ARQUIVO MUNICIPAL DE BAIONA
 Arquivo municipal de Baiona
  Rúa Lorenzo Carrera, 17. 36300 Baiona
 986 385 050 - Fax: 986 357 474
 Responsable: Delia Pérez Garbín
 Nº unidades de instalación: 5.690
 Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 39.211
 Organización inicial: 1981-1982
 Reincorporacións documentais: 1994,2002,2005,2012-2013,2016
 Reorganización (novo cadro): 2002
 Informatización instrumentos descrición: 2002
 Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024
 
  A casa do concello de Baiona atópase na casa de Correa, unha construción en pedra, de sólidos muros, distribuída en baixo e primeira planta, e cunha torre ameada. O edificio, construído posiblemente en 1759, foi adquirido para converterse na sede do Concello no ano 1942 e recentemente restaurado cunha ampla praza na súa fronte.
 
 O local destinado inicialmente a arquivo,  cunha superficie total superior aos 76 m2, sitúase na ala esquerda da edificación, e distribúese en tres plantas intercomunicadas entre si por unha escaleira metálica,. Este espazo conta con boas condicións de habitabilidade, instalacións e equipamentos suficientes para a súa finalidade.
 
 A capacidade insuficiente e o elevado volume documental que xera o Concello obrigou a adecuar un novo espazo na planta baixa, nunha sala cadrada de 38 m2, comunicada coas anteriores por unha escaleira interior de pedra.
 
 Recentemente habilitouse unha nova sala de arquivo na planta baixa do edificio da biblioteca municipal, á que trasladaron a documentación histórica e as 2.503 primeiras unidades de instalación.
  
 
  
  
  
  
  
 