ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Xornadas En Loita contra a Impunidade

12 de setembro de 2020

2019

A Deputación de Pontevedra organizou unhas xornadas de memoria histórica centradas na loita contra a impunidade, un dos eixes das políticas de memoria do novo mandato, co obxectivo de apoiar e facilitarlles ás familias das vítimas o seu dereito á xustiza e á reparación e de poñelas en contacto con representantes da Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina (CeaQua). Esta interpúxose, debido á dificultade de actuación nos xulgados españois, ante un xulgado penal de Arxentina polos delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos en España durante a Ditadura franquista entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977, en virtude do principio de xustiza universal.

As xornadas iniciáronse cun acto informativo a cargo dos avogados de CeaQua Jacinto Lara e Paloma García, da súa persoa de contacto en Galicia, Jana Calero, e do loitador antifranquista e querelante Chato Galante, que explicaron o que teñen que facer as familias galegas para adherirse á causa xudicial arxentina ou presentar unha querela individual. Así mesmo, abordáronse exemplos sobre algúns casos concretos, como o de Galante ou o de Miguel Ángel Gómez, ambos os querelantes contra Billy el Niño. Unha vez finalizado o acto informativo, proxectouse o documental El silencio de otros, unha peza protagonizada por Chato Galante e dirixida por Almudena Carracedo e Robert Bahar na que se tratan a posguerra española e a loita silenciada das vítimas do longo réxime de Franco, que aínda hoxe continúan buscando xustiza. Filmouse ao longo de seis anos e segue as vítimas e as e os sobreviventes do réxime a medida que van organizando a denominada "querela arxentina" e confrontan un "pacto do esquecemento" sobre os crimes que padeceron. Esta obra foi galardoada en 2018 co Goya ao Mellor Documental; co Premio do Público ao Mellor Documental no Festival de Berlín; nos Premios Forqué; e nos Premios Platino. Ademais, foi nomeado nos Premios do Cinema Europeo e noutros certames.

2020

A Deputación puxo en marcha a segunda edición das Xornadas contra a Impunidade no mes de setembro, nun contexto marcado pola pandemia, nesta ocasión baixo o título "A transición. Outro discurso é posíbel", co obxectivo de analizar como se pasou da Ditadura á democracia no 78 cun discurso pactado, homoxéneo e acrítico coas institucións e cos organismos implicados, poñendo de manifesto os seus defectos e erros.

Programa

https://web.depo.gal/web/edepo/-/noticia-a-transicion-do-discurso-pactado-e-dulcificado-a-critica-ao-consenso-imposto

https://web.depo.gal/web/edepo/-/noticia-justa-montero-a-seguir-coa-culler-sempre-en-alto