ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/09/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-09-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/09/29_Ordinaria

  • Data(s) 2010-09-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día vinte e nove de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18559.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de setembro de 2010. 2.18560.- APROBACIÓN DAS BASES DO “PREMIO CARMEN FERRO 2010” Os avances producidos no campo da discapacidade e o novo concepto desta, baseada na igualdade de oportunidades, levan á Deputación de Pontevedra a dedicar esta anualidade 2010, o Premio Carmen Ferro, a temática da integración sociolaboral e social deste colectivo de persoas, en aras a acadar para eles, unha vida normalizada e integradora, cunha dotación total de 18.000,00 €, polo que á vista dos informes de 13 e 15 setembro do Sr. Secretario e do Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Premio Carmen Ferro 2010, dirixidos ás Entidades de Iniciativa Social, ás Empresas e ós Concellos da provincia de Pontevedra, que traballen no ámbito da integración sociolaboral e social das persoas con discapacidade; cunha dotación de 18.000,00 € con cargo ás partidas 10/230.232.481.07; 10/230.232.462.00 e 10/230.232.479.00. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DO PREMIO “CARMEN FERRO”, 2010 O Premio Carmen Ferro 2010 xorde co desexo de render homenaxe á exdeputada provincial, Carmen Ferro Carballo, falecida no ano 2003, pola súa loita a favor dos Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra, e por crer que moitas persoas cunha formación ou capacitación adecuada, poderían chegar a ter unha vida autónoma e independente. No seu espírito o Premio Carmen Ferro 2010, responde ó desexo de ofrecer ás persoas que presentan algún tipo de discapacidade, as mesmas oportunidades e posibilidades que se ofrecen á poboación en xeral, partindo das facultades que posúan para acadar a súa integración sociolaboral ou social, e contribuíndo a eliminar, na medida do posible, as dificultades que llo impiden. O citado Premio ten coma fundamentación xurídica a integración sociolaboral ou social das persoas con discapacidade, as directrices sinaladas polas seguintes deposicións lexislativas: A Constitución Española de 27 de decembro de 1978, no seu artigo 35 manifesta que todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo, mentres que o artigo 49, recolle que “os poderes públicos levarán a cabo unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos, ós que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o disfrute dos dereitos que este Título I outorga a todo os cidadáns”. A Lei 13/1982, de 7 de abril, de Integración Social dos Minusválidos (LISMI) é considerada por diferentes expertos como o punto de arranque para o desenvolvemento en España do Emprego con Apoio. No seu artigo 37, recolle que “será finalidade primordial, da política de emprego de traballadores diminuídos físicos, a súa integración no sistema ordinario de traballo”. Tanto o Plan Nacional de Educación Especial (1982) como o Plan Nacional de Emprego (1983) foron piares importantes na loita para á integración social e sociolaboral das persoas con discapacidade. Ambos están baseados nos principios de normalización, integración, sectorización e individualización, principios fundamentais en todo proceso de integración. A Lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de oportunidades que fai referencia á no discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, ten como obxectivo establecer as medidas para garantir e facer efectivo o dereito á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade conforme ós artigos 9.2, 10, 14 e 49 (sinalado no primeiro paragrafo) da Constitución Española. A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galiza, no seu artigo 4 que fai referencia os principios xerais dos servizos sociais: universalidade, prevención, responsabilidade pública, igualdade, atención integral e personalizada, autonomía persoal e vida independente, participación, integración e normalización etc. En definitiva, os avances producidos nos derradeiros anos no campo da discapacidade, e en consecuencia a súa repercusión positiva nas persoas que a padecen, unidos ó novo concepto desta baseado nos dereitos humanos, onde a igualdade de oportunidades xoga un papel fundamental para que as persoas afectadas poidan acadar unha vida tanto a nivel social como sociolaboral, integradora, normalizada, e autónoma, levan á Deputación Provincial de Pontevedra a dedicar no ano 2010, por terceiro ano consecutivo, o Premio “Carmen Ferro” ó tema da integración de persoas con discapacidade de acordo ós seguintes puntos: 1. Obxecto: O obxecto do Premio Carmen Ferro centrase en favorecer a inserción sociolaboral ou social das persoas que presentan algunha discapacidade física, psíquica ou sensorial, así pois no ano 2010 premiarase a iniciativa levada a cabo por unha Entidade de Iniciativa Social, por un Concello e por unha Empresa privada, todas da provincia de Pontevedra. 2. Destinatarios: Poderán pois optar ó Premio nas seguintes categorías: • Entidades de Iniciativa Social (privadas e sen ánimo de lucro) con actividade na provincia de Pontevedra, que traballen de forma continuada con persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial e cuxos fins, obxectivos e actividades sexan os dos colectivos que representan e así se recolla nos seus estatutos. • Concellos da provincia de Pontevedra que promovan actuacións laborais ou sociais dirixidas á integración global das persoas discapacitadas. • Empresas Privadas da Provincia de Pontevedra, legalmente constituídas e rexistradas como tales que promovan iniciativas de integración laboral de persoas con discapacidade. 3. Categorías de Premios: Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderá ser financiada a dotación consignada para este fin, na Partida 10/230.232.481.07 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial, elevándose a devandita consignación a suma de dezaoito mil euros (18.000,00 €), que se distribuirá en tres premios para cada unha das categorías de destinatarios da provincia de Pontevedra: - Un premio de 6.000 € para Entidades de Iniciativa social. - Un premio de 6.000 € para Concellos. - Un premio de 6.000 € para Empresas privadas. 4. Condicións dos Proxectos: Os proxectos deberán facer referencia, polo menos, ós seguintes aspectos: a/ Descrición: Síntese da iniciativa ou actuación. b/ Xustificación: Fundamentos do proxecto, necesidades detectadas, antecedentes. c/ Obxectivos: xerais e específicos. d/ Metodoloxía: descrición da intervención. e/ Cronograma de actuación: proceso de execución. f/ Recursos e Orzamento. g/ Avaliación. Os proxectos poderán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma Galega. Cada Entidade de Iniciativa Social, Empresa Privada ou Concello, só poderán presentar un proxecto. As Entidades favorecidas con algún Premio deberán estar levando a cabo o proxecto presentado e premiado, ou comprometerse a rematalo durante o primeiro trimestre do ano 2011, e no caso de non levalo a cabo, a Entidade terá que reintegrar o importe do premio á Deputación. 5. Lugar de presentación de Proxectos e prazo: Os proxectos, deberán ser presentados coa documentación sinalada na cláusula sétima no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra de luns a venres en horario de 8,30 a 14,30 h. e de 17,00 a 19,00 h. e sábados en horario de 9,00 a 13,00 h; no rexistro da sede de Vigo de luns a venres en horario de 9,00 a 13,00 h., ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de proxectos, será dun mes a partir do día seguinte á publicación das Bases Reguladoras do Premio “Carmen Ferro” no Boletín Oficial da Provincia. Para calquera información o teléfono de contacto será o 986.804.100 extensións 40121 e 40126. 6. Documentación: Deberase presentar no prazo previsto na cláusula quinta a seguinte documentación segundo as diferentes categorías: 6.1 Entidades de Iniciativa Social da provincia de Pontevedra - Proxecto co que opta ó Premio “Carmen Ferro” asinado e selado. - Fotocopia compulsada do D.N.I. do representante legal da Asociación que presente o proxecto e Acreditación do cargo. - C.I.F. compulsado. - Declaracións segundo anexo que constará na páxina web da Deputación no momento da publicación desta convocatoria, de que: a. A entidade é privada e carece de fins de lucro. b. Non se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. c. Se solicitou ou concedéronselle, procedentes de Organismos Públicos e entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións para o mesmo proxecto: Axudas ou subvencións solicitadas Axudas ou subvencións concedidas Contía Asemade, esta Entidade asume o compromiso de comunicar as que se obteñan nun futuro. d. Nin a Asociación nin o seu representante legal atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións (premios) previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. e. A Asociación se encontra ó corrente de pago das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Tesourería da Seguridade Social e non ten débedas de ningún tipo coa Deputación, autorizando a esta para que solicite as correspondentes certificacións. 6.2 Concellos da provincia de Pontevedra Proxecto co que opta ó Premio “Carmen Ferro” asinado e selado. C.I.F. compulsado. Declaracións segundo anexo que constará na páxina web da Deputación no momento da publicación desta convocatoria, de que: a. Non se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. b. Si solicitou ou concedéronselle, procedentes de outros Organismos Públicos e entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións para o mesmo proxecto: Axudas ou subvencións solicitadas Axudas ou subvencións concedidas Contía Asemade, esta Entidade asume o compromiso de comunicar as que se obteñan nun futuro. c. Certificación do órgano competente, sobre a existencia de crédito para facer fronte ó financiamento que ten que asumir a entidade local, e indicación do importe solicitado á Deputación para contribuír o seu financiamento. 6.3 Empresas privadas da provincia de Pontevedra - Proxecto co que opta ó Premio “Carmen Ferro” asinado e selado. - Fotocopia compulsada do D.N.I. do xerente legal da Empresa. - C.I.F. compulsado. - Declaracións segundo anexo que constará na páxina web da Deputación no momento da publicación desta convocatoria, de que: a. A empresa é privada. b. Non se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. c. Se solicitou ou concedéronselle, procedentes de Organismos Públicos e entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións para o mesmo proxecto: Axudas ou subvencións solicitadas Axudas ou subvencións concedidas Contía Asemade, esta Empresa asume o compromiso de comunicar as que se obteñan nun futuro. d. Nin a Empresa nin o seu representante legal atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións (premios) previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. A Empresa se encontra ó corrente de pago das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Tesourería da Seguridade Social e non ten débedas de ningún tipo coa Deputación, autorizando a esta para que solicite as correspondentes certificacións. 