ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

ARQUIVO DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Identificación

Avenida de García Barbón, núm. 5

36201 Vigo

Teléfono: 986 22 80 88, ext. 4077

Correo electrónico:  biblioteca.emao@vigo.org

URL:  https://hoxe.vigo.org/movemonos/bb_emao.php?lang=gal#/

Datos básicos

O Arquivo da escola está integrado na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo que depende da Área Municipal de Educación da Concellería de Educación do Concello de Vigo.

As dependencias do arquivo encóntranse situadas en dous espazos, un deles no depósito da biblioteca, e outro na sala multiúsos do primeiro andar. Conta cunha superficie total de 102 metros lineais de estantes aproximadamente. Pódense realizar consultas na sala de lectura da biblioteca.

O Arquivo Histórico da escola ocupa unha superficie de case 64 metros lineais, que aínda está por organizar; con todo, pódese afirmar que a maioría da documentación é de carácter económico (expedientes de contabilidade) e administrativo (inscricións, matrículas, expedientes do alumnado e do persoal, memorias anuais, regulamentos, plans de estudos etc.)

Consulta externa

Acceso libre e gratuíto para toda a cidadanía previa solicitude

Horario de atención ao público

De outubro a xuño

Mañás

  • Mércores e venres: de 9.00 a 12.30 h
  • Martes e xoves: de 9.00 a 13.00 h

Tardes

  • Luns a xoves: de 16.30 a 20.30 h
  • Venres: de 16.30 a 19.30 h

Xullo e setembro

Mañás de 9 a 14 h (en setembro ata o inicio das clases)

Mapa