ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Baiona

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36003.AM.BAI

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Baiona

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Baiona

Área de contacto

Arquivo municipal de Baiona

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Lorenzo Carrera, nº 17 Localidade Baiona Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36300

María Luz de la Iglesia López

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Lorenzo Carrera, nº 17 Localidade Baiona Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36300

José Manuel Pousa Rodríguez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Lorenzo Carrera, nº 17 Localidade Baiona Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36300

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela. A casa do concello de Baiona atópase na “Casa de Correa”, unha construcción en pedra, de sólidos muros, distribuída en baixo e planta, prolongada lateralmente cunha terraza ameada. O edificio, construído ó parecer en 1759, foi adquirido para sede do Concello no ano 1942 e recentemente restaurado cunha ampla praza na súa fronte. O local inicialmente dedicado a arquivo, situábase na ala esquerda da edificación, distriuido en tres plantas intercomunicadas entre si por escaleira metálica, cunha superficie total superior ós setenta e seis metros cadrados. Conta este espacio con boas condicións de habitabilidade, instalacións e equipamentos suficientes para a súa finalidade. A insuficiencia da súa capacidade e o elevado volume documental que xera o Concello obrigou a habilitar un novo espazo na pranta baixa, nunha sá cadrada de trinta e oito metros cadradados, intercomunicada coas anteriores por unha escaleira interior de pedra. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1981-1982, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local nos anos 1994, 2002, 2005, 2007, 2010 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Olga Castañeda Rodríguez Jacobo Domínguez Pedreira Antonio López Bodaño Marcos Meijueiro Rey Concepción Melero Fenández Jaime Moiño Vaamonde Lara María Moldes González Carmen Pérez Larrán María torres Hermida Teresa Túñez Landín Iñaki Varela Pérez María del Carmen Martín Regueira Iria Chaves Moledo Alberto Aramburu García-Pintos Alfonso Gómez Martín María del Carmen Fariña Fernández María Lede Pérez Carla Muñoz López Aída María Pérez Martínez Javier López Sáez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Baiona, situado na costa atlántica, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós trinta e un quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas actuais cinco parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa, nas que residen máis de dez mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Baiona -Rúa Lorenzo Carrera, 17. 36300 Baiona

  • Fondos *Arquivo municipal de Baiona *Arquivo histórico de Baiona

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario archivo municipal de Baiona”.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 3- D.L. PO-72-88 ISBN: 84-86845-04-1 “Inventario arquivo do concello de Baiona”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 53 .- D.L. PO-384-03 ISBN: 84-8457-167-X "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 *”Baiona de Miñor en sus documentos: actas municipales correspondientes al. siglo XVI”"/ José García Oro, María José Portela Silva.- Pontevedra: Deputación, 2003.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos