ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.386
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VALGA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36056.AXP.VAL.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VALGA

  • Data(s) 1862-2002 (Creación) 1862-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 139 libros do rexistro civil e 68 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 337 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Valga(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Valga no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo, en 1983, no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988, coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis, volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Catoira e Pontecesures.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Valga

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 40 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 10 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1945, criminal dende 1980 e gobernativa dende 1960, ou de eleccións dende 1989. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1961-2000 2
    1.2. NACEMENTOS 1872-2001 74
    1.3. MATRIMONIOS 1877-2002 35
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 47
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1965-2001 1
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA
    1.7. NACIONALIDADE 1985-2002 1
    1.8. LIBROS DE FAMILIA 1940-1998 2
    
    2. XULGADO
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1928-2002 14
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1945-2001 5
    2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1980-2001 1
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1960-2002 14
    2.5. ELECCIÓNS 1989-2001 2
    2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1980-1989 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Valga, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

Área de control da descrición