ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.691
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.529

A Comisión Xestora provincial

 A Comisión Xestora foi, entre 1931 e 1949, o órgano colexiado das deputacións provinciais encargado de exercer as competencias desta institución. Foi creada mediante o Decreto de 21 de abril de 1931 do Goberno Provisional da Segunda República como unha fórmula de vixencia transitoria para garantir a dirección dos servizos e os intereses provinciais. Non obstante, esta transitoriedade duraría case dúas décadas debido á imposibilidade ou incapacidade por parte do réxime republicano de aprobar unha nova lexislación no que respecta a estas institucións provinciais, subsistindo durante a primeira década da ditadura franquista ata a aprobación da Lei de bases do réxime local de 1945. Xa que logo, podemos observar a existencia de dous períodos diferenciados durante a súa existencia: o período democrático da Segunda República ata 1936 e a etapa da ditadura franquista desde ese ano ata 1949.

Durante o primeiro período, a Comisión Xestora estaría regulada polos Decretos de 21 de abril e 2 de maio de 1931, que adquirirían rango de lei mediante a aprobación da Lei de 15 de setembro dese mesmo ano. Estes decretos regulaban a creación e composición do órgano mediante a libre designación gobernativa do seus membros de entre os rexedores municipais e as organizacións corporativas coma o Colexio de Avogados e a Cámara de Comercio. Posteriormente, o Decreto de 25 de setembro de 1933 establecía novos requisitos para a execución destas designacións. Os nomeamentos podíanse realizar cando existisen deputados designados sen axustarse aos requisitos dos anteriores decretos ou existisen vacantes que cubrir. Ademais, ampliaba a posibilidade de designación a aqueles individuos que exercesen o cargo de deputado ou concelleiro como consecuencia do sufraxio popular. Finalmente, mediante o Decreto de 4 de xaneiro de 1934 procedeuse a sancionar a modificación dos membros das corporacións provinciais sen alterar a súa normativa e regulamentación.

No período franquista aprobaranse as Instrucións do 5 de outubro de 1936 e a Orde de 20 de outubro de 1937, que regularían a composición deste órgano ata a súa definitiva desaparición tras os comicios corporativos de 1949, de conformidade coa nova Lei de bases do réxime local.

  • libros de actas
    A COMISIÓN XESTORA A TRAVÉS DAS FONTES DOCUMENTAIS. OS LIBROS DE ACTAS
  • libros de acordos
    A COMISIÓN XESTORA A TRAVÉS DAS FONTES DOCUMENTAIS. OS LIBROS DE ACORDO
  • Expedientes e rexistros
    A COMISIÓN XESTORA A TRAVÉS DAS FONTES DOCUMENTAIS. EXPEDIENTES E REXISTROS
  • A INSTAURACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA E O COMITÉ PROVISIONAL PROVINCIAL
    A INSTAURACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA E O COMITÉ PROVISIONAL PROVINCIAL
  • O DECRETO DE 21 DE ABRIL E A CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN XESTORA
    O DECRETO DE 21 DE ABRIL E A CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN XESTORA
  • O DECRETO DE 2 DE MAIO E A AMPLIACIÓN DA COMISIÓN XESTORA
    O DECRETO DE 2 DE MAIO E A AMPLIACIÓN DA COMISIÓN XESTORA
  • A COMISIÓN XESTORA DURANTE O BIENIO REFORMISTA
    A COMISIÓN XESTORA DURANTE O BIENIO REFORMISTA
  • AS ELECCIÓNS DE 1933: O CAMBIO RADICAL
    AS ELECCIÓNS DE 1933: O CAMBIO RADICAL
  • A COMISIÓN XESTORA ANTE A OPERACIÓN CENTRISTA DE PORTELA VALLADARES
    A COMISIÓN XESTORA ANTE A OPERACIÓN CENTRISTA DE PORTELA VALLADARES
  • A FRONTE POPULAR E A ÚLTIMA COMISIÓN XESTORA REPUBLICANA
    A FRONTE POPULAR E A ÚLTIMA COMISIÓN XESTORA REPUBLICANA
  • A DEMOCRACIA TRAICIONADA: O GOLPE MILITAR E O DELEGADO-PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
    A DEMOCRACIA TRAICIONADA: O GOLPE MILITAR E O DELEGADO-PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
  • AS INSTRUCIÓNS DE 5 DE OUTUBRO E A NOVA COMISIÓN XESTORA
    AS INSTRUCIÓNS DE 5 DE OUTUBRO E A NOVA COMISIÓN XESTORA
  • A INSTITUCIONALIZACIÓN DO NOVO RÉXIME TOTALITARIO
    A INSTITUCIONALIZACIÓN DO NOVO RÉXIME TOTALITARIO
  • A FIN DA GUERRA E A REGULARIZACIÓN ADMINISTRATIVA
    A FIN DA GUERRA E A REGULARIZACIÓN ADMINISTRATIVA
  • A FASCISTIZACIÓN E A HEXEMONÍA NACIONAL SINDICALISTA
    A FASCISTIZACIÓN E A HEXEMONÍA NACIONAL SINDICALISTA
  • A LEI DE BASES DO RÉXIME LOCAL DE 1945 E A DESAPARICIÓN DA COMISIÓN XESTORA
    A LEI DE BASES DO RÉXIME LOCAL DE 1945 E A DESAPARICIÓN DA COMISIÓN XESTORA

Presidentes da Comisión Xestora durante a Segunda República

Presidentes da Comisión Xestora durante o franquismo

LEXISLACIÓN

  • Lei provincial de 2 de outubro de 1877 [Gaceta de Madrid núm. 277, do 4 de outubro de 1877]
  • Lei orgánica provincial de 29 de agosto de 1882 [Gaceta de Madrid núm. 244, do 1 de setembro de 1882]
  • Real decreto de 20 de marzo de 1925, no que se aproba o Estatuto provincial [Gaceta de Madrid núm. 80, do 21 de marzo de 1925]
  • Decreto de 21 de abril de 1931, no que se dispón que o gobernador civil de cada provincia proceda ao nomeamento dunha comisión xestora para facerse cargo, con carácter interino, da administración das respectivas deputacións [Gaceta de Madrid núm. 112, do 22 de abril de 1931]
  • Decreto de 2 de maio de 1931, no que se declara que cando non cheguen a tres os deputados provinciais en representación do distrito da capital poderán ampliarse ata ese número, se así o solicita a Comisión Xestora da Deputación e o gobernador estima xustificada e convinte a mencionada medida [Gaceta de Madrid núm. 123, do 3 de maio de 1931]
  • Decreto de 16 de xuño de 1931, no que se derrogan, anulan, estiman reducidos ao rango de preceptos meramente regulamentarios, e se declaran subsistentes os reais decretos e reais ordes que se mencionan [Gaceta de Madrid núm. 168, do 17 de xuño 1931]
  • Lei de 15 de setembro de 1931, na que se declaran leis da República os decretos que se insiren, expedidos por este Ministerio —Gobernación— [Gaceta de Madrid núm. 260, do 17 de setembro de 1931]
  • Decreto de 25 de setembro de 1933, polo que se dispón que as comisións xestoras sigan formadas con igual número de vogais que o sinalado no Decreto lei de 21 de abril de 1931 [Gaceta de Madrid núm. 269, do 26 de setembro de 1933]
  • Decreto de 4 de xaneiro de 1934, no que se dispón que o gobernador civil de cada provincia proceda a reorganizar a Comisión Xestora [Gaceta de Madrid núm. 6, do 6 de xaneiro de 1934]
  • Instrucións de 5 de outubro de 1936 para o desenvolvemento dos cometidos asignados ao gobernador xeral polo artigo 3.º da Lei de 1.º de outubro último [Boletín Oficial do Estado núm. 2, do 6 de outubro de 1936]
  • Orde de 30 de outubro de 1937, regras para a organización das corporacións municipais e provinciais [Boletín Oficial do Estado núm. 379, do 3 de novembro de 1937]
  • Orde de 21 de xuño de 1939. Orde dando normas para o nomeamento de concelleiros [Boletín Oficial do Estado núm. 173, do 22 de xuño de 1939]
  • Lei de 17 de xullo de 1945, de bases do réxime local [Boletín Oficial do Estado núm. 199, de 18 de xullo de 1945]

ACCESO Á DOCUMENTACIÓN DA COMISIÓN XESTORA PROVINCIAL

Libro de actas da Comisión Xestora 1931-1949 20 libros Dixitalizado Acceso a ATOPO
Expedientes de sesións da Comisión Xestora 1934-1949 3 expedientes Sen dixitalizar Acceso a ATOPO
Libro de acordos da Comisión Xestora 1942-1948 4 libros Dixitalizado Acceso a ATOPO
Libro de rexistro de entrada da Comisión Xestora 1931-1938 4 libros Dixitalizado Acceso a ATOPO

PROCEDENCIA DAS FOTOGRAFÍAS

Portada: Pintos, Joaquín: autoridades civís e militares nun acto oficial na Deputación de Pontevedra (ca 1934-1935) [Arquivo do Museo de Pontevedra - Col. Pintos 2.2.3. (AG 087236)]

Páxina web da Deputación: https://www.depo.gal/presidencias

Fichas de deputados provinciais: ADP 24.908/18

Pereira Martínez, Carlos (2004): "A Familia Poza: un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" en Anuario Brigantino, núm. 27, pp. 265-312

Lama, José María (2015): "Castelao en Badajoz" en Boletín de la Real Academia de Extremadura de las Letras y las Artes, Tomo XXIII, pp. 125-182

Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2007): "O devalar da Restauración. A Ditadura e o tránsito á República" en Barreiro Fernández, Xosé Ramón e Villares Paz, Ramón: A gran historia de Galicia, Tomo XI, Volume 4, A Coruña, La Voz de Galicia

El Pueblo Gallego, 23-10-1935

Textos: Diego Gómez-Aller Andrés

Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

Atopo - Catálogo documental e bibliográfico