seus membros: -Conceder ó Concello da Cañiza autorización para executar polo sistema de administración as obras nº 56 e nº 57 denominadas, respectivamente, “Pavimentación e saneamento na rúa Progreso” e “Pavimentación e saneamento na rúa Villanueva”, incluidas ambas no PPC/10 5.18364.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES “A PASTORIZA” DE VILANOVA DE AROUSA, PARA REPARACIÓN DO LOCAL SOCIAL DENTRO DO PROGRAMAS DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA O ANO 2009 Dada conta da solicitude da Confraría de pescadores “A Pastoriza” de Vilanova de Arousa, CIF núm. G36013597, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 23/12/2009 con cargo ó “Programa de axudas confrarías de pescadores – 2009” e destinada á reparación do local social; visto o informe da Xefa do Servizo de Medio Natural Rural e Mariño, e considerando o disposto nas bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 147, do 3/8/2009, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un prazo de tres meses a contar desde o remate do prazo inicial e ata o 19/10/2010. En virtude do disposto no apartado 3 do artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 6.18365- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA BELÉN RAPOSO PÉREZ EN REPRESENTACIÓN DE DONA ROSARIO TORRES MATALOBOS POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP.-7016 ESTRADA-VINSEIROS-AS CASETAS (A ESTRADA) Dada conta que con data de rexistro 10/05/10 (rex. núm. 019248) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Belén Raposo Pérez, en representación de Dona Rosario Torres Matalobos, con enderezo de notificacións na Rúa Andrés Mellado, 13-2º en Pontevedra, por danos en vehículo, marca Peugot 206, matrícula 3954 BWS, acaecidos o día 22/12/09 na E.P- 7016 Estrada-Vinseiros-As Casetas e que individualiza economicamente en 1.214,01 €. Resultando.- Que con data 03/06/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo Infraestruturas, que o emitiu en data 18/06/10 co seguinte contido: “…Primero.- La E.P. 7016 Estrada-Vinseiros- As Casetas pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo.- Por parte del Servicio de Infraestructuras sí se tuvo constancia de la presencia de sustancias deslizantes en la calzada ya que a las 9:00 de la mañana (a la misma hora del accidente objeto de la presente reclamación) se recibe en la Diputación Provincial de Pontevedra una llamada del 112-SOS Galicia alertando de la existencia de manchas de aceite en el vial provincial E.P. 7016 Estrada-Vinseiros-As Casetas. Recibido el aviso a las 9:03 la brigada de zona, que ya se encontraba operativa, se desplaza hasta la citada carretera provincial procediendo en ese momento a señalizar la vía y a limpiar el aceite presente en la calzada utilizando para ello seis bidones de dispersante de 30 Kilogramos cada uno, finalizando los trabajos sobre las 13:00 horas. Asimismo el capataz señala que una vez recibido el aviso la brigada tarda en llegar al lugar del siniestro un tiempo aproximado de entre 25/35 minutos. En cualquier caso ninguna negligencia se puede achacar a esta Administración cuando el aviso a la brigada se realiza a las 9:03 horas, es decir, tres minutos después de que la Sra. Torres sufriese el accidente. A los efectos oportunos se adjunta copia del parte de incidencias de ese día. Tercero.- Aunque se desconoce la causa exacta del vertido, el capataz de la zona informa que éste podría provenir de un autobús perteneciente a la empresa Autocares Troitiño ya que la mancha de aceite se extendía a lo largo de varios kilómetros coincidiendo con el recorrido habitual del transporte escolar, afectando no sólo a la zona de circulación de la carretera provincial Estrada-Vinseiro-As Casetas sino también a distintos viales locales y a la N-640. Así en el informe emitido por el Coordinador Responsable del Servicio Municipal de Protección Civil de A Estrada, se señala que “…ás 6:05 chaman máis condutores informando que tamén está afectada a rotonda das Colonias, situada na N-640 na saída do casco urbano de A Estrada dirección Chapa. Á mesma hora recíbese a chamada da Policía Local informando da mesma situación na Avda. Benito Vigo…” Cuarto.- Por otro lado es importante resaltar que el día anterior al siniestro la brigada de la zona recibió un aviso del 112 SOS Galicia advirtiendo de la presencia de aceite en la carretera provincial Estrada-Vinseiro- As Casetas, al pasar la escuela de Vinseiro, y que también podría tener relación con lo manifestado en el punto anterior. Quinto.- Por último indicar que no se ha tenido constancia de otros accidentes provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, a la del siniestro objeto del presente informe. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun verquido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias a Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de tódolos riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de sustancias verquidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da vía, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixianza e limpeza tardaron 25/35 minutos en chegar o lugar do sinistro una vez foron alertados (vexase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 212/04, 20/07, 140/08, do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 121/04, 2/05, 18/06, 124/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04, 74/08. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 7.18366- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ROCÍO DEL CARMEN PIMENTEL VILLAR POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP.-5107 COVELO-PARAÑOS ( O COVELO) Dada conta que con data de rexistro 09/04/10 (rex. núm. 004559) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Rocio del Carmen Pimentel Villar, con enderezo de notificacións na Praza de Compostela, 35-1º de Vigo, por danos en vehículo, marca Fiat Panda, matrícula 2696 DMY, acaecidos o día 05/10/09, coma consecuencia da existencia dunha sustancia deslizante na E.P- 5107 Covelo-Paraños e que individualiza economicamente en 4.967,00 €. Resultando.- Que con data 19/05/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo Infraestruturas, que o emitiu en data 11/06/10 co seguinte contido: “…Primero.- La E.P. 5107 Covelo-Paraños pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo.- El Servicio de Infraestructuras NO recibió ningún aviso advirtiendo de la presencia de sustancias deslizantes en la calzada, sin que tampoco se haya tenido constancia de otros accidentes provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al padecido por la Sr. Pimentel. En este punto es importante resaltar que en la misma franja horaria en la que se produjo el siniestro (16:00 horas) la brigada de la zona se encontraba actuando en la carretera provincial Ponteareas-As Neves (entre las 15:08 y las 17:30 horas), tal y como acredita el parte de trabajo que se adjunta al presente informe, por lo que era materialmente imposible que la brigada estuviese en los dos sitios al mismo tiempo. Tercero.- Girada visita de inspección a la carretera provincial Covelo-Paraños el vigilante de la zona informa que a unos tres kilómetros del lugar del siniestro está ubicada una gasolinera. Cuarto.- Por último señalar que según refleja el atestado de la Guardia Civil de Tráfico el día del accidente la calzada estaba mojada, llovía con fuerza y el vehículo circulaba a más de 50 Km/hora. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun vertido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias a Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de tódolos riscos. Considerando.- Que tanto a xurisprudencia do T.S. como os diferentes precedentes sentados polos Xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra veñen asentando a responsabilidade da Administración nestes supostos na conduta renuente ou retardatoria na limpeza da vía, situándoa en torno os 45-60 minutos dende a chamada a Administración a cumprimentar a obriga de limpeza e repoñer o estado da vía as condicións óptimas para a rodadura dos vehículos. Polo tanto, se non houbo chamada, de nada se pode responsabilizar a Deputación, podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 212/04, 20/07, 140/08, do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 121/04, 2/05, 18/06, 124/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04, 74/08. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 8.18367.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL SILVEIRA SOLLA EN REPRESENTACIÓN DA MERCANTIL AXA SEGUROS GENERALES, S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO ACAECIDOS NA EP-2401 PORRIÑO-MOSENDE (PORRIÑO) Dada conta que con data de rexistro 06/04/10 (rexistro 014956) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Manuel Silveira Solla en representación da mercantil AXA SEGUROS GENERALES S.A., con enderezo a efecto de notificacións na rúa Rosalía de Castro, 1-3ºA, de Vigo, por danos en vehículo, o día 15/09/09, na E.P.-2401 Porriño-Mosende (Porriño), coma consecuencia do impacto cunha tapa de sumidoiro levantada na beirarrúa e que individualiza economicamente en 840,70 €. Resultando.- Que con data 03/06/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 11/06/10 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 2401 Porriño-Mosende es de titularidad provincial. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Por otro lado señalar que la tapa de alcantarilla levantada a la que se hace referencia en el escrito de reclamación es en realidad el inicio de un pozo de pluviales para posterior colocación de una acera en ese tramo de vial. Tercero. Sin perjuicio de lo señalado en el párrafo anterior, el atestado levantado por la Guardia Civil de Tráfico pone de manifiesto que fue la negligencia del conductor la causa determinante del siniestro al señalar, entre otras cuestiones, lo siguiente: “… Presuntas infracciones del conductor:conducción distraída o desatenta. Presunto responsable SI…. …..” Es decir, la Guardia Civil de Tráfico entiende que el accidente se produce por una distracción del reclamante a la hora de circular marcha atrás con su vehículo, siendo conocedor además de la presencia del pozo de pluviales tal y como pone de relieve el citado atestado cuando en el mismo se señala que “…el mencionado conductor manifestó a la fuerza instructora que conocía la existencia de la tapa elevada…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pola mera remisión ó atestado da Garda Civil que releva de calquera argumentación a maiores. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 9.18368.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ MANUEL SOTO CAMPOS POR EN VEHÍCULO POLA EXISTENCIA DE GRAVA NA EP.-4006 PONTEAREAS-AS NEVES (SALVATERRA DE MIÑO) Dada conta que con data de rexistro 13/10/09 (rex. 036627) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don José Manuel Soto Campos con enderezo a efecto de notificacións na rúa Nicaragua, 331 (Vigo), por danos en vehículo, marca Audi A3, matrícula 3680-CKP, coma consecuencia dunha saída da estrada pola existencia de grava e barro na E.P.-4006 Ponteareas-As Neves, no Concello de Salvaterra de Miño, na data 25/07/09, e que individualiza economicamente en 4.718,76 €. Resultando.- Que con data 26/10/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 05/11/09 co seguinte contido: “…1. El vial E.P. 4006 Ponteareas-As Neves está incluido dentro de la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, presencia de barro y gravilla en la calzada, en fechas próximas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. Según información recabada por el capataz de la zona, el barro y la gravilla existentes en la carretera provincial se originaron a consecuencia de unas obras municipales de acometida de agua para el barrio de Covelo de Arriba, llevadas a cabo en una pista municipal situada en el margen izquierdo de la carretera, sin que la Diputación Provincial de Pontevedra ejecutase actuación alguna en la zona en esas fechas. 4. Sin perjuicio de lo señalado en el párrafo anterior es preciso destacar que en el tramo de carretera en el que, presuntamente, se produjo el accidente 50 Km/hora, por lo que parece difícil que respetando los límites de velocidad indicados se pueda perder el control del vehículo. Por otro lado la configuración del tramo de carretera en ese punto (situado a la salida de una curva cerrada, en palabras del propio reclamante) y la falta de visibilidad, obligaban asimismo al conductor a extremar las precauciones. 5. Por último señalar que D. José Manuel Soto Campos no ha aportado en la reclamación atestado de la Guardia Civil de Tráfico o de la Policía Local que acredite fehacientemente el accidente sufrido por su hijo D. Fernando Soto Correa. Resultando.- Que con datas 09/11/09 remitíuselle ó Concello de Salvaterra comunicacións, para que en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c” e do 4.2 da Lei 30/92 para que puidera comparecer coma interesado, contestando mediante escrito de data 13/11/10 co seguinte contido literal: “…se hace constar que las últimas obras realzadas por el Ayuntamiento en la zona, datan del 08/11/06, habiéndose producido el accidente el 29 de julio de 2009.” Resultando.- Que con data 19/04/10 ó Concello de Salvaterra de Miño, remitiu informe da súa Policía Local co seguinte contido: “…faise constar que nestas dependencias policiais no existe atestado algún sobre os feitos reclamados”. Resultando.- Que con data 16/06/10 personouse nas dependencias da Asesoría Xurídica o funcionario-vixilante de zona do Servizo de Infraestruturas D. Jose Luís Mato García, para informar do desprazamento efectuado ó Concello de Salvaterra de Miño para, en compañía dun funcionario municipal, aclarar se efectivamente a pista existente no lugar de Covelo, da parroquia de Meder, se levaron a cabo obras por parte do Concello entre os meses de maio a xuño de 2009. Resultando.- Que na data 23/06/06 o arquitecto municipal do Concello de Salvaterra de Miño, remite informe á Asesoría Xurídica da Deputación co seguinte contido: “…se hace constar que el informe realizado el 13 de mayo de 2010, se refiere a otra pista municipal igualmente próxima a dicha carretera. En la curva donde se ubica la Casa de Cultura de Meder, y a unos 100,00 m. dirección As Neves, desemboca una pista municipal, en la cual sí se instaló una tubería de abastecimiento de agua, con anterioridad a la fecha del accidente, que pudiera haber ocasionado el arrastre de tierra o grava hacia la carretera de la Diputación…” Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que ó teor do informe remitido polo Concello de Salvaterra de Miño e demais que obran no expediente impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultala Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial, e como dicíamos, do informe emitido polo Arquitecto Municipal, tírase que as obras de instalación dunha tubaria de abastecemento de auga, realizadas polo Concello de Salvaterra de Miño nunha pista municipal, son as que ocasionaron o arrastre da terra e grava á E.P. 4006 Ponteareas-As Neves. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación 10.18369.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.18370.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DO “CERTAME NOVOS VALORES-2010” 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado seleccionador do Certame Novos Valroes-2010 despois da reunión mantida o pasado 30 de xuño e que é do seguinte teor: ACTA DO XURADO DA EXPOSICIÓN NOVOS VALORES -2010 PARA A PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DOS SEIS PREMIOS Reunido o Xurado Seleccionador da “Exposición Novos Valores-2010”, no 6º edificio do Museo Provincial de Pontevedra o día 30 de xuño de 2010, ás 12,00h e composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente e Presidente da Comisión Informativa de Cultura. Vogais: D. Xosé Carlos Valle Pérez, Director do Museo de Pontevedra, D. Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo, catedrático da Facultade de Belas Artes; D. Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro, D. Manolo Paz Mouta, escultor, Dona María Ojea González,directora-guionista, Dona Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, Secretario; D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Ten por obxecto a reunión, emitir o fallo para adxudicar os seis premios por importe de seis mil euros (6.000,00 €) cada un, previsto na base décima da convocatoria, de entre as obras seleccionadas os días 17 e 18 de xuño pasados. Despois dun detallado estudo e deliberación das obras seleccionadas, o xurado acordou por unanimidade conceder e premiar as seguintes obras: MODALIDADE DEBUXO AUTOR TÍTULO DA OBRA Miguel Calvo Ulloa s/t .Tríptico de la serie artefactoso MODALIDADE PINTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA José Manuel Vidal Vidal El espacio negro de mis pensamientos (PesadillaI) MODALIDADE AUDIOVISUAIS AUTOR TÍTULO DA OBRA Cristobal Lores Torres Corpi in movimenti MODALIDADE FOTOGRAFÍA AUTOR TÍTULO DA OBRA Juan José Conde Fernández Pánico en la Galería de Arte Mª Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes s/t (Puesta de Sol en Uqbar) PREMIO JOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ DE PINTURA AUTOR TÍTULO DA OBRA Marcos Alberto Covelo Pérez Vis a Vis 2.- E non habendo mais asuntos que tratar e sendo as catorce horas e trinta minutos do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, Secretario, dou fe. 12.18371.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO NA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO 1º.- Mediante escrito de data 16 de xuño de 2010, Dona Melania Magán Lestido bolseira da Bolsa de Investigación en Viticultura, desenvolvida na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia, fai entrega da Memoria correspondente ó seu desempeño durante os seis primeiros meses, asinada favorablemente por D. Antón Masa Vázquez, Investigador Responsable e D. Pedro Mansilla Váquez, Xefe de Servizo. 2º. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por acordo da Xunta de Goberno nº 5.17493, do 9 de decembro de 2009, acordouse a adxudicación dunha Bolsa de Investigación de Licenciado Universitario, con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro; en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia, resultando beneficiaria Dona Melania Magán Lestido, con efectos 1 de xaneiro e por un período de seis meses, finalizando en consecuencia o baluarte 30 de xuño de 2010. 3º. As Bases da Convocatoria establecen que “as Bolsas terán unha duración de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno, polo que procede a súa prórroga por un novo e único período de seis meses 4º. A dotación económica da prórroga desta Bolsa ascende a 1.200, 00 €/mes, o que supón un total de 7.200, 00 €, para o período comprendido entre o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2010, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01, do orzamento provincial. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle son conferidas polo artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a Bolsa outorgada a Dona María Melania Magan Lestido, Licenciada Universitaria, ó desempeñar o seu labor en materia de investigación na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia de forma satisfactoria. Os efectos da prórroga será por un período único de seis meses, dende o 1 de xullo ó 31 de decembro de 2010. A dotación económica da prórroga desta Bolsa ascende a 1.200, 00 €/mes, o que supón un total de 7.200, 00 €, para o período comprendido entre o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2010, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01, do orzamento provincial. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 30 de xuño de 2010, o importe mencionado deberá imputarse á partida 10/413.413.481.01, en que existe crédito dispoñible, quedando retido para tal fin por medio de documento R.C.C. número de operación 201000054381. 13.18372.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO SERVIZO DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DE DIAGNÓSTICOS COMERCIAIS E A IMPARTICIÓN DE ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO ÓS COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (PLAN A TÚA MEDIDA) Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 16 de xuño de 2010, acordou: Adxudicar provisionalmente á empresa MARKETING JAZZ S.L.(CIF B-83.461.988), o contrato para a prestación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da provincia de Pontevedra (Plan “A túa medida”), polo prezo ofertado de 72.000,00 euros, sen IVE de acordo coa seguinte desagregación: Prezo base (sen IVE) 72.000,00 € IVE (18%) 12.960,00 € Total (IVE incluído) 84.960,00 € Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 17 de xuño, e que a empresa Marketing Jazz S.L. presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva por importe de 3.600,00 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000051882. Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites e transcorrido o prazo esixido no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente á empresa MARKETING JAZZ S.L.(CIF B-83.461.988), o contrato para a prestación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da provincia de Pontevedra (Plan “A túa medida”), polo prezo ofertado de 72.000,00 euros, sen IVE de acordo coa seguinte desagregación: Prezo base (sen IVE) 72.000,00 € IVE (18%) 12.960,00 € Total (IVE incluído) 84.960,00 € Dito importe financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 do vixente orzamento provincial. 14.18373.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2010 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 14 de abril de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, ata a cantidade máxima de 223.500,00 euros, IVE e impostos incluídos. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 78 de data 27 de abril de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 14 de maio de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada pola empresa, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 19 de maio de 2010, fixo público que a única empresa presentada, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A., foi admitida ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A”, con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, procedendo á apertura do sobre “B” presentado pola mesma correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2010, tras dar a coñecer a puntuación obtida pola única empresa presentada e admitida, procedeu á apertura do sobre “C”, presentado por Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A., correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES SOBRE “B” SOBRE “C” TOTAL Oferta económica Prazo Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., 20,00 Puntos 50,00 Puntos 0,00 Puntos 70,00 Puntos Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 16 de xuño de 2010 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A. (C.I.F.- A-80.298.839), o contrato para efectuar a subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc…) de 0,03895 euros/litro. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 17 de xuño de 2010 e que a empresa, Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 9.633,62 euros depositados na Tesourería desta Deputación con data 02/07/2010 e número de operación 201000054967, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa, REPSOL COMERCIAL DE PRODUTOS PETROLÍFEROS, S.A. (C.I.F.- A-80.298.839), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc…) de 0,03895 euros/litro, que será aplicable a formúlaa CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVA, ata a cantidade máxima de DOUSCENTOS VINTE E TRES MIL CINCOCENTOS (223.500,00 €), sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) de acordo coa media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos. • I.V.A: Valor en cada momento. 2. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo á aplicación orzamentaria 10/456.453.221.03, do vixente orzamento provincial. 15.18374.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE CASIÑAS, PONTENLAS, CORRIGATOS, BATÁN E TRAMBOSRÍOS (MORAÑA)” (PID 20009-2011). Resultando que á xunta de Goberno, en sesión de 2/6/2010, adxudicou provisionalmente á empresa CONSTRUCIÓNS F. PENA CARAMES (CIF 77595727-Y) a obra Saneamento non lugares de Casiñas, Pontenlas, Corrigatos, Batán e Trambosrios (Moraña), polo prezo ofertado de 233.701,74 €, máis a cantidade de 37.392,28 € correspondente ou IVE, ou que fai un importe total de 271.094,02 €. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada non perfil do contratante dá Deputación de Pontevedra ou día 14/6/2010, presentando empresa a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 11.685,09 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000051981, de acordo coa carta de pagamento de data 24/6/2010, polo que unha vez cumprimentados vos trámites esixidos non artigo 135 dá Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Á xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa CONSTRUCIÓNS F. PENA CARAMES (CIF 77595727-Y) ou contrato para a execución dá obra “Saneamento non lugares de Casiñas, Pontenlas, Corrigatos, Batán e Trambosrios (Moraña)”, na suma de 233.701,74 €, máis a cantidade de 37.392,28 € correspondente ou IVE, ou que fai un importe total de 271.094,02 €, cun prazo de execución sesenta días, unha porcentaxe para control de calidade do 3,00% do orzamento de execución material correspondente a adxudicación dá obra e unhas melloras ofertadas por importe de 29.792,00 €. 2. Dito importe librarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010/942.942-652.45.2009. 3. Designar como Director de obra ou Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas D.Manuel Vázquez Fernández. Ou adxudicatario deberá poñerse en contacto coa empresa Darzal, Consultoría e Prevención, S. L. (teléfono 986 422 100), encargada do control de seguridade e saúde dás obras de Deputación Provincial. 16.18375.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “HUMANIZACIÓN RÚA VIÑA DA FONTE, MARIÑEIROS E SOL” A Xunta de Goberno, en sesión de 2 de xuño de 2010, adxudicou provisionalmente á empresa Obras Reformas y Saneamientos, S.L. (ORESA) (CIF B36494185) a obra Humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol (Sanxenxo), polo prezo ofertado de douscentos setenta e un mil cincocentos noventa e catro euros con corenta e sete céntimos (271.594,47 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de corenta e tres mil catrocentos cincuenta e cinco euros con doce céntimos (43.455,12 €). Esta adxudicación provisional, publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 4 de marzo de 2010 que a empresa presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 13.579,72 euros, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 2001000052478, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos non artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente á empresa Obras Reformas y Saneamientos, S.L. (ORESA) (CIF B36494185) para a execución dá obra Humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol (Sanxenxo), na cantidade de douscentos setenta e un mil cincocentos noventa e catro euros con corenta e sete céntimos (271.594,47 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de corenta e tres mil catrocentos cincuenta e cinco euros con doce céntimos (43.455,12 €), un prazo de execución de tres meses e o 2,50% do orzamento de execución material correspondente a adxudicación da obra para o control de calidade. Dito importe librarase tal e como se establece a continuación: Anualidade Partida Importe 2010 2010/942.942.652.45 154.299,72 2011 2011/942.942.652.45 160.749,87 Designar como Director de obra a “D. Jose María Troncoso Viñas” O adxudicatario deberá poñerse en contacto coa empresa Darzal, Consultoría y Prevención, S. L. (teléfono 986 422 100), encargada do control de seguridade e saúde das obras de Deputación Provincial. 17.18376.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS A DIRECCIÓNS DE OBRA E CONTROL DE CALIDADE Vistos os informes emitidos por Intervención e tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas non orzamentarias 419.09 (099.129), 419.08 (099.125) e 419.08 (0910), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Facturas nº 2010/053, 2010/054 e 2010/068 por un importe de 413,25 €, 110,93 € e 375.06 € respectivamente, do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 K) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construcción de Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra” correspondente ás certificacións núm.38, núm. 37 e núm. 39. - Facturas que seguido se relacionan, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.146 L) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción de Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra” correspondente ás certificacións núm.33, 35, 36, 37, 38 e 39 Núm. de factura Data Importe 09/10 03-06-2010 265.44 € 10/10 03-06-2010 654.06 € 11/2010 03-06-2010 901.93 € 12/2010 03-06-2010 110.93 € 13/2010 03-06-2010 413.25 € 14/2010 03-06-2010 375.06 € - Facturas núm. 06/10 por importe de 4.312,18 €, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.146 L) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Reforma e ampliación da Cofradía de Pescadores de Cambados (D07/0002)” correspondente a certificación nº 9. - Facturas núm. 00-100260 por importe de 585,80 €, da empresa G.O.C., S.A., (CIF. A. 32022535) que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Rehabilitación de Auditorio en Ponteareas (D08/0069)” correspondente ó mes de febreiro. - Facturas núm. 01/2010 por importe de 5.061,69 € da empresa E.F INGENIEROS, S.L., ( B-36.195.790) que xustifica os traballos de dirección na obra “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos en Avda. Cambados enlace E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis) (D06/0370” correspondente á certificación núm. 18. 18.18377.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 14.18297 DA XUNTA DE GOBERNO DE 11 DE XUÑO DE 2010 Visto o erro producido no recoñecemento extraxudicial da obriga relativa a certificación núm. 1 – Final do proxecto “Saneamento en Pousa (Crecente)”, adxudicada no seu día a Empresa Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. E resultando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo isto segundo a disposición no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o erro do texto do acordo nº 14.18297 do día 11 de xuño de 2010. • Onde di: certificación nº 1 – Final de Construcciones Obras y Viales, S.A. • Debe dicir: certificación nº 1- Final de Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. Quedando o detalle da certificación da seguinte manera: Euros Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. (CIF. A 36.018.786) 24.872,99 € Subtotal 24.872,99 € Taxa dirección de obra (4%) 720,75 € Importe líquido a percibir pola empresa 24.152,24 € Permanecendo invariable o resto do texto de cada un dos acordos da Xunta de Goberno citada anteriormente. 19.18378.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, A Secretaria Acctal.,
Ãrea de notas
Nota