ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Xulgado de Bouzas

Área de descrición

  • Datas de existencia s. XVII-1904

  • Historia San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo que limita coas parroquias de Santa Baia de Alcabre e San Martiño de Coia, pertencendo ao arciprestado de Vigo-Polígono. Bouzas foi un concello independente con orixe na Idade Media, froito do enfrontamento entre o Arcebispado de Santiago e o Bispado de Tui. Este último promoveu o establecemento da vila mariñeira en contraposición aos dominios adquiridos polo Arcebispado de Santiago en Santa María de Vigo. En 1501 o bispo de Tui outorgoulle o “instrumento de liberdade franqueza (“foro”) no que se lle concedía unha primitiva organización política. Eclesiasticamente pertencía á freguesía de San Martiño de Coia pero en 1572 ordenouse a construción dunha ermida baixo a advocación de San Miguel de Bouzas. Dous anos máis tarde a ermida elévase a Igrexa parroquial e se segrega da freguesía de Coia. Xa na Idade Moderna, no Catastro de Ensenada (1749), aparece referida a xurisdición de Bouzas, pertencