Fondos
4. Doazóns e cesións
-
1.188/9. Copia da doazón que fixo Fernando Bermúdez de Castro a Diego López de Castro, seu fillo
-
1.303/7. Copia da escritura de cesión que fixo en 1631 Gregorio Pérez a favor de Alberto do Mouzo
-
1.186/32. Instancia de D. Juan José Caamaño para que se lle faga copia dunha doazón
-
1.186/55. Doazón da Condesa de Lemos, monxa novicia, a favor de Diego de Losada y Quiroga
-
1.191/91. Copia de dúas cartas de doazón de beneficios curatos da Casa de Codesido
-
1.193/23. Dúas escrituras de posesión feitas a favor do licenciado Caamaño
-
1.208/16. Escrituras de cesión e venda de terreos feitas por Alberto Rodríguez a Beatriz de Ulloa
-
1.245/39. Copia sinxela da cesión que outorgou o Capitán Ruy Pérez a favor de Aldonza de Castro
-
1.255/19. Copia orixinal da carta de cesión de bens de Teresa Vieitez a Pedro Vieitez
-
1.263/16. Escritura de doazón outorgada por María de Ramos a favor dasúa neta
Doazóns e cesións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..1.1.4
Título Doazóns e cesións
Data(s) 1542-1814 (Creación) 1542-00-00 - 1808-00-00 (Produción)
Volume e soporte 30 unidades de instalación con 66 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Caamaño(S.XIV-S.XIX) A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación sobre transmisión de propiedades mediante doazóns ou cesións, nun amplo período cronolóxico e en varias zonas.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema) (Creador)