ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Creador de

Felipe Paz Carbajal

Área de descrición

  • Datas de existencia 1850-1918

  • Historia Felipe Paz Carbajal naceu en Pontevedra faleció en Noia. A súa obra compositiva data de finais do XIX e principios do XX. Discípulo de José Carnicer, Lorenzo Castro, Antonio Licer, Isidro Fernández e José Gómez. Como director dirixiu numerosas bandas galegas: Banda do Hospicio de Pontevedra (foi nomeado director en 1868), Banda Popular de Pontevedra (a cal fundou en 1878), Banda de Música de Ponteareas (de 1912 a 1914), Banda de Música de Vilagarcía e Travanca (en 1892) e Banda de Música de Noia (desde 1890 e ata o seu falecemento en 1918). Tamén foi nomeado en 1894 organista da Catedral de Compostela polo cardeal-arcebispo de Santiago, José María Martín de Herrera. E en 1909 dirixiu desde a súa fundación o orfeón "La Aurora Noyesa" de Noia.

  • Lugares Pontevedra

Área de control da descrición