ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.386
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PORTAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36040.AXP.POR.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PORTAS

  • Data(s) 1840-2017 (Creación) 1840 - 2017-03-10 (Produción)

  • Volume e soporte 69 libros do rexistro civil e 115 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Portas(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Portas no ano 1870 con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Caldas de Reis dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Portas

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 14 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 13 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1998, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. A incorporación documental de 2008 levouna a cabo Mónica Núñez Carro, no 2010 María Lede Pérez e no 2017 Mª Sonia Novoa Novoa.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1840, criminal dende 1879 e gobernativa dende 1863, ou de eleccións dende 1888. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 2005-2006 1
    1.2. NACEMENTOS 1871-2010 39
    1.3. MATRIMONIOS 1871-2010 27
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2009 37
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1909-1960 1
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1892-1953 1
    1.7. NACIONALIDADE 1958-2006 3
    
    2. XULGADO
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1880-2005 18
    2.2.ASUNTOS CIVÍS 1840-2003 37
    2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1879-2009 16
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1863-1992 13
    2.5. ELECCIÓNS 1888-1982 5
    2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1985 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Portas, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

Área de control da descrición