ATOPO
Registros actuales: 1.333.649
Objetos digitales disponibles: 490.491

Gota de Leite

Área de descrición

  • Datas de existencia 1931-1938

  • Historia Este organismo foi creado en agosto de 1931 con cargo ó orzamento da Deputación como anexo á Inclusa, coa que comparte instalacións. O seu obxectivo, de carácter benéfico- sanitario, é a prestación médica e o subministro de leite ós nenos de idade inferior ós catorce meses. O seu funcionamento comeza realmente no ano 1933 e dura ata 1934, data en que se decide a súa supresión polo escaso resultado obtido. Vólvese a abrir dous anos despois e en 1938 faise un convenio de cesión á Falange Española Tradicionalista y de las JONS, sección Auxilio Social, para manter aberta a institución e proporcionarlles leite ata os oito meses. Finalmente a Deputación convoca un concurso para a venda do material. Foi, por tanto, unha institución efémera, creada para evitar o alto risco de mortalidade infantil desta época.

  • Lugares Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)