7. Resolución da Convocatoria: Os proxectos recibidos dentro do prazo establecido e que cumpran os criterios recollidos nas presentes Bases serán avaliados tecnicamente, elevándose ó Xurado nomeado ó efecto, unha proposta con aqueles que se consideren de maior interese. O Xurado estará formado por: - Presidente: Ilmo. Sr. Presidente da Deputación ou Deputado en que delegue. - Vogais: - Un representante de cada un dos grupos políticos que forman parte da Corporación Provincial. - Un/ha técnico/a especialista en temas de integración de persoas con discapacidade, nomeada polo Xurado para asesorar sobre cuestións técnicas. No Xurado actuará como Secretario o titular da Deputación ou funcionario/a do Servizo de Acción Social en quen delegue. Para constituírse o Xurado deberá contar coa asistencia de máis da metade dos membros que o constitúen sempre que entre eles se atopen o Presidente e o Secretario do mesmo, resolverá todas as incidencias que podan presentarse e determinará sobre a proposta técnica recibida os proxectos premiados. O seu fallo, tomado por maioría simple, será inapelable. 8. Entrega de Premios: No momento que o Xurado de Avaliación decida a adxudicación dos Premios “Carmen Ferro” e se levante a acta correspondente, que será asinada por cada un dos seus membros, o resultado porase en coñecemento da Entidade de Iniciativa Social, do Concello e da Empresa privada premiadas, e a entrega dos mesmos, con independencia da data do seu fallo, farase coincidir co “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” que se celebra o 3 de decembro. 9. Proxectos non premiados: Os proxectos que non resulten premiados poderán ser retirados do Servizo de Acción Social da Deputación no prazo de dos meses contados dende a data da resolución do concurso. 10. Publicidade: A Deputación Provincial conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procederá a publicar o nome das Entidade de Iniciativa Social, do Concello e da Empresa privada premiadas. A Entidade de Iniciativa Social, o Concello e a Empresa privada premiadas comprométense a facer constar o premio da Deputación, Área de Acción Social, en toda a publicidade que elabore sobre o mesmo. 11. Dereito Supletorio: Para o no disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable.” 3.18561.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA EN CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de celebración da Festas da Bicicleta no seguinte concello: O PORRIÑO 03/10/2010 FESTA DA BICICLETA 4.18562.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA BASE – DE_F/10) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 19 de febreiro de 2010 aproba as bases de subvencións de axuda ó deporte de competición federado, dirixidas a apoiar ás entidades e clubs deportivos nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou local, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 303.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 10/340.341.489.20 do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións a entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro para apoiar ó deporte de competición federado–Categoría Base (programa DE_F/10) e que son as que se relacionan a continuación: “ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS Concello Cif Terceiro Obxecto Concedido Total Concello Agolada G36258002 Sociedade Deportiva Agolada Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 600,00 Arbo G36174829 Arbo C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 TOTAL 1.000,00 Baiona G36981140 Baíña F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Baiona G36988269 Baitra Baiona, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Baiona G36885549 Club Baloncesto Pazo Mendoza Baiona Deporte Competición Federado (Baloncesto) 2.900,00 Baiona G36765774 Club Bolos Medialdea Deporte Competición Federado (Bolos) 250,00 Baiona G27741354 Club Deportivo Lulacar Deporte Competición Federado (Automobilismo) 300,00 Baiona G27730001 Club Deportivo Piragüismo Baiona Deporte Competición Federado (Piragüismo) 500,00 TOTAL 4.450,00 Barro G36149128 Barro C.F. Deporte de Competición Federado (Fútbol) 500,00 Barro G36338945 Moto Club Barrena 2 Deporte Competición Federado (Motociclismo) 350,00 TOTAL 850,00 Bueu G36039600 Agrupación Deportiva Fútbol Sala Bueu Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 750,00 Bueu G36586998 Asociación Escola Fútbol Base Beluso Deporte de Competición Federado (Fútbol) 500,00 Bueu G36111623 Club Ciclista Bueu-Bueu Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Bueu G36158517 Club Cultural Deportiva Beluso Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.500,00 Bueu G36122075 Club Xadrez Bueu Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 TOTAL 3.550,00 Caldas de Reis G36291250 Club Acuático Umia Deporte Competición Federado (Salvamento e Socorrismo) 2.000,00 TOTAL 2.000,00 Cambados G36164267 Cambados, T.M. Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 1.000,00 Cambados G36374759 Club Colombófilo Pombas do Salnés Deporte Competición Federado (Colombofilia) 300,00 Cambados G36411874 Clube Natación Salnés Deporte Competición Federado (Natación) 500,00 Cambados G36328193 Salnés T.M. Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 800,00 Cambados G36297208 X.A.V. Cambados Deporte Competición Federado (Voleibol) 500,00 TOTAL 3.100,00 Campo Lameiro G36113496 Campo Lameiro, C.D. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 600,00 Cangas do Morrazo G36438232 Cinania, T.M. Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 750,00 Cangas do Morrazo G36194900 Club Ánfora Patinaxe Artística Deporte Competición Federado (Patinaxe Artística) 1.950,00 Cangas do Morrazo G36486686 Club Atletismo Morrazo Deporte Competición Federado (Atletismo) 1.000,00 Cangas do Morrazo G36236594 Club Atletismo Vila de Cangas Deporte Competición Federado (Atletismo) 2.400,00 Cangas do Morrazo G36046217 Club Ciclista Cangas Deporte Competición Federado (Ciclismo) 1.500,00 Cangas do Morrazo G36524460 Club Colombófilo Pombas do Morrazo Deporte Competición Federado (Colombofilia) 500,00 Cangas do Morrazo G36177368 Club de Tenis de Cangas Deporte Competición Federado (Tenis) 1.500,00 Cangas do Morrazo G36323582 Club Galerna Deporte Competición Federado (Actividades Subacuáticas) 1.950,00 Cangas do Morrazo G94015567 Club Piragüismo Aldán Deporte Competición Federado (Piragüismo) 2.850,00 Cangas do Morrazo G36580736 Club Voleibol Maniotas Deporte Competición Federado (Voleibol) 500,00 Cangas do Morrazo G36179596 Moto Club Clip Deporte Competición Federado (Motociclismo) 250,00 Cangas do Morrazo G36373660 Moto Club Team Bernardez Deporte Competición Federado (Motociclismo) 250,00 TOTAL 15.400,00 Cañiza, A G36342046 Asoc. Deport. Cañiza C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 750,00 Cañiza, A G36599231 Petán, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 400,00 Cañiza, A G36554798 Valeixe Fútbol Sala Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 400,00 TOTAL 1.550,00 Cerdedo G36308625 Club Cerdedo, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 1.500,00 TOTAL 1.500,00 Covelo, O G36474575 Club Covelo Patinaxe Artística Deporte Competición Federado (Patinaxe Artística) 1.000,00 Covelo, O G36414167 Club Deportivo Covelo, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 TOTAL 1.500,00 Crecente G94003902 Club Crecentense C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 500,00 Cuntis G36454361 Club Atletismo Cuntis Deporte Competición Federado (Atletismo) 1.950,00 Cuntis G36593275 Club Xadrez Cuntis Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 TOTAL 2.250,00 Estrada, A G36194728 Callobre C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Estrada, A G36235935 Club Ciclista Estradense Deporte Competición Federado (Ciclismo) 750,00 Estrada, A G36435758 Club Tenis Recreo Cultural Deporte Competición Federado (Tenis) 500,00 Estrada, A G36213197 Club Xadrez A.C. A Estrada Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Estrada, A G36113785 Escudería Estradense Deporte Competición Federado (Automobilismo) 500,00 Estrada, A G36132553 Escuela Deport. Municip. Estradense Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Estrada, A G36148435 Sporting Estrada, C.F. Deporte competición federado (Fútbol) 1.500,00 TOTAL 5.050,00 Forcarei G36160554 Sociedade Deportiva Presqueiras Deporte Competición Federado (Fútbol) 750,00 TOTAL 750,00 Gondomar G36939064 Agrupación Deportiva Vincios Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 1.500,00 Gondomar G36932457 Club Colombófilo Pombas do Val Miñor Deporte Competición Federado (Colombofilia) 300,00 Gondomar G36733376 Club Deportivo Vincios Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Gondomar G36693794 Gondomar C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Gondomar G36905107 Gondomar, F.B. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Gondomar G36783991 Sociedad Atlética Val Miñor Deport e Competición Federado (Atletismo) 1.000,00 Gondomar G36742393 Sociedade de Bolos San Vicente de Mañufe Deporte Competición Federado (Bolos Celta) 250,00 TOTAL 4.850,00 Grove, O G36061034 Club Baloncesto O Grove Deporte Competición Federado (Baloncesto) 750,00 Grove, O G36333904 Club Baloncesto O Meco Deporte Competición Federado (Baloncesto) 750,00 Grove, O G36015634 Club Marítimo, Deport. e Cultural Breogán O Grove Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Grove, O G36524171 Club Pesca Marítima O Isco Deporte Competición Federado (Pesca Deportiva) 500,00 Grove, O G36057636 Club Rasoeiro BM El Grove Deporte Competición Federado (Balonmán) 1.000,00 Grove, O G36133684 Sociedad Deportiva Amanecer, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Grove, O G36061257 Unión Sociedad Deportiva de O Grove Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 TOTAL 4.600,00 Guarda, A G36275337 Asoc. Cultural e Deportiva Albatros Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Guarda, A G36353225 Club Gimnasio Do-Majo Deporte Competición Federado (Judo) 500,00 Guarda, A G36284537 Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani Deporte Competición Federado (Atletismo) 750,00 Guarda, A G36118412 Club Sporting Guardés Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 2.150,00 Illa de Arousa, A G36031292 Asoc. Cultural e Deportiva Dorna Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Illa de Arousa, A G36491660 Club Ximnasia Rítmica Arousa Deporte Competición Federado (Ximnasia Rítmica) 1.500,00 TOTAL 2.000,00 Lalin G36266203 Asoc. Cabaleiros do Deza Deporte Competición Federado (Hípica) 400,00 Lalin G36275584 C.F. Atlético Balouta Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Lalin