Fondos
Proxecto "Natureza Viva II"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.44
Título Proxecto "Natureza Viva II"
Data(s) 2006-2009 (Creación)
Volume e soporte 1 Unidade de instalación.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O proxecto NAVI II, preséntase dentro da convocatoria do obxectivo de cooperación territorial do programa operativo de cooperación territorial do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal, 2007-2013 (POCTEP). O obxectivo do proxecto é a creación dun albergue temático sobre medioambiente en Bembrive-Vigo: a construcción dun auditorio natural en Corujo-Vigo; a valorización dos espacios naturais do parque e miradores de Vilanova de Cerveira; ofertar un espacio de intercambio de experiencias transfronteirizas no sector do medioambiente e o descanso; o fomento e o desenvolvemento do monte periurbano vigués e de Vilanova de Cerveira.
Aumentar a competitividade do sector e zonas forestais da Unión Europea.
Valorizar as zonas forestais para darlle un maior grado de protección, e contribuir a un maior grado de calidade medioambiental.
Promover con experiencias conxuntas a comunicación e coordinación entre fronteiras.
Fomentar a cooperación entre propietarios de bosques e promover a educación e a formación en materia de bosques.
Calquera proxecto de desenrolo e potenciación medioambiental como este contribuirá a minimizar os efectos do cambio climático obxectivo esencial da Unión Europea.
Fomentar a educación e información medioambiental.
Manter e potenciar as funcións de protección dos bosques.
Explorar o potencial dos bosques urbanos e periurbanos
Reforzar a coordinación entre ámbitos políticos en asuntos relacionados cos bosques.
Socios:
Xefe de fila: Deputación de Pontevedra.
Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira- Portugal
Mancomunidade de Montes de Vigo.
Presuposto: 2.475.794,00 euros.
Proxecto DENEGADO.
Ãrea de notas
Nota