ATOPO
Rexistros actuais: 1.651.505
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.980

Publicación da memoria anual do Arquivo da Deputación.


02 de Fevereiro de 2026 Arquivos
arquivo

Como ven sendo habitual, a principios de ano toca facer balance, e no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico publícase a memoria anual do Arquivo, na que se reflicten a maioría de traballos e actividades desenvoltas durante o exercicio anterior.

Un dos datos máis significativos son as transferencias de fondos desde os distintos servizos, recibíndose 600 caixas, que son 139 máis que no ano anterior. O total de caixas instaladas nos depósitos o ano pasado é de 581, quedando o volume total a 31 de decembro de 2025 con 45.720 unidades.

En canto as consultas de información, 106 foron presenciais e 295 por correo electrónico ou telefónicas, o que tamén representa un incremento da actividade en 18 novas consultas respecto o exercicio anterior cunha suma total de 401 indagacións. Estes datos confirman a maior difusión do metabuscador Atopo e da páxina web do arquivo.

Como pode verse na memoria, no Arquivo desenvolvéronse outras moitas tarefas e actividades, como as visitas guiadas, catalogación e difusión de fondos de varios arquivos, asistencias técnicas aos concellos en materia de arquivos, presentación de libros ou o expurgo de documentación.