G36179802 Club Agolada Baloncesto Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Lalin G36533685 Club Balonmán Deza Deporte Competición Federado (Balonmán) 500,00 Lalin G36588424 Club Balonmán Xabanus Deporte Competición Federado (Balonmán) 750,00 Lalin G36406254 Club Escola Atletismo Deza Deporte Competición Federado (Atletismo) 750,00 Lalin G36496321 Club Hípico Juan Oliveira Deporte Competición Federado (Hípica) 500,00 Lalin G36593390 Club S.R. sobre Rodas Deporte Competición Federado (Motociclismo) 350,00 Lalin G36272755 Club Tenis de Mesa Lalín Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 500,00 Lalin G36589513 Club Triatlón Lalín Deporte Competición Federado (Triatlón) 500,00 Lalin V36440527 Escola Fútbol Lalín Deporte Competición Federado (Fútbol) 2.850,00 Lalin G36140002 Escola Xadrez Lalín Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Lalin G36266443 Escudería Lalín-Deza Deporte Competición Federado (Automobilismo) 1.000,00 Lalin G36511897 M.N.M. (Móvete na Moto) Deporte Competición Federado (Motociclismo) 2.400,00 TOTAL 11.800,00 Marín G36574291 Asociación Deportiva Tenlo Deporte Competición Federado (Pesca Deportiva) 300,00 Marín G36039717 Club Baloncesto Laxe-Marín Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Marín G36041143 Club Ciclista Marín Deporte Competición Federado (Ciclismo) 1.000,00 Marín G36439362 Club Natación Marín Deporte Competición Federado (Natación) 2.400,00 Marín G36391670 Club Xadrez Marín Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Marín G36199289 Clube Voleibol Dorrón Deporte Competición Federado (Voleibol) 500,00 Marín G36134740 Sociedad Deportiva Santomé Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 5.500,00 Meaño G36172724 Deportivo Xil, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Meaño G36156305 Unión Dena, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 1.100,00 Meis G36114056 Agrupación Deportiva Chan do Fento Deporte Competición Federado (Golf) 1.000,00 Meis G36265023 Armenteira C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Meis G36362127 Zacande, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 2.000,00 Moaña G36026730 Asociación Disminuídos del Morrazo Deporte Competición Federado (Discapacitados Físicos) 750,00 Moaña G36153617 Club Ajedrez Fischer Moaña Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Moaña G36321750 Club Atletismo Samertolameu Deporte Competición Federado (Atletismo) 1.000,00 Moaña G36524635 Club Balonmán Moaña Deporte Competición Federado (Balonmán) 1.500,00 Moaña G36047793 Club Deportivo Moaña Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.950,00 Moaña G36039352 Domaio, F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Moaña G36439396 Escuela de Fútbol Base Moaña Deporte Competición Federado (Fútbol) 750,00 Moaña G36113397 Moto Club Moaña Deporte Competición Federado (Motociclismo) 350,00 TOTAL 7.400,00 Mondariz G36108082 Agrupación Deportiva Villasobroso Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Mondariz G94018058 Meirol, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Mondariz G36150951 Mondariz F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 TOTAL 2.000,00 Mondariz-Balneario G36209823 Club de Equitación CEMAR Deporte Competición Federado (Hípica) 750,00 TOTAL 750,00 Moraña G36152312 Moraña C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 600,00 Mos G36280857 Club Deport. Esclavas Virgen de la Dolorosa Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 700,00 Mos G36238996 Club Louro Tameiga Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Mos G36448892 Club Natación Mos Deporte Competición Federado (Natación) 900,00 Mos G36260248 Club Santa Mariña Deporte Competición Federado (Petanca) 300,00 TOTAL 2.500,00 Neves, As G36156990 C.D. San Juan de Rubiós Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Neves, As G36150159 Nieves F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 1.100,00 Nigrán G36877264 Club Baloncesto Airexa Deporte Competición Federado (Baloncesto) 1.500,00 Nigrán G36741395 Club Bolos Camos Deporte Competición Federado (Bolos Celta) 250,00 Nigrán G36891596 Club Bolos San Roque Deporte Competición Federado (Bolos Celta) 250,00 Nigrán G36842946 Club Ciclista Rías Baixas Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Nigrán G36762185 Club de Tenis A Tobeira Deporte Competición Federado (Tenis) 500,00 Nigrán G36998128 Escola Deportiva Val Miñor - Caixanova Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Nigrán G36821338 Monteferro Bike Club Deporte Competición Federado (Ciclismo) 750,00 Nigrán G36777902 Nigrán C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Nigrán G36974079 Peña Moteros Val Miñor Deporte Competición Federado (Motociclismo) 4.800,00 Nigrán G36782886 Racing Vilariño, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Nigrán G36956522 Sociedade Deportiva Bolos do Ceán Deporte Competición Federado (Bolos Celta) 250,00 Nigrán G36648319 Unión Polideportiva Bolos da Carrasca Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Nigrán G36631539 Unión Recreativa Empleados de Caixanova (URECA) Deporte Competición Federado (Padel) 300,00 TOTAL 11.950,00 Pazos de Borbén G36365567 C.D. Nespereira Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 500,00 Poio G94009685 Club A.C.X.D. Combrus Deporte Competición Federado (Fútbol Sala Femenino) 400,00 Poio G36517712 Club Ciclista Monte Abaixo Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Poio G94000718 Club Deportivo de Sordos de Poio Deporte Competición Federado (Deporte para sordos) 3.300,00 Poio G36277861 Club Saraiba E.D. Poio Deporte Competición Federado (Ximnasia Rítmica) 250,00 Poio G36444446 Escola Deportiva Poio Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Poio G36585966 Escudería Buxa Motor Poio Deporte Competición Federado (Automobilismo) 500,00 Poio G36245595 S.D. Campelo Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Poio G36313054 Sociedad Deportiva Combarro Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Poio G94017373 Team Seteracing Deporte Competición Federado (Motociclismo) 2.000,00 TOTAL 8.450,00 Ponte Caldelas G36185627 S.C.D. Ponte Caldelas Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 600,00 Ponteareas G36213387 C.F. Alpinista de Padrones Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Ponteareas G36035293 Club Ciclista Ponteareas Deporte Competición Federado (Ciclismo) 2.800,00 Ponteareas G36311363 Club Natación Ponteareas Deporte Competición Federado (Natación) 1.000,00 Ponteareas G94015542 Club Patinaxe Artística Condado Deporte Competición Federado (Patinaxe Artística) 900,00 Ponteareas G36202513 Club Patinaxe Artístico Luar Deporte Competición Federado (Patinaxe Artística) 750,00 Ponteareas G94008158 Club Tenis Ponteareas Deporte Competición Federado (Tenis) 600,00 Ponteareas B36021749 Club Xadrez Santiago Apóstol Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Ponteareas G94016045 Escudería Roi Sport Deporte Competición Federado (Automobilismo) 500,00 Ponteareas G36417822 O Condado, F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Ponteareas G36298404 Peña Cicloturista Tea Deporte Competición Federado (Cicloturismo-Master) 800,00 Ponteareas G36243111 Ponteareas C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Ponteareas G36299683 S.D. Oliveira Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Ponteareas G36371219 Sporting Club San Mateo Deporte Competición Federado (Fútbol Femenino) 400,00 TOTAL 10.250,00 Pontecesures G36361830 Pontecesures, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Pontecesures G36514263 TX Race Deporte Competición Federado (Motociclismo) 500,00 TOTAL 1.100,00 Pontevedra G36043768 Agrupación Cultural Deportiva A Seca Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.500,00 Pontevedra G36430221 Agrupación Deportiva Sagrado Corazón Pontevedra Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36110252 Agrupación Juvenil de Lérez Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.200,00 Pontevedra G36347938 A.X.D. Verdugo Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Pontevedra G94010790 Baloncesto Base Pontevedra Deporte Competición Federado (Baloncesto) 4.800,00 Pontevedra G36191591 Billar Club Pontevedra Deporte Competición Federado (Billar) 1.000,00 Pontevedra G36336683 Campañó A.X.D. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36270239 C.D. Gondar de Xeve Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36268498 Cerpozóns, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36143642 C.F. Unión Sampayo Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36578201 Ciudad de Pontevedra, C.F. Deporte de Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36344364 Club Escuela de Fútbol Portero 2000 Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.500,00 Pontevedra G36266278 Club Atlético Estación Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Pontevedra G36137701 Club Colombófilo Ría de Pontevedra Deporte Competición Federado (Colombofilia) 400,00 Pontevedra G94000353 Club de Tenis Pontecaldelas Deporte Competición Federado (Tenis) 500,00 Pontevedra G36449189 Club Deport. Ciencias Actividad Física y Deporte Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Pontevedra G36064566 Club Deportes para sordos "Río Lérez" Deporte Competición Federado (Petanca) 300,00 Pontevedra G36576007 Club Deportivo Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra Deporte Competición Federado (Esgrima) 600,00 Pontevedra G36138717 Club Eiriña Atlético Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36596104 Club Galaico Sincro Deporte Competición Federado (Natación Sincronizada) 4.850,00 Pontevedra G36591626 Club Loita Pontevedra Deporte Competición Federado(Loita) 600,00 Pontevedra G36524734 Club Méndez Núñez Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 700,00 Pontevedra G36217461 Club Natación Galaico Deporte Competición Federado (Natación) 1.000,00 Pontevedra G36264836 Club Natación Master Pons Vetus Deporte Competición Federado (Natación) 700,00 Pontevedra G36044121 Club Natación Pontevedra Deporte Competición Federado (Natación) 2.850,00 Pontevedra G36513158 Club Natación Sincronizada Pontevedra Deporte Competición Federado (Natación Sincronizada) 1.950,00 Pontevedra G36012128 Club Polideportivo Juan XXIII Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 1.000,00 Pontevedra G36197952 Club Sociedad Deportiva Caroi Deporte de Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36508521 Club Squash Galaico Deporte Competición Federado (Squash) 1.950,00 Pontevedra G36301794 Club Taekwondo Mace-Sport Deporte Competición Federado (Taekwondo) 1.500,00 Pontevedra G36376630 Club Tenis de Mesa Monte Porreiro Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 1.500,00 Pontevedra G36100550 Club Tiro Cernadiñas Novas Deporte de Competición Federado (Tiro Olímpico) 1.000,00 Pontevedra G94008117 Club Tiro con Arco Teucro Deporte Competición Federado (Tiro con Arco) 350,00 Pontevedra G36052637 Club Treboada - Pontevedra Deporte Competición Federado (Ximnasia) 3.850,00 Pontevedra G36496164 Club Triatlón Galaico Deporte Competición Federado (Triatlón) 1.000,00 Pontevedra G36040913 Club Voleibol Pontevedra Deporte Competición Federado (Voleibol) 750,00 Pontevedra G36482214 Club Ximnasia Pontevedra Deporte Competición Federado (Ximnasia) 1.000,00 Pontevedra G36443901 E.F.S. Pontevedra Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Pontevedra G36396950 Escola de Xadrez Pontevedra Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Pontevedra G36564458 Escola Ximnasia Vagalume Deporte Competición Federado (Ximnasia Rítmica) 1.500,00 Pontevedra G36233062 Peña Ciclista Moto Bike Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Pontevedra G94002078 Pontevedra Rugby Club Deporte Competición Federado (Rugby) 1.000,00 Pontevedra G36036887 Salgueiriños C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.500,00 Pontevedra G36058782 San Andrés, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Pontevedra G36106094 S.C.D. Salcedo Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Pontevedra G36038552 Sociedad Cultural Deportiva Campaño de Pontevedra Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Pontevedra G36118677 Sociedade Deportiva Monteporreiro Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 51.850,00 Porriño, O G36039709 Club Ciclista Spol Deporte Competición Federado (Ciclismo) 9.900,00 Porriño, O G36404200 Club Patín Porriño Deporte Competición Federado (Patinaxe Artística) 500,00 Porriño, O G36234771 Club Polideportivo ACCESCA Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 500,00 Porriño, O G36305522 Moto Club Papaya Deporte Competición Federado (Motociclismo) 500,00 Porriño, O G36391662 Porriño Baloncesto Base Deporte de Competición Federado (baloncesto) 1.000,00 Porriño, O G36323889 Unión Deportiva Atios Deporte Competivión Federado (Fútbol) 800,00 TOTAL 13.200,00 Portas G36187946 C.F. Portas Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 500,00 Redondela G36277317 Asoc. Deportiva Doyang Deporte Competición Federado (Taekwondo) 300,00 Redondela G94013216 C.D. Alexandre Bóveda Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Redondela G94006855 Choco, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Redondela G36015741 Círculo Cultural Deportivo de Cesantes Deporte Competición Federado (Remo) 1.000,00 Redondela G36015451 Circulo Cultural Recreativo Chapela Deporte Competición Federado (Billar) 300,00 Redondela G36312411 Club Náutico Redondela Deporte Competición Federado (Natación) 500,00 Redondela G36199073 Club Redondela de Fútbol Sala Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Redondela G36943876 Meigarco Deporte Competición Federado (Tiro con Arco) 300,00 TOTAL 3.900,00 Ribadumia G36549608 Club Ribadumia Tenis de Mesa Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 500,00 Ribadumia G36039634 Umia F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 1.100,00 Rosal, O G36527224 Club Atletismo Manuel Suárez Marquier Deporte Competición Federado (Atletismo) 400,00 Rosal, O G36044741 Club Ciclista O Rosal Deporte Competición Federado (Ciclismo) 900,00 Rosal, O G94003399 Club 28 Gramos Baixo Miño Deporte Competición Federado (Caza e Tiro) 300,00 Rosal, O G36166213 Unión Deportiva Ribera Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 TOTAL 2.200,00 Salceda de Caselas G36407385 Club Baloncesto Caselas Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Salceda de Caselas G36571990 Club Ciclista Aragonta - Salceda de Caselas Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 TOTAL 1.000,00 Salvaterra de Miño G36592640 A.D.C. San Lorenzo Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 300,00 Salvaterra de Miño G36470532 Club Deportivo Aguas Bravas Salvaterra Deporte Competición Federado (Piragüismo) 600,00 Salvaterra de Miño V36514529 Club Petanca Condado Salvaterra Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Salvaterra de Miño G94014925 Club Petanca "Dextros" Salvaterra Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Salvaterra de Miño G36476588 Club Salvaterra F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Salvaterra de Miño G36387587 C.U.D. A Onza de Lira Deporte Competición Federado (Fútbol Feminino) 400,00 Salvaterra de Miño G36395788 Escudería Surco Deporte Competición Federado (Automobilismo) 3.350,00 Salvaterra de Miño V36364339 Lirens, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Salvaterra de Miño G36223550 Progresista F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Salvaterra de Miño G36269769 Sociedad Deportiva Castelo Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 6.900,00 Sanxenxo G36324523 Asoc. Juvenil Saraiba do Mar Deport e Competición Federado (Fútbol Sala) 300,00 Sanxenxo G36108736 C.F. Dorrón Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Sanxenxo G36022572 Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo Deporte Competición Federado (Tenis) 500,00 Sanxenxo G36586618 Club Ciclista Corbelo Deporte Competición Federado (Ciclismo) 400,00 Sanxenxo G94010121 Club Deportivo Abrente Portonovo Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 300,00 Sanxenxo G36568996 Club Natación Sanxenxo Deporte Competición Federado (Natación) 500,00 Sanxenxo G36190528 Club Náutico Portonovo Deporte Competición Federado (Vela) 1.000,00 Sanxenxo G36299493 Hermanos Barbeito, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 1.000,00 Sanxenxo G36046944 Moto Club Amigos de la Moto Deporte Competición Federado (Motociclismo) 300,00 Sanxenxo G36351708 Portonovo F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Sanxenxo G36207231 Sociedade Deportiva Noalla Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Sanxenxo G36473171 Sporting Club Portonovo Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 6.500,00 Silleda G36337533 C.F. Lamela Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Silleda G36248532 C.F. Laro Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Silleda G36577500 Club Dezarco Deporte Competición Federado (Tiro con Arco) 300,00 Silleda G36395945 Club Petanca Bandeira Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 TOTAL 1.950,00 Soutomaior G36143238 Club Deportivo Arcade Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Soutomaior G36129492 Club Deportivo Soutomaior Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 1.300,00 Tui G36513406 Club de Ajedrez Infortui Deporte Competición Federado (Xadrez) 300,00 Tui G36222362 Club Deportivo Caldelas Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Tui G36101350 Sociedad Deportiva Tui Deporte Competición Federado (Baloncesto) 1.000,00 Tui G36147684 Tyde, F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 2.400,00 Valga G36451839 Asociación Cultural no Río Deporte Competición Federado (Karate) 300,00 Valga G36359909 Club Baloncesto Río Ulla Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Valga G36108207 Cordeiro, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Valga G36265825 Furia Athletic Club Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 2.300,00 Vigo G27726215 A.D. Calasancias Vigo Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 300,00 Vigo G36657450 Agrup. Deportiva Tamiar-Apamp Deporte Competición Federado (Discapacitados Psíquicos) 500,00 Vigo G36650117 Agrupación Deportiva O´Picacho Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G27727965 Agrupación Deportiva Sodim Deporte Competición Federado (Discapacitados Físicos) 250,00 Vigo G36628543 Asoc. de la S. C. Recreativa e Deportiva Xestas de Vigo Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36770931 Asoc. Deportiva Lavadores, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo G36633618 Asoc. Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 250,00 Vigo G36651073 Asociación de Veciños de Cabral Deporte Competición Federado (Kung Fu) 250,00 Vigo G36812436 Asociación Deportiva Coliseum Deporte Competición Federado (Padel) 500,00 Vigo G36809226 Asociación Deportiva Mamuro Deporte Competición Federado (Judo) 250,00 Vigo G36918084 Asociación Polideportiva Playa de Samil Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 250,00 Vigo G36648293 Asociación Veciños do Calvario Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo V36655017 A.VV. Fonte do Galo Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G36753911 C.D. Coya Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo V27713759 C.D. Padel Femenino Cíes Deporte Competición Federado (Padel) 250,00 Vigo G36752640 C.D. Teis Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo G36852820 C.D. Vigués Pelota Deporte Competición Federado (Pelota Vasca) 250,00 Vigo G36805158 Centro Veciñal e Cultural de Valladares Deporte Competición Federado (Fútbol) 250,00 Vigo G36614097 Círculo cultural, Mercantil e Industrial de Vigo Deporte Competición Federado (Tenis) 250,00 Vigo G36918613 Club Ajedrez AA.VV. Dr. J. Casas Villa de Bouzas Deporte Competición Federado (Xadrez) 250,00 Vigo G36645091 Club As Rodas Patinaxe Artística Deporte Competición Federado (Patinaje Artística) 2.800,00 Vigo G36827418 Club Badminton El Draque Deporte Competición Federado (Badminton) 250,00 Vigo G27709500 Club Badminton Rachaplumas Deporte Competición Federado (Badminton) 250,00 Vigo G36942142 Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia Deporte Competición Federado (Baloncesto) 1.000,00 Vigo G36825347 Club Baloncesto Vigo Área Metropolitana Deporte Competición Federado (Baloncesto) 1.000,00 Vigo G36948115 Club Balonmán Seis do Nadal-Coia Deporte Competición Federado (Balonmán) 1.500,00 Vigo G36804763 Club Barreiro Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G27736024 Club Bici O Con Deporte Competición Federado (Ciclismo) 250,00 Vigo G36881316 Club Bolos Celtas Valladares Deporte Competición Federado (Bolos Celtas) 250,00 Vigo G27738962 Club Bolos Valladares San Bartolomé Deporte Competición Federado (Bolos Celta) 250,00 Vigo G36685345 Club Bowling Celta Deporte Competición Federado (Bowling Celta) 250,00 Vigo G36811974 Club Castrelos Patinaxe Artística Deporte Competición Federado (Patinaxe Artística) 250,00 Vigo G36814515 Club Ciclista Bici Verde Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Vigo G27710730 Club Ciclista Coruxo Deporte Competición Federado (Ciclismo) 250,00 Vigo G36745107 Club Ciclista Ría de Vigo Deporte Competición Federado (Ciclismo) 600,00 Vigo G27710573 Club Ciclista Rías Baixas Bike Team Deporte Competición Federado (Ciclismo) 250,00 Vigo G36948560 Club Ciclista Rodovigo Deporte Competición Federado (Ciclismo) 250,00 Vigo G36754323 Club Ciclista Teis Deporte Competición Federado (Ciclismo) 200,00 Vigo G36650885 Club Ciclista Vigués Deporte Competición Federado (Ciclismo) 250,00 Vigo G36795680 Club Cíos Vigo, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala Femenino) 300,00 Vigo G36707586 Club de Loita El Castro Deporte Competición Federado (Lucha Olímpica) 500,00 Vigo G36708303 Club de Loita San Ignacio Deporte Competición Federado (Lucha Libre y Grecorromana Olímpica) 1.500,00 Vigo G36929446 Club de Vela Playa del Bao Deporte Competición Federado (Vela) 1.000,00 Vigo G36924249 Club Deportivo A Paz 03 Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 200,00 Vigo G36649408 Club Deportivo Colexio Mariano Deporte Competición Federado (Baloncesto) 250,00 Vigo G36904530 Club Deportivo CSCR Beade Deporte Competición Federado (Petanca) 300,00 Vigo G36973105 Club Deportivo Moto-Box Deporte Competición Federado (Motociclismo) 250,00 Vigo G36687309 Club Deportivo Nieto Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vigo G36814093 Club Deportivo San Rafael Deporte Competición Federado (Discapacitados Psiquicos) 250,00 Vigo G27716067 Club Deportivo Uruguai Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G36629657 Club Deportivo Valladares Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Vigo G36888543 Club Esgrima Ciudad de Vigo Deporte Competición Federado (Esgrima) 250,00 Vigo G36869873 Club Esgrima de Vigo "El Olivo" Deporte Competición Federado (Esgrima) 250,00 Vigo G36757623 Club Halterofilia de Vigo Deporte Competición Federado (Halterofilia) 250,00 Vigo G27709120 Club Kendo Vigo Deporte Competición Federado (Kendo) 1.500,00 Vigo G36696227 Club Loita Kuzushi Deporte Competición Federado (Loita) 500,00 Vigo G36690782 Club Maristas El Pilar Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Vigo G36834240 Club Minauta Deporte Competición Federado (Motonáutica) 250,00 Vigo G36637890 Club Montañeiros Celtas Deporte Competición Federado (Montañismo) 250,00 Vigo V36886422 Club Mosterio Bembrive F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G36827079 Club Natación Rías Baixas Deporte Competición Federado (Natación) 3.300,00 Vigo G36823524 Club Natación Traviesas Deporte Competición Federado (Natación master) 250,00 Vigo G36694115 Club Oriental Vigo Deporte Competición Federado (Bolos-Bowling) 250,00 Vigo V36982304 Club Patín Vagalume Deporte Competición Federado (Patinaje Artístico) 250,00 Vigo G36630192 Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia Deporte Competición Federado (Montañismo) 1.500,00 Vigo G36849040 Club Petanca A´Toxeira Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36802247 Club Petanca Breogán Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36875417 Club Petanca Celta Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36727246 Club Petanca Chave "Os Muíños" Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36798866 Club Petanca Ensino Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36792711 Club Petanca Florida Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36851202 Club Petanca Sampayo Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36702413 Club Petanca Vigo Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36649283 Club Polideportivo Alerta Traviesas Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Vigo G36819779 Club Polideportivo Aspanaex Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 250,00 Vigo G36662344 Club Polideportivo Saudade Deporte Competición Federado (Boxeo) 250,00 Vigo G36646271 Club Sabajanes Deporte Competición Federado (Petanca) 250,00 Vigo G36836716 Club Saladino Cortizo Deporte Competición Federado (Discapacitados Intelectuais) 250,00 Vigo G36763084 Club San Roque Casablanca Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo G36846608 Club Sieiro Acrobacia Vigo Deporte Competición Federado (Ximnasia) 500,00 Vigo G36683376 Club Soc. Deportiva Carballal Deporte Competición Federado (Balonmán) 1.000,00 Vigo G27736438 Club Squash Ría de Vigo Deporte Competición Federado (Squash) 250,00 Vigo G36655983 Club Subacuático Bahía de Vigo Deporte Competición Federado (Pesca Submarina) 350,00 Vigo G27730597 Club Triatlón Mar de Vigo Deporte Competición Federado (Triatlón) 250,00 Vigo G27723261 Club Vigo Master Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Vigo G36929511 Club Vigo Squash Deporte Competición Federado (Squash) 1.500,00 Vigo G36990109 Club Volei Praia Vigo Deporte Competición Federado (Voleibol) 250,00 Vigo G36909737 Club Xadrez Alekhine Deporte Competición Federado (Xadrez) 250,00 Vigo G36645257 Comesaña Sporting Club Deporte Competición Federado (Atletismo) 300,00 Vigo G36978740 El Olivo "Bowling Club" Deporte Competición Federado (Bolos-Bowling) 250,00 Vigo G36972677 Escuela de Pilotos Rodamoto Deporte Competición Federado (Motociclismo) 500,00 Vigo G36642247 Espeleo Club Aradelas Deporte Competición Federado (Espeleoloxía) 300,00 Vigo G36704666 Federación Viguesa de Peñas Recreativas "El Olivo" Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G27734219 Futsalgueira, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G27726835 I.E.S. Coruxo F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G36710416 Independiente, F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 250,00 Vigo G36734226 Moledo, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo G36710762 Racing de Castrelos, F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 Vigo G36874832 Rápido Pereiro, F.C. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo G36743433 San Miguel, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vigo G36615607 Sardoma, C.F. Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vigo G36733020 S.C.D. San Esteban Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vigo G36633428 S.C.D.R. Helios Deporte Competición Federado (Tenis de mesa) 250,00 Vigo G36684124 S.D. Cristo de la Victoria Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vigo G36645018 Soc. Deport. Atletismo San Miguel de Oia Deporte Competición Federado (Atletismo) 300,00 Vigo G36620854 Sociedad Cultural y Deportiva Atlántida de Matamá Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo G27726934 Sociedade Deportiva Navia Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 250,00 Vigo G36939924 Terra dos Mares Deporte Competición Federado (Actividades Subacuáticas) 500,00 Vigo G36810075 Unión Balonmán Lavadores Deporte Competición Federado (Balonmán) 2.400,00 Vigo G36628774 Unión Deportiva Santa Mariña Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vigo Q8650002B Universidade de Vigo - Servizo Deportes Deporte Competición Federado (Xadrez) 500,00 Vigo G36863348 U.V.C.D. Candeán Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vigo G36893782 Xadrez A.V. Doutor Fleming Deporte Competición Federado (Xadrez) 250,00 TOTAL 54.400,00 Vila de Cruces G36373132 Club Loita Keltoi Cruces Deporte de Competición Federado(Loita) 1.200,00 Vila de Cruces G36579977 Escudería Vila de Cruces Deporte Competición Federado (Automobilismo) 500,00 Vila de Cruces G36270684 S.D. Cruces Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Vila de Cruces G36275881 Sociedad Deportiva Piloño Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 TOTAL 3.200,00 Vilaboa G36236842 Club Ciclismo Val do Ulló Deporte Competición Federado (Ciclismo) 500,00 Vilaboa G36163681 Club Piragüismo Vilaboa Deporte Competición Federado (Piragüismo) 1.000,00 Vilaboa G36397313 Marcón F.S.F. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 500,00 Vilaboa G36140432 S.D.C. San Adrián de Cobres Deporte Competición Federado (Fútbol) 800,00 TOTAL 2.800,00 Vilagarcía de Arousa G36483675 Asoc. Deportiva Arousa Fútbol 7 Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36406601 Automoción La Junquera, F.S. Deporte Competición Federado (Fútbol Sala) 750,00 Vilagarcía de Arousa G36359859 Club Baloncesto El Doce Deporte Competición Federado (Baloncesto) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36316834 Club Buceo Arousa Sub Deporte Competición Federado (Actividades Subacuáticas) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36256782 Club Ciclista BTT Vilagarcía Deporte Competición Federado (Ciclismo) 1.200,00 Vilagarcía de Arousa G36186047 Club Ciclista Xiabre Deporte Competición Federado (Ciclismo) 1.000,00 Vilagarcía de Arousa G36101251 Club de Rugby Los Ingleses Deporte Competición Federado (Rugby) 3.300,00 Vilagarcía de Arousa G36043354 Club de Tenis O Rial Deporte Competición Federado (Tenis) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36238798 Club Deportivo Bamio Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.200,00 Vilagarcía de Arousa G94021524 Club Deportivo Buceo Villagarcía Deporte Competición Federado (Buceo) 500,00 Vilagarcía de Arousa G15780455 Club Deportivo Pérez-Sub Deporte Competición Federado (Actividades Subacuáticas) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36576353 Club Kenpo Vilagarcía Deporte Competición Federado (Karate-Kenpo) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36265353 Club Lobeira Deporte Competición Federado (Judo) 800,00 Vilagarcía de Arousa G36475234 Club Natación Vilagarcía, S.D. Deporte Competición Federado (Natación) 800,00 Vilagarcía de Arousa G36373140 Club Olimpic Vilagarcía Deporte Competición Federado (Taekwondo) 750,00 Vilagarcía de Arousa G36117224 Club San Martín Deporte Competición Federado (Fútbol) 600,00 Vilagarcía de Arousa G36173870 Club Vilagarcía S.D. Deporte Competición Federado (Fútbol) 500,00 Vilagarcía de Arousa G36404572 Club Xadrez Fontecarmoa Deporte Competición Federado (Xadrez) 800,00 TOTAL 15.200,00 Vilanova de Arousa G36172831 Asoc. Cultural Deportiva Vilanova Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.950,00 Vilanova de Arousa G36122448 S.D. Chispa de Corón Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Vilanova de Arousa G36404424 Sociedad Deportiva Pontearnelas Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.500,00 Vilanova de Arousa G36107027 Unión Deportiva San Miguel de Deiro Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 Vilanova de Arousa G36292985 Vilanova Atlético Deporte Competición Federado (Fútbol) 1.000,00 TOTAL 6.450,00 SUMA TOTAL 303.000,00 303.000,00 5.18563.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO DE “REHABILITACIÓN DA CASA REITORAL DE CHENLO (PORRIÑO)” Considerando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/06/2009, prestouse aprobación a un convenio de colaboración entre a Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño), a Diocese de Tui-Vigo e esta Deputación Provincial co obxecto de levar a cabo a rehabilitación da antiga Reitoral de Chenlo como centro sociocultural. Considerando que no devandito convenio se establece que a Deputación levará a cabo a redacción do proxecto, así como a licitación, dirección, execución e recepción da obra. Considerando que polo Arquitecto Provincial redáctase o proxecto básico de “Rehabilitación de Casa Reitoral en Chenlo (O Porriño)”, cuxo importe ascende á cantidade de 517.447,70 €, IVE incluído. E, co obxecto de proceder á obtención dos permisos e licencias previas á contratación da obra, tales como a correspondente licenza de obra, autorización de Patrimonio, etc., a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto básico de “Rehabilitación de Casa Reitoral en Chenlo (O Porriño)”, con orzamento de 517.447,70 €, IVE incluído. 6.18564.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.18565.- CAMBIO DE APLICACIÓN E CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTEAREAS CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DE PARTE DA ACHEGA MUNICIPAL DA OBRA “MODIFICADO NÚM. UN- CONSTRUCIÓN DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO” Dentro do Plan de Investimentos da Deputación (PID/09-11), inicialmente, concedeuse ó Concello de Ponteareas unha subvención por importe de 46.412,05 euros con destino ó financiamento da obra núm. 2463, “Subministración de material eléctrico para o mantemento da rede de iluminación pública”. Resultando que ó iniciarse o expediente de contratación a intervención emite un informe suspensivo alegando que do contido do proxecto dedúcese que non se trata dun investimento e por tanto non encaixa dentro do plan que motivou a concesión da subvención. En consecuencia o concello de Ponteareas mediante escrito (núm. rexistro de entrada 31571, de 8 de setembro de 2010) solicita un cambio de finalidade de xeito que 41.627,50 € se apliquen ó financiamento de parte da achega municipal da obra “Modificado nº1-Construción pavillón polideportivo”, en convenio coa Deputación, e o importe restante, 4.784,55 euros, pase a incrementar ó crédito do concello na citada anualidade para obras incluídas no Plan de Investimentos. Considerando que, de conformidade co disposto na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, facúltase ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situacións excepcionais non previstas, en relación coa licitación que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan e que esta modificación non prexudica dereitos de terceiros nin afecta á distribución por anualidades nin ó importe global das subvencións concedidas ó Concello de Ponteareas. Considerando que, na base 25ª.5.b) das Bases de Execución dos orzamentos provinciais establécese: “Variación nas subvencións: Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se se estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos”. Considerando que o artigo 64 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, establece as condicións para a modificación do contido dun acordo de concesión, sempre e cando non se prexudiquen os dereitos de terceiros. A Xunta de Goberno, á vista da documentación achegada polo Concello de Ponteareas e dos informes favorables do Servizo de Intervención e Infraestruturas, acorda por unanimidade: 1.- Anular a Resolución Presidencial núm. 1082, de 2 de febreiro de 2010. 2. Aprobar o cambio de aplicación e conceder ó concello de Ponteareas a cantidade de corenta e un mil seiscentos vinte e sete euros con cincuenta céntimos (41.627,50 €), con destino ó financiamento de parte da achega municipal do investimento “Modificado nº1 da construción dun pavillón polideportivo”. Para completar o financiamento de dita achega o concello deberá ingresar a cantidade prevista no citado convenio para a anualidade 2010. Esta subvención concederase con cargo á aplicación 10/942.942.652.45 na que existe crédito dispoñible para facer fronte ó gasto. Con posterioridade realizaranse as operacións de formalización que se estimen oportunas. 8.18566.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS PREMIOS ENTRECULTURAS-2010 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador do Premio Entreculturas – 2010 despois da reunión mantida o pasado 28 de setembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO ENTRECULTURAS 2010 Na Sala de Xuntas desta Deputación de Pontevedra, sendo as 09,30 horas do 28 de setembro de 2010, reúnese o xurado cualificador do Premio Entreculturas 2010, presidido por: José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión de Cultura, e os vogais: Mª Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta e presidenta da Comisión . de Benestar Social E Muller, Luis Aragunde Aragunde, Alcalde do Concello de Cambados, José Antonio de Román y Luis, decano do corpo consular en Vigo, Benito Vila Tejo, ex-presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires, Miguel Pereira Figueroa, xefe do servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do servizo de Cultura e actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do servizo de Cultura desta Deputación, Aberto o acto o presidente manifesta que, convocado o referido Premio Entreculturas 2010, dotado coa cantidade de 12.000,00 € e aprobadas as bases por R.P. nº 12265 de 13/09/10 e publicadas no BOP núm. 180 de 17/09/10, rematou o prazo de presentación de candidatos/as o 25 de setembro do presente ano. De acordo co establecido na base 4ª da convocatoria, o xurado xa constituído propón como candidatos ó premio os seguintes: No apartado primeiro, para premiar a unha entidade ou persoa do mundo hispano e da emigración ó Centro Gallego de México A.C., asociación sen fin de lucro que ten como prioridade e finalidade reunir os emigrantes e descendentes de emigrantes galegos en México, co obxecto de manter e difundir a nosa cultura galega, publicando mensualmente a Gaceta “Anduriña”, un alento e añoranza da nosa terra e que mantén vivo o espírito dos galegos en México. No apartado segundo, para premiar a unha persoa ou entidade de ámbito galego, ó Concello de Ponte Caldelas; por a súa admirable labor social a favor da emigración pontecaldelense, polas súas iniciativas e servizos prestados no ámbito cultural, coa celebración de semanas culturais, exposicións, proxeccións audiovisuais e conferencias que serven de lazos de unión entre Ponte Caldelas e Salvador de Bahia, e pola súa cooperación e fomento de liñas de axudas ós emigrantes de Ponte Caldelas en Salvador de Bahia. Vistos os dossiers das dúas candidaturas e previa deliberación o xurado acorda por unanimidade dos seus membros concederlles o Premio Entreculturas 2010 ás seguintes institucións: 1) Dotado coa cantidade de 6.000,00 € o Centro Gallego de México A.C. pola súa intensa actividade a favor dos emigrantes galegos en Mexico. 2) Dotado coa cantidade de 6.000,00€ ó Concello de Ponte Caldelas polo seu labor social e cultural que leva a cabo cos emigrantes pontecaldelenses en Salvador de Bahia. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 11,30 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á aplicación 10/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial. 9.18567.- INFORME EN RELACIÓN COS ESTATUTOS DO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Dada conta dos Estatutos do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento aprobados provisionalmente pola Asemblea, integrada por los deputados provincias e polo representante da Xunta de Galicia, na súa sesión de 24 de setembro de 2010. Resultando que o pleno na súa sesión de 30 de xullo acordou a participación da Deputación no citado Consorcio Provincial, ademais de designar representante na Comisión Xestora encargada da tramitación do correspondente expediente. Resultando que mediante acordo do Consello da Xunta de 1 de xullo de 2010, a Administración da Comunidade Autónoma forma parte do citado consorcio e designa, así mesmo, representante na Comisión Xestora. Resultando que a Comisión Xestora na súa sesión de 9 de setembro de 2010 aprobou inicialmente os Estatutos do Consorcio. Considerando o disposto no art. 151.1 en relación co 139 e segs. da Lei 5/1997, de 22 de xullo. Vistos os informes favorables do Secretario e Interventor, de data 27 de setembro. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós mesmos e, en consecuencia, informar favorablemente os Estatutos do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. 10.18568.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL DE CAMBADOS Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 1 de setembro de 2010, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello de Cambados e a Sociedade Cultural de Cambados co obxecto de levar a cabo a reforma e acondicionamento da sede da devandita Sociedade Cultural. Resultando que no devandito convenio se establece que a Deputación Provincial procederá á licitación, dirección, execución e recepción da obra, así como o seu financiamento por importe de 701.972,23 €. Resultando que pola Sociedade Cultural de Cambados se remite o correspondente proxecto. Resultando que por Intervención se emite informe relativo ó financiamento do proxecto existindo crédito axeitado e suficiente na partida 10/942.337.658.02 para facer fronte ao gasto, coa observación de que non se fai referencia ó prazo previsto para a execución da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Reforma e acondicionamento da sede da Sociedade Cultural de Cambados”, por importe de 594.891,72 € máis 107.080,51 € correspondentes ó IVE, así como iniciar o expediente de contratación da obra. 11.18569.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE REHABILITACIÓN DO AUDITORIO DE PONTEAREAS 1.- O Pleno Corporativo, en sesión celebrada o 26 de setembro do ano 2008, prestou aprobación a un Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo, por un importe de 1.187.144,00 euros, contía que foi modificada na sesión plenaria de 29 de maio de 2009 que estableceu a inversión en 1.592.796,71 euros. A obra foi financiada achegando a Deputación o 80% do seu importe e o Concello o 20% restante. En cumprimento deste convenio a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 24 de xuño de 2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, deste proxecto por un importe de 1.559.256,32 euros, IVE incluído. Unha vez tramitado o expediente a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 9 de setembro de 2009, resolveu este procedemento adxudicando a empresa Movex Vial S.L. a realización da obra de rehabilitación do auditorio por un importe de 1.231.812,49 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de 16 meses, producíndose, en consecuencia unha baixa de 327.443,83 euros. O xurdir no desenvolvemento das obras circunstancias que non se puideron prever no proxecto inicial, o Arquitecto Provincial, D. José Enrique Pérez Ardá Criado, Director da Obra, tivo que redactar este proxecto modificado nº1 que supón un incremento de 327.443,64 euros, unha vez deducido a porcentaxe de baixa da adxudicación. O prazo de execución mantense nos 16 meses iniciais. 2.- A Lei de Contratos do Sector Público no artigo 202 prevé que, unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese publico e para atender causas imprevistas xustificando debidamente a súa necesidade. Ambas circunstancias concorren no proxecto modificado que se presenta, en efecto dunha banda o Arquitecto Director da obra motiva as causas que provocaron a redacción do novo proxecto, como son, entre outras, a aparición de augas subterráneas modificando a capa freática o que obrigou a efectuar unha cimentación mais profunda, así como un saneamento xeral e en consecuencia diversos cambios na soleira proxectada, etc. E de outro, o interese público está fundamentado en acabar esta obra para a utilización dos veciños de Ponteareas, o non dispor dun edificio para actividades propias a desenvolver no Auditorio. O importe do modificado ascende a contía de 327.443,64 €, o que supón un incremento do 26,58 % sobre o prezo de adxudicación, mostrando a empresa adxudicataria a súa conformidade. Tendo en conta estes antecedentes e vistos os informes do Servizo de Contratación e de Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Prestar aprobación o proxecto modificado nº1 de “Rehabilitación do Auditorio de Ponteareas”, por un importe de 1.559.256,32 euros, IVE incluído, o que supón un incremento de 327.443,64 euros sobre o prezo de adxudicación. 2.- Autorizar o gasto con cargo a aplicación orzamentaria 11/942.942.652.45 condicionado a aprobación do correspondente orzamento. 3.-Adxudicar a realización das obras comprendidas no modificado a empresa Movex Vial S.L. , non variando o prazo de execución inicial do proxecto. A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía complementaria pola contía de 13.874,73 euros, equivalente o 5% do importe do modificado excluído o IVE. 12.18570.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “PAVIMENTACIÓN DE VARIOS VIAIS EN NIGRÁN 2010” Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da provincia, así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do R.d.2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 299.635,57 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2010 10/942.942.652.45 299.635,57 € Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Pavimentación de varios viais en Nigrán 2010.” (Nigrán) por importe de douscentos cincuenta e tres mil novecentos vinte e oito euros con corenta e cinco céntimos (253.928,45 €), sen IVE, máis a cantidade de corenta e cinco mil setecentos sete euros con doce céntimos (45.707,12 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “Pavimentación de varios viales en Nigrán 2010” (Nigrán). CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra Pavimentación de varios viales en Nigrán 2010 (Nigrán). A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. O dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 % do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ocupará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económica, técnica e financeira: As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. a) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ó órgano de contratación pola autoridade competente. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. 6.- Dirección de correo electrónico al que efectuar las comunicacións o notificacións. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no Sobre B, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas (Sobre “C”). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante formulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14. ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 15. FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do reconsidero. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses desde a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (18%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como basee para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano desde o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.............., maior de idade, veciño de................., con domicilio en ...........titular do DNI.............., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa .................. (CIF- núm. .............) e con domicilio en ................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ____ (en letra e número) euros, máis ____ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado:” Os documentos que se anexan son os seguintes: “ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dato que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuacións ao intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a tódalas ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ” “ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “PAVIMENTACION DE VARIOS VIALES EN NIGRAN 2010” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 253.928,45 euros, sen IVE. IVE: 45.707,12 € Total: 299.635,57 € C) FINANCIAMENTO: Anualidade Aplicación Importe 2010 10/.942.942.652.45 299.635,57 € D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en tres meses, e a data cóntase desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Non se esixe.” 13.18571.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA O CONTRATO DA ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE NAS OBRAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión do 18 de xaneiro de 2010, acordou aprobar a contratación, mediante procedemento aberto, da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación de Pontevedra. O tipo de licitación estableceuse en 1,25% do orzamento de execución material de cada proxecto aplicado a baixa de adxudicación, e estimando que as obras contratadas pola Deputación terán un orzamento aproximado de 30.000.000,00 euros/anuais. O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra, número 22, de data 3 de febreiro de 2010. O día 22 de febreiro de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do Sobre A, cualificándose a documentación xeral, co resultado de admisión das seguintes empresas: Spril Norte, S.L; Asistencia Técnica Industrial SAE; Bureau Veritas Español, S.A; Prointec, S.A; Qualiberica, S.L; Ingenieria y Prevención de Riesgos, S.L; Inzamac Asistencia Técnica, S.A; Incope Consultores, S.L; Enmacosa, S.A; Control Técnico y Prevención de Riesgos, S.A; Grupo Mgo, S.A; Tepril; Eurocontrol, S.A; Certum, S.A.; Incosa, S.A; Atenea; Applus Norcontrol, S.L.U; Sgs Tecnos, S.A; Paymacotas, S.A.U; Darzal Consultoría y Prevención, S.L; Prenor; Segurinco, S.L; Grupo Azierta Ingeniera. Con data 24 de febreiro de 2010 procedeuse á apertura dos Sobres “B”, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse os servizos técnicos para a súa avaliación, os cales emiten o preceptivo informe. A mesa de contratación reúnese novamente o día 6 de setembro de 2010, en acto público, dando a coñecer a puntuación obtida polos diferentes licitadores na documentación técnica, de acordo cos criterios de adxudicación establecida no prego económico administrativo, e que foi a seguinte: LICITADOR PUNTOS SOBRE “B” PROINTEC, S.A 31,30 CERTUM, S.A. 30,30 BUREAU VERITAS ESPAÑOL, S.A. 29,60 SEGURINCO, S.L. 29 QUALIBERICA, S.L. 28,70 PAYMACOTAS, S.A.U. 28,50 DARZAL CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. 27,10 GRUPO MGO, S.A. 24,80 APPLUS NORCONTROL, S.L.U. 24,70 INZAMAC ASISTENCIA TÉCNICA, S.A. 24,50 SGS TECNOS, S.A. 24,30 INCOSA, S.A. 23,40 ATENEA 21,80 GRUPO AZIERTA INGENIERA 21,80 INCOPE CONSULTORES, S.L. 21,80 PRENOR 21,40 INGENIERIA Y PREVENCIÓN DE RIESGOS, S.L. 20,30 EUROCONTROL, S.A. 20,20 CONTROL TÉCNICO Y PREVENCIÓN DE RIESGOS, S.A. ELIMINADO ASISTENCIA TÉCNICA INDUSTRIAL SAE ELIMINADO ENMACOSA, S.A. ELIMINADO SPRIL NORTE, S.L. ELIMINADO TEPRIL ELIMINADO Con posterioridade procedeuse a abrir os Sobres “C” daquelas empresas que cumpriron con todos os requisitos esixidos no prego, e que acadaron a puntuación de 30 puntos, aplicándose para a súa valoración a fórmula establecida, obténdose a seguinte puntuación: LICITADOR PUNTOS SOBRE B PUNTOS SOBRE C TOTAL ATENEA 21,80 60 81,80 SEGURINCO, S.L. 29 50,093 79,093 DARZAL CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. 27,10 46,791 73,891 BUREAU VERITAS ESPAÑOL, S.A. 29,60 42,828 72,428 CERTUM, S.A. 30,30 41,045 71,345 PROINTEC, S.A 31,30 39,119 70,419 INCOPE CONSULTORES, S.L. 21,80 46,791 68,591 PAYMACOTAS, S.A.U. 28,50 40,009 68,509 INZAMAC ASISTENCIA TÉCNICA, S.A. 24,50 41,507 66,007 QUALIBERICA, S.L. 28,70 35,563 64,263 GRUPO AZIERTA INGENIERA 21,80 40,847 62,647 INCOSA, S.A. 23,40 39,119 62,519 APPLUS NORCONTROL, S.L.U. 24,70 36,452 61,152 GRUPO MGO, S.A. 24,80 33,340 58,14 SGS TECNOS, S.A. 24,30 33,785 58,085 INGENIERIA Y PREVENCIÓN DE RIESGOS, S.L. 20,30 33,785 54,085 EUROCONTROL, S.A. 20,20 29,340 49,54 PRENOR 21,40 26,850 48,25 Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras da Deputación de Pontevedra, á empresa Atenea, Seguridad y Medio Ambiente, S.A. (A-82.876.905), polo orzamento de execución material de cada proxecto 0,50%, IVE incluído. Segundo.- Conceder ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía de 15.000,00 € na caixa da Deputación. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de oitenta e nove euros con noventa céntimos en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo á aplicación non orzamentaria 419.10 (099.143). Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 14.18572.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DUNHA VARREDORA PARA O CONCELLO DA ESTRADA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 4 de agosto de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dunha varredora para o Concello da Estrada, por un importe global de 121.800,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dunha varredora para o Concello da Estrada, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 154 de data 12 de agosto de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 30 de agosto de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas e empresarios, Baygar, S.L.; Ramón Lois Simáns; Darlim, S.L.; Ros Roca, S.A.; Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT) e Sevetra, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dunha varredora para o Concello da Estrada, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 20 de setembro de 2010, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dunha varredora para o Concello da Estrada. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de setembro de 2010, tras dar a coñecer a eliminación das empresas, Darlim, S.L.; Ros Roca, S.A.; Sevetra, S.L. e Baygar, S.L., procedeu á apertura do Sobre “C”, presentado polo empresario, Ramón Lois Simáns e pola empresa, Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT), correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Prazo RAMÓN LOIS SIMÁNS 31,720 Puntos 0,766 Puntos 5,081 Puntos 37,567 Puntos SISTEMAS Y VEHÍCULOS DE ALTA TECNOLOGÍA, S.A. (SVAT) 50,000 Puntos 7,409 Puntos 10,000 Puntos 67,409 Puntos BAYGAR, S.L. 9,220 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. DARLIM, S.L. ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (59,8 KW) e Euro 4. ROS ROCA, S.A. ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (84 CV) SEVETRA, S.L. ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (80 CV) Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT) (A-80955537), a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta a Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT) (C.I.F. A-80955537), o contrato para efectuar a subministración dunha máquina varredora para o Concello da Estrada, polo prezo global de cento dezasete mil oitocentos oitenta e dous euros (117.882,00 €), IVE incluído, de acordo á seguinte desagregación: A) Prezo do contrato 99.900,00 euros. B) IVE (18%) 17.982,00 euros. C) Total (A +B) 117.882,00 euros. 2. Conceder á empresa, Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT), un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 4.995,00 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez recibida a máquina varredora, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, do vixente orzamento provincial. 4. A empresa, Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT), como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 139,50 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 15.18573.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DUNHA VARREDORA PARA O CONCELLO DE CALDAS DE REIS A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 4 de agosto de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dunha varredora de rúas para o Concello de Caldas de Reis, por un importe global de 143.724,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dunha varredora de rúas para o Concello de Caldas de Reis, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 154 de data 12 de agosto de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 30 de agosto de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas e empresarios, Baygar, S.L.; Ramón Lois Simáns; Darlim, S.L.; Ros Roca, S.A.; Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT) e Sevetra, S.L Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dunha varredora de rúas para o Concello de Caldas de Reis, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 20 de setembro de 2010, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dunha varredora de rúas para o Concello de Caldas de Reis. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de setembro de 2010, tras dar a coñecer a eliminación das empresas e empresarios, Ramón Lois Simáns; Darlim, S.L.; Ros Roca, S.A. e Sistemas y Vehículos de Alta Tecnología, S.A. (SVAT) e Sevetra, S.L., procedeu á apertura do Sobre “C”, presentada por Baygar, S.L., correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES SOBRE “B” SOBRE “C” TOTAL Oferta económica Prazo BAYGAR, S.L.. 30,500 Puntos 0,000 Puntos 10,00 Puntos 40,500 Puntos RAMÓN LOIS SIMÁNS ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (98 CV) DARLIM, S.L. ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente ás dimensións do chasis. ROS ROCA, S.A. ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (84 CV) SISTEMAS Y VEHÍCULOS DE ALTA TECNOLOGÍA, S.A. (SVAT) ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (98 CV) SEVETRA, S.L. ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente á potencia (84 CV) Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Baygar, S.L., a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta a Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente á empresa, Baygar, S.L. (C.I.F. 12.019.659 B-12.019.659), o contrato para efectuar a subministración dunha máquina varredora de rúas para o Concello de Caldas de Reis, polo prezo global de cento corenta e tres mil setecentos vinte e catro euros (143.724, 00 €), IVE incluído, de acordo ó seguinte desagregación: A) Prezo do contrato 121.800,00 euros. B) IVE (18%) 21.924,00 euros. C) Total (A +B) 143.724,00 euros. 2. Conceder á empresa, Baygar, S.L., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 6.090,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez recepcionada a máquina varredora, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, do vixente orzamento provincial. 4. A empresa, Baygar, S.L., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 137,95 € na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 16.18574.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATAR A OBRA: “CONSTRUCIÓN DE TANATORIO EN RIBADUMIA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 14 de xullo de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Construción de Tanatorio (Ribadumia)”, con orzamento de 341.973,81 €, máis a cantidade de 61.555,28 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 20 de agosto de 2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 24 de agosto de 2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres “B”, remitíndose ao Servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 20 de setembro de 2010, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de Construcciones Abal, S.A., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL CONSTRUCCIONES Y CANALIZACIONES SALNES, S.L. 30,10 38,585 68,685 CONSTRUCCIONES OUTON, S.L. 31,33 21,171 52,501 OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 33,62 37,956 71,576 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 33,15 43,619 76,769 RENI SERVICIOS INTEGRALES 30,01 30,056 60,066 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,90 48,190 80,090 BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. 32,75 30,163 62,913 NAROM, S.L. 34,60 33,781 68,381 COPCISA 36,00 27,406 63,406 ORECO, S.A. 37,21 29,881 67,091 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 32,16 33,618 65,778 TERRAUGA 31,29 37,692 68,982 Resultando que por Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., remítese escrito en que pon de manifesto que debido a que dende a data de licitación o seu departamento de edificación comprometeuse á execución de varias obras, o que impediría cumprir co prazo de execución ofertado na súa proposición, polo que solicita acéptese a renuncia á súa proposta. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia á proposta formulada por Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 2. Adxudicar provisionalmente a Construcciones Abal, S.A. a obra de “Construción de Tanatorio (Ribadumia)” na suma de 260.062,71 € máis 46.811,29 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de cinco meses, diversas melloras valoradas en 20.350,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade, que acada a máxima puntuación unha vez ponderadas as ofertas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións que rexeu no procedemento de contratación da obra. 3. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 103,85 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 17.18575.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚMERO 16 DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODADURA NA E.P. 9201 SANXENXO – BORDÓNS – ESTRADA SAMIEIRA (SANXENXO)” E DA CERTIFICACIÓN Nº 1 DA OBRA “PAVIMENTACION DE DIVERSOS CAMIÑOS EN SANXENXO” PID 09/00608/2009002442 Vista a certificación nº 16 relativa as obras do proxecto “Mellora de trazado e capa de rodadura na E.P. 9201 Sanxenxo–Bordóns–Estrada Samieira (Sanxenxo)” e a certificación nº 1 da obra “Pavimentación de diversos camiños en Cambados” PID 09/00608/2009002442 adxudicadas no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., vistos os informes favorables do Servizo de Intervención e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: - Certificación nº 16 “Mellora de trazado e Capa de rodadura na E.P. 9201 Sanxenxo–Bordóns – Estrada Samieira (Sanxenxo)”: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/922.342.652.09.2008 (Deputación) 262.696,64 € SUBTOTAL ………. 262.696.64 € Dirección de obra (4%) 7.483,17 € Control de Calidade (3%) 5.612,38 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.346,97 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 248.254,12 € - Certificación nº 1 “Pavimentación de diversos camiños en Cambados” PID 09/00608/2009002442: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/922.342.652.09.2008 (Deputación) 209.591,92 € SUBTOTAL ………. 209.591.92 € Dirección de obra (4%) 5.970,43 € Control de Calidade (3%) 2.238,91 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.074,68 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 200.307,90 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 18.18576.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Planitec, S.L. A empresa Planitec, S.L. (CIF B- 36.621.050), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que proceden as devolucións das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dez mil euros (10.000,00 €), para responder do contrato relativo á “Subministración de material de oficina para a Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos”, adxudicada pola Xunta de Goberno de 18/07/08, que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800074834, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa SIGNO, sistemas de información xeográfica e cartográfica dixital, S.L. A empresa Signo, sistemas de información xeográfica e cartográfica dixital, S.L. (CIF B- 15.868.359), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de catro mil cincocentos setenta e dous euros con cincuenta céntimos (4.572,50 €), para responder do contrato relativo á “Elaboración dun sistema de xestión cartográfica de infraestruturas, recursos e información socioeconómica para a provincia de Pontevedra a partir da enquisa de infraestruturas”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/12/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800107272, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa UTE Cotesa, S.A.-Signo, S.L. A UTE COTESA, S.A.- Signo, S.L. (CIF G- 47.618.442), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil oitocentos cincuenta e dous euros con setenta e catro céntimos (3.852,74 €), para responder do contrato relativo á “Desenvolvemento e implantación dun sistema de información territorial baseado no SIG Geopista”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/12/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700101689, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 19.18577.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 3.18262 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 2/06/10, RELATIVO Á DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno referente a devolución de garantías definitivas á empresa Claro Sol, S.A. para responder do contrato “Prórroga do contrato do servizo de limpeza do Pazo Provincial adxudicado pola Xunta de Goberno do 27/05/2007”, detectouse un erro tipográfico. Considerando que o artigo 105.2 de la Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 2 de xuño de 2010 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa Claro Sol, S.A.: Onde di: “A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de oito mil trescentos setenta e oito euros con vinte céntimos (8.378,20 €), para responder do contrato relativo á “Prórroga do contrato do servizo de limpeza do Pazo Provincial adxudicado pola Xunta de Goberno do 27/05/2007” que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700081027” Debe dicir: “A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de cento tres euros con trinta e tres céntimos (103,33 €), para responder do contrato relativo á “Prórroga do contrato do servizo de limpeza do Pazo Provincial adxudicado pola Xunta de Goberno do 27/05/2007”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700081027” 20.18578.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición