ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/07/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-07-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/07/28_Ordinaria

  • Data(s) 2010-07-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e oito de xullo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18426.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de xullo de 2010. 2.18427.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010, CAMPAÑA DE OUTONO- 2º, 3º E 4º GRUPO Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 2º, 3º e 4º Grupo de solicitudes á Intervención o 12 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 2º, 3º e 4º Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Outono, polo importe de 21.268,00 €, para un total de 409 persoas, con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial, e segundo o cadro que se xunta. PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OTOÑO – 2º grupo CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO PORTAS SI 5 260,00 € SILLEDA SI 25 1.300,00 € TUI SI 47 2.444,00 € CANGAS SI 99 5.148,00 € TOTAIS 176 9.152,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OTOÑO – 3º grupo CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO VIGO NO 7 364,00 € GONDOMAR NO 1 52,00 € TOTAIS 8 416,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA DE OTOÑO – 4º grupo CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO VIGO SI 225 11.700,00 € TOTAIS 225 11.700,00 € 3.18428.- LIBERALIZACIÓN DOS SOBRANTES ECONÓMICOS DOS PROGRAMAS “CAMIÑA CON NÓS” E “SAÚDE E BENESTAR” Rematados os Programas Sociais “Camiña con Nós” e “Saúde e Benestar”, dirixidos a alumnos/as de 3º e 4º da E.S.O. da nosa provincia, e as persoas a partires de 50 anos, ou pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar respectivamente; sufragados os gastos de facturación derivados dos mesmos, producíndose uns sobrantes económicos de 4.875,00 € e 30.304,00 € respectivamente, e coa finalidade de facer fronte a outros gastos do Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberalización do sobrante económico de 4.875,00 € no programa “Camiña con Nos”, e de 30.304,00 € no programa “Saúde e Benestar” (números de operación A-201000002498 e A-201000002499), para a súa aplicación ó RC 20100024410. 4.18429.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002778, DENOMINADA “SANEAMENTO EN CRUCEIRO-DONAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002778, denominado “Saneamento en Cruceiro - Donas” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención no que de oficio e, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, o que supón un incremento porcentual do importe da axuda económica concedida con respecto á petición inicial do concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar con CIF núm. P3602100D, a cantidade de noventa e catro mil novecentos vinte e tres euros con setenta e dous céntimos (94.923,72€), para a realización do investimento núm. 2009002778, denominado “Saneamento en Cruceiro”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 10.686,35 euros Exercicio 2011: 84.237,37 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.65245, na que existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2010. Asemade, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.18430.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002744, DENOMINADA “RETRANQUEO LMT E CT 2 NIGRÁN E ANEXO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002744, denominado “Retranqueo LMT Y CT2 Nigrán e anexo” Visto o informe favorable emitido polo servizo de infraestruturas e o informe do servizo de intervención no que de oficio e, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, o que supón un incremento porcentual do importe da axuda económica concedida con respecto á petición inicial do concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Nigrán a cantidade de 74.704,47 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002744, denominado “Retranqueo LMT Y CT 2 Nigrán e anexo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 74.704,47 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros A presente subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.18431.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE FORCAREI CORRESPONDENTE ÓS HORARIOS DE REDACCIÓN DO PROXECTO DA OBRA Nº 163/315 “MELLORA DA CAPA DE RODADURA NA GRELA, CARBALLEIRA, ESPIÑEIROS E OUTROS”, INCLUÍDA NO PAM/06-08 Dada conta da solicitude de aboo da factura PO11/08 remitida polo Concello de Forcarei correspondente ós honorarios de redacción do proxecto do investimento nº163/315, denominado “Mellora da capa de rodadura na Grela, Carballeira, Espiñeiros e outros”, incluído no PAM/06-08, á vista do informe do servizo de intervención, de data 20 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga por importe de catro mil oitocentos setenta e oito euros con catro céntimos (4.878,04 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar de aboo a cantidade de catro mil oitocentos setenta e oito euros con catro céntimos (4.878,04 €), con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.762.10.2008, como pago da subvención concedida ó Concello de Forcarei no PAM/06-08 para os honorarios de redacción do proxecto da obra nº 163/315, “Mellora da capa de rodadurda na Grela, Carballeira, Espiñeiros e outros”, incluída no PAM/06-08. 7.18432.- APROBACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración de “Festa da Bicicleta e Marchas Populares” nos seguintes Concellos: RODEIRO 06/07/2010 FESTA DA BICICLETA A LAMA 28/07/2010 FESTA DA BICICLETA DOZÓN 31/07/2010 FESTA DA BICICLETA CUNTIS 01/08/2010 FESTA DA BICICLETA FORNELO DE MONTES 01/08/2010 FESTA DA BICICLETA ARBO 07/08/2010 FESTA DA BICICLETA A CAÑIZA 07/08/2010 FESTA DA BICICLETA PONTE CALDELAS 08/08/2010 FESTA DA BICICLETA A GOLADA 10/08/2010 FESTA DA BICICLETA CALDAS DE REIS 14/08/2010 FESTA DA BICICLETA CANGAS 15/08/2010 FESTA DA BICICLETA VILA DE CRUCES 21/08/2010 FESTA DA BICICLETA MONDARIZ 22/08/2010 FESTA DA BICICLETA FORCAREI 26/08/2010 FESTA DA BICICLETA ILLA DE AROUSA 28/08/2010 FESTA DA BICICLETA VALGA 28/08/2010 FESTA DA BICICLETA BUEU 29/08/2010 FESTA DA BICICLETA 8.18433.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.18434.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL, ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS 2010 Aprobadas pola Xunta de Goberno do 3/03/2010 as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social, enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados 2010; concluído o prazo de presentación das solicitudes o 23/04/2010, e á vista dos informes da Traballadora Social e da Intervención constatando o cumprimento dos requisitos esixidos por parte das solicitudes e a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión das subvencións para Entidades de Iniciativa Social enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, cun importe total de 299.834,11 € para un total de 105 Asociacións, conforme ó cadro adxunto, rexeitándose 3 solicitudes por non axustarse ás bases. CONCELLO Nº ASOCIACIÓN ACTIVIDADE Nº H PROPOSTA 14,20% TOTAL € BUEU 2 Asoc. Parkinson Galicia-Bueu Campaña de sensibilización 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc.Colectivo de Afectados de Fibromialgia "CAF" Campaña "Divulgación" (sensibilización) 2.200,0 312,4 1.887,6 € CALDAS 1 Asoc. P. minusválidos Ps. A. C. Oc. SAIAR P. Inserción Laboral "O SAIAR II" 300 4.000,0 568,0 3.432,0 € CANGAS 3 Asoc. diagnostic. cancro mama ADICAM Programa de prevención do linfedema 2.400,0 340,8 2.059,2 € Asoc. Pais de Min.PS Morrazo.."ASPAMSIM" Proxecto ALOUMIÑOS +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Banda de Música Bellas Artes. Cangas Integración da discapacidade: Curso musicoterapia 100 1.400,0 198,8 1.201,2 € CUNTIS 1 Asoc. Persoas discap. Umia-Ulla "AVANZAR" C. Ofimática Avan. orientado á xestión de Oficinas 204 2.800,0 397,6 2.402,4 € ESTRADA; A 1 Cáritas Diocesana Santiago. Cáritas A Estrada Pr. de Interv. Socioeducativa C. ALFAR 2010 115 1.400,0 198,8 1.201,2 € GONDOMAR 1 Organización no Gubernamental INTI Sensibilización y formación de voluntariado 2.200,0 312,4 1.887,6 € GROVE, O 1 Asoc. P. Discapacidade do Salnés "Anduriña" Internet, inserción laboral e promoc. da igualdade 140 1.800,0 255,6 1.544,4 € GUARDA, A 3 Asoc. Avelaiña axuda....enfermedade mental T. Habilidades Sociais Integr. Pers. enfir. mental cr. 299 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Érguete Prevención Drog… Baixo Miño Incorporación socio laboral: curso técnico/a en cociña +300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Asoc. San Xerome Emiliani Un xardín, mil posibilidades 192 4.220,0 599,2 3.620,8 € LALIN 1 Asoc. ASPADEZA "O teu propio verán" 277 3.800,0 539,6 3.260,4 € MARÍN 1 Asoc. Rexurdir de Actividades Sociales Aula de alfabetización informática 100 1.400,0 198,8 1.201,2 € MOAÑA 2 Asoc. Familiares e. Alzheimer del Morrazo C. Atención e coidados na enfermid. de Alzheimer 260 5.200,0 738,4 4.461,6 € Asoc. V. Alcohólicos. Rehab. de Moaña ARMO Sensibilización, peligr. alcohol en enfer. alcohólico 2.200,0 312,4 1.887,6 € MOS 1 Asoc. Disminuidos Físicos e Síquicos "ASODIFISI" "Dalle rítmo a túa vida" 100 1.400,0 198,8 1.201,2 € NIGRÁN 1 Asoc. de Pais Castro Navás Curso de Teatro 120 1.400,0 198,8 1.201,2 € PAZOS BORBÉN 1 Asoc. Padres p. discapacidade intel."ASPAVI" Agricult. Ecolóxica: creación de mercado/axardin. 288 3.800,0 539,6 3.260,4 € POIO 2 Fed. Galega de Persoas Xordas "fegaXor" Autonomía persoal dende as novas tecnoloxías 180 2.400,0 340,8 2.059,2 € Asoc. P.y A. Per. Risco Exclusión "INCLUSIÓN" Plan Intergración Laboral 2010 Inmigración 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € PONTEAREAS 1 Asoc. Discap. do Condado e Paradanta "ADAPTA" Integración Social para Persoas con Discapacidade +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € PONTEVEDRA 15 Asoc. Alcohólicos rehabilitados Pontevedra Asistencia a enfermos alcohólicos e familiares 141 2.000,0 284,0 1.716,0 € Asoc. P.P. Dism. Psíquicos "VIRGEN DE LA O" Obradoiro de perfeccionamiento de recompostura 294 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. AMIZADE Obradoiro de formación informática 288 3.717,0 527,8 3.189,2 € Asoc. Escola Tempo Libre "Paspallás" DESESTIMADO Asoc. Española Contra el Cáncer "AECC" Prevención e sens. Á cidadanía "senpre" 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. Fam. Enfermos Alzheimer... "AFAPO" Estimulación cognitiva a través del ordenador +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Fam.y amigos enfermos psíquicos"ALBA" Centro de rehabilitación psicosocial +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Galega da enfermidade de Huntington Atención Integral a Enfermos e Familiares Huntington +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Solidariedade Internacional de Galicia Irene no Sahara 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. A. a Parálisis Cbral. AMENCER-ASPACE Integración socio-familiar a través da cociña 296 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Rexurdir Provincial Recup. socio-laboral menores con problem. Xudixiais 296 3.400,0 482,8 2.917,2 € Sociedad San Vicente de Paul Provinc.de Pont. C. tapicería e restauración de muebles +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Sordos de Pontevedra "Río Lérez" C. Lecto-escritura Galego/LSE 240 3.200,0 454,4 2.745,6 € Down Pontev. "XUNTOS" Asoc.Síndr. Down "Formación Laboral" +300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Fundación Secretariado Gitano Compensación Educativa Externa "Chanela-2010" 300 4.000,0 568,0 3.432,0 € PORRIÑO 2 Asoc. Comarcal de Educ. Especial"ACCESCA" Ocio e vida social para integr. P.Discapacidade Intel. +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. del Pueblo Gitano Curso de alfabetización vial Prov. de Pontevedra 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € REDONDELA 2 Asoc. Familiares e Enfermos Mentais LENDA Obradoiro de productos artesáns 300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Padres Centro Asist. Minusv. Psíquicos Terapia asistida por cans para persoas con discap. Int. 216 3.000,0 426,0 2.574,0 € SANXENXO 1 Asoc. Prevenc. Loita contra Droga..."AVANTE" C. "Diseño gráfico" 292 5.900,0 837,8 5.062,2 € TOMIÑO 1 A. Discapacitados do Baixo Miño VONTADE Artesanía en pel e serigrafía 298 6.300,0 894,6 5.405,4 € TUI 1 V. de Alcoholicos reh. Baixo Miño Da Ese Paso Campaña sensibilización do enfermo alcohólico 2.200,0 312,4 1.887,6 € VALGA 1 Asoc. Min. Mancom.Ulla-Umia"ASMIVALU" Taller de horticultura ecolóxica 273 5.500,0 781,0 4.719,0 € VIGO 54 Asoc. de Daño Cerebral "ALENTO" ALENTO Intégrate 300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Alcohólicos Rehabilitados Vigo "ARVI" Form. e integr. social para alcohólicos en rehabilit. 176 2.400,0 340,8 2.059,2 € Asoc. ARELA. Inic. Apoio á Infancia e Mocid. Programa de condutas infractoras 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. Autismo Vigo Xornadas formativas atención persoas con T.E.A. 116 1.600,0 227,2 1.372,8 € Asoc. Axuda enfermo psíquico DOA Sensibilización e D. de enfermidade mental crónica 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. Ayuda a los toxicómanos "Erguete-Vigo" P. Integr. sociolaboral internos C.Inserción.S.Vigo 204 2.800,0 397,6 2.402,4 € Asoc. de Bulimia y Anorexia "ABAP" Campaña de prevención "TOMA MEDIDAS" 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. famil.e enfer. de Alzheimer… "AFAGA" Proxecto Concientia 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. de Freijeiro ayuda al necesitado "AFAN" Obtención permiso de clase "C" reinserción social 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Asoc. De Marketing Social "ADEMÁS" P. Capacitación de Auxiliares de Ayuda a Domicilio 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Asoc. Diabéticos Campamento de niños/as de 8 a 17 años 240 2.500,0 355,0 2.145,0 € Asoc. Escola Tempo Libre "XARUMA" DENEGADA Asoc. Fam. Per.con Parálise cerebral "APAMP" Coida - 2 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Asoc. Faraxa pola Abolición da Prostitución Mediación Profesional +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Fase de Encuentro Actividades de prevención 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. Fontenova Acción formativa para familias-mocidade 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. Protect. Minusv. Psíquicos "ASPANAEX" Hacia la calidad de vida de las p. con Discap. Intel. 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. G. contra enf.neuromusc."ASEM Galicia" Sensibilización e Difusión ASEM Galicia 2010 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. G. Desenv. Inmigr./emigr. Retorn. AZO Técnico en xestión administrativa integral 300 5.920,0 840,6 5.079,4 € Asoc. Galega de Hemofilia Hemoescola 155 2.000,0 284,0 1.716,0 € Asoc. Galicia "ACOLLE" PEI :Programa de Educación Intercultural 600,0 85,2 514,8 € Asoc. Hoy por Mañana Aprendamos Xogando 200 2.600,0 369,2 2.230,8 € Asoc. MM Defensa Jóvenes Drogod. MADRO Axentes de Saúde para famil. Drod. E Afectados 108 1.400,0 198,8 1.201,2 € Asoc. "MANAIA" Integración social e familiar dos nenos adoptados 100 1.400,0 198,8 1.201,2 € Asoc. Niñ. Hiperactividad y défic, at. "ANHIDA" Apoio escolar a niños con T.D.H. +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Pais P.con Tr. Autista.. A Braña APACAF Producción e venda de cesta solidarias 300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Pais C. Educ. Especial MENELA de Vigo Música e Socialización 125 1.300,0 184,6 1.115,4 € Asoc. Persoas Xordas de Vigo Cuarta edición Int. Lab. "Nos Tamén Podemos" 160 3.200,0 454,4 2.745,6 € Asoc. Pr. Trab. Directores Xunta"TRADIXUM" DENEGADA Proxecto INTERPARES Curso "coidados na dependencia" 100 2.100,0 298,2 1.801,8 € Asoc. SODINÁUTICA Entorno Náutico Accesible 2.000,0 284,0 1.716,0 € Asoc. STOP "NO PIQUES QUE ENGANCHA" 2.200,0 312,4 1.887,6 € Asoc. Viguesa de alcoholoxía ASVIDAL P. Capacitación para incorporación socio-laboral 300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Viguesa Esclerosis Múltiple Preservación das capacidades funcionais 208 2.800,0 397,6 2.402,4 € Asoc. Síndrome de Down. "DOWN VIGO" Formación no posto en empresa ordinaria +300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Asoc. Promoción y Desar. Social "APRODES" Prog. De Formación sociolaboral para inmigrantes +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Asoc. Valponasca Proyecto Casa Vigo +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Centro Cultural Artístico y R. Valladares C. Ocup. Informática básica pers. riesgo exclusión 100 1.400,0 198,8 1.201,2 € C. Ocio y Tiempo L. "NOVAS RUTAS" Discap. Proxecto socioeducativo "Aledar" 300 3.600,0 511,2 3.088,8 € Confed. Galega Pers. con Discap."COGAMI" C. de ofimática 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € HH Misioneros de Enfermos Pobres. Casa R… IN.CLU.SO. 155 2.000,0 284,0 1.716,0 € Fed. Asoc. F./E. mentais G. "FEAFES- Galicia" Proxecto FLORENCE 200 4.000,0 568,0 3.432,0 € Fed. G. I. Síndrome de Down "Down Galicia" Curso de auxiliar de limpeza industrial 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Fed. Disc. FADEMGA FEAPS GALICIA Curso de operario de limpeza 110 2.600,0 369,2 2.230,8 € Fed. Asoc. Min.Físicos de P. Po."COGAMI" Curso de traballadores c. xardinería 300 6.000,0 852,0 5.148,0 € Fundación INTEGRA para discapacidad intel. Autonomía doméstica 2010 203 2.800,0 397,6 2.402,4 € Fundación ÉRGUETE-INTEGRACIÓN Proxecto EVA (Emprego, Visibilidade, Autonomía) 228 4.500,0 639,0 3.861,0 € Fundación Igual Arte Programa Artístico - Área expresión musical +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Fundación Menela Servicio de apoio integral - divulgación 2.200,0 312,4 1.887,6 € Fundación Meniños Responsable e Solidaria 2.200,0 312,4 1.887,6 € Fundación QUINESIA Formac.inserc.º laboral de xoves con discapacidade 280 5.400,0 766,8 4.633,2 € Fundación Tutelar "Camiño do Miño" Coñece á Fundación Tutelar "Camiño do Miño" 2.200,0 312,4 1.887,6 € Médicos do Mundo "CE.RE.DA" Actividades formativas e preventivas +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Soc. Desar. Ideas/Técnicas Minusv...."SODIM" Turismo ccesible 25 años 1.400,0 198,8 1.201,2 € VILAGARCÍA A. 6 Asoc. Disminuidos Psíquicos "CON ELES" II Cur. Traballo en coiro para persoas con discapacidade 290 3.800,0 539,6 3.260,4 € Asoc. Fam. Enf. Alzheimer "Afasal" Grupos autoayuda, infor. y formación para familires 128 1.800,0 255,6 1.544,4 € Asoc. LAR pro-salud Mental Nuevas tecnologías 252 3.400,0 482,8 2.917,2 € "Ccanvihar V." (Comité Antisida) Apoio integral á persoas VIH+, enfermas SIDA… +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € Fundación Amigos de Galicia "O Grelo" Formación inserción laboral usuarios Pontevedra 175 3.500,0 497,0 3.003,0 € Fundación Galega contra o Narcotráfico Campaña "Panos Brancos contra a Droga" 2.200,0 312,4 1.887,6 € VILANOVA A. 2 Asoc. de Pais do Centro "OS MECOS" Campamento de verán persoas con autismo 168 2.200,0 312,4 1.887,6 € "BATA. Baión" Asoc. tratamento do autismo Unidade de apoio ambulatorio +300 4.000,0 568,0 3.432,0 € TOTAL 108 TOTAL 349.457,0 299.834,11 € 10.18435.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS, SERVIZOS DE SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS” (CATOIRA) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da Provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 30/04/2010, prestouse aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Catoira co obxecto de executar a obra do proxecto “Construción de beirarrúas, servizos de supresión de barreiras arquitectónicas”, por un importe de 335.240,00 euros. Como consecuencia da Lei 26/2009, de 23 de decembro, de orzamento xerais do Estado para o ano 2010, a partir do 1 de xullo de 2010, modifícase o tipo impositivo do IVE ó 18%. Con data 14 de xullo de 2010, apróbase pola Xunta de Goberno, o proxecto cun orzamento de 289.000,00 euros, máis a cantidade 52.020,00 euros correspondente ó IVE, e de conformidade co seguinte financiamento e distribución por anualidades: 2010 2011 TOTAL Deputación 100.300,00 € 70.210,00 € 170.510,00 € Concello 55.853,22 € 114.656,78 € 170.510,00 € Total 156.153,22 € 184.866,78 € 341.020,00 € O ingreso do Concello, efectuarase con cargo a unha subvención do Plan de Inversións da Deputación nas anualidades 2010, aprobada por Resolución Presidencial, de data 26 de marzo e 2011, aprobada pola Xunta de Goberno, en sesión do día 31 de marzo de 2010. Ingresos dos que se realizará unha modificación de crédito, incluída na orde do día do próximo pleno do día 30 de xullo. Resultando que polo Sr. Secretario, se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 341.020,00 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Financiamento Financiamento Partida Importe Concello Deputación 2010 55.853,22 100.300,00 2010.456.453.612.02 156.153,22 2011 114.656,78 70.210,00 2010.942.942.652.45 184.866,78 Respecto da anualidade 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente do seu respectivo orzamento, quedando condicionada á aprobación do mesmo. Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Construción de beirarrúas, servizos de supresión de barreiras arquitectónicas (Catoira)”, por importe de douscentos oitenta e nove mil euros (289.000,00 €), sen IVE, máis a cantidade de cincuenta e dous mil vinte euros (52.020,00 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS , SERVIZO DE SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS” (CATOIRA)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra “Construción de beirarrúas, servizo de supresión de barreiras arquitectónicas (Catoira)”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do Rxlcap., incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 % do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, ó empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.-Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.-Memoria construtiva e programa de traballo. 3.-Melloras ofertadas. 4.-Memoria de seguridade e saúde. 5.-Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto levará á exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación subministrada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. Rd. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do solo; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m Definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poda cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da Lcsp. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........................, maior de idade, veciño de......................, con domicilio en ...................... titular do DNI ....................., expedido en data ..........................., actuando en nome propio ou en representación da empresa ..................... (CIF- núm. ..................................) e con domicilio en ........................., teléfono ...................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ________ (en letra e número) euros, máis _________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura de propoñente)” ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta: 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS, SERVIZOS DE SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS “(CATOIRA)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- Tipo de licitación: 289.000,00 €, sen IVE. IVE: 52.020,00 €. Total: 341.020,00 €. C) FINANCIAMENTO.- Anualidade Partida Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 0,00 2010 2010.942.942.652.45 0,00 2011 2010.942.942.652.45 167.620,00 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en oito meses, e a data cóntase desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN.- Non se esixe. (Data e sinatura do propoñente)” 11.18436.- AGRADECEMENTO DOS SERVIZOS PRESTADOS POLO DIRECTOR DA ESCOLA DE ENFERMARÍA D. JOSÉ LUIS VÁZQUEZ REY O Deputado Delegado da Escola de Enfermaría D. José Enrique Sotelo Villar expón que o Director da Escola Universitaria de Enfermaría D. José Luís Vázquez Rey presentou a renuncia ó cargo, por motivos estritamente persoais e debido a que comeza unha nova etapa na Escola, ó cambiar o Plan de Estudos como consecuencia da adecuación da formación dos alumnos ás directrices educativas da Comunidade Europea. Expón que desde o ano 1992 vén desempeñando o cargo de Director, exercendo esta función con entrega, esforzo, traballo e dedicación e fundamentalmente con lealdade á Institución, de tal sorte que o centro acadou un recoñecido prestixio nos ámbitos académicos, pola calidade de ensino que imparte. Durante ese período é de resaltar que a Escola funcionou con enteira normalidade, resolvendo internamente os problemas ou conflitos que puideron xurdir, sen que en ningún momento tivesen repercusión externa. Así mesmo, pon de manifesto que desempeñou o labor de profesor practicamente desde a creación da Escola. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade manifestar o recoñecemento ó Dr.Vázquez Rey polo labor realizado durante estes anos no cargo de Director da Escola de Enfermaría, agradecéndolle os servizos prestados así como a súa entrega e dedicación no labor docente. 12.18437.- TRANSFERENCIA DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMARÍA, DEPENDENTE DA DEPUTACIÓN, Á UNIVERSIDADE DE VIGO No Hospital Provincial de Pontevedra funcionaba, dende o ano 1974, unha Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios patrocinados pola Cruz Vermella e subvencionada por esta Deputación Provincial. Ó dispor ou Real decreto de 23 de xullo de 1977 que estas Escolas se transformarían en Escolas Universitarias de Enfermaría ou senón desaparecerían, esta Deputación, decatándose da importancia do problema e nun intento de implantar estudos de ensino universitario na cidade de Pontevedra, fíxose cargo do centro asumindo o seu patronazgo. A Escola adscribiuse á Universidade de Santiago de Compostela, única existente naquel momento. Por acordo do Consello de Ministros de 10 de novembro de 1978, crease esta nova Escola que comeza a impartir as súas clases nun edificio da rúa Pai Amoedo, antiga sede do Fogar Provincial, na que estivo funcionando ata o ano 1993. Neste ano trasladouse o Hospital Provincial, ocupando as plantas 4ª e 5ª con entrada pola rúa Joaquín Costa, contando coas instalacións axeitadas para a impartición tanto dás clases teóricas como prácticas. A Escola ten personalidade xurídica propia, rexéndose polos correspondentes estatutos aprobados pola Corporación Provincial, en sesión de 30 de xaneiro de 1979, modificados posteriormente o 14 de abril de dito ano, e publicados non Boletín Oficial da Provincia do 26 de abril. Creado o Campus Universitario de Pontevedra, esta Escola debe integrarse non mesmo pasando a depender da Universidade de Vigo á cal está adscrita, ó non ser competencia da Deputación este ensino, que tivo sentido non seu momento cando esta institución era titular do Hospital Provincial pero que xa se transferiu á Xunta de Galicia. Parece pois lóxico que, nos momentos actuais, sexa a Universidade de Vigo quen asuma esta Escola Universitaria deixando de depender da Deputación Provincial. Para tal fin, realizáronse diversas xestións que cristalizaron en diversas reunións, nas que participaron representantes da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellaría de Sanidade e esta Deputación. Despois destas xuntanzas, a Universidade de Vigo participou a esta Deputación, no mes de setembro de 2007, que as Consellerías de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia asumían o reto de definir un novo marco xeral para todas as titulacións de ciencias da saúde impartidas na Comunidade Autónoma, incluíndo nese marco as titulacións de Enfermaría. Así mesmo, poñía de manifesto a concreción dun plan inmediato de adscrición para todas as Escolas de Enfermaría de Galicia. Por Resolución da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), do 31 de maio de 2010, informouse favorablemente a proposta de modificación do plan de estudos da Escola, para a obtención da titulación de Grado de Enfermaría. Á vista destes antecedentes e habéndose producido un relevo no equipo reitoral da Universidade de Vigo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade reiterar a petición de iniciar de novo as negociacións dunha efectiva transferencia da Escola de Enfermaría, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, á Universidade de Vigo, que é onde naturalmente debe estar integrada. 13.18438.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición