Creador de
Concello do Porriño
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2015
Historia O territorio do concello do Porriño sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na comarca da Louriña, dentro do espacio natural do Baixo Miño. Linda cos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós sesenta e un quilómetros cadrados, con cento trece entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias: Atios, San Salvador de Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros, nas que residen cáseque dezasete mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Vigo - O Porriño
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)