ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.409
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente do recurso contencioso - administrativo nº 234/2013 (2013-2015)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF001.F0002.SF025.S0228.2.514/1

  • Título Expediente do recurso contencioso - administrativo nº 234/2013 (2013-2015)

  • Data(s) 2013-2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente do recurso contencioso - administrativo nº 234/2013 ante o Xulgado Contencioso - Administrativo nº 1 de Pontevedra presentado por incumprimento do concello do disposto no decreto da Alcaldía de 19/01/2012 para a demolición dun muro construido por María Teresa Rivas Fraga en Cutián, nº 16 - San Xurxo de Sacos. Denunciante: Concepción Larriba Quiroga. Denunciado: Concello de Cotobade. * Sentenza nº 166/2014. * Apelada polo Concello de Cotobade: Recurso de apelación nº 40003/2015 ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sentenza nº 321/2015.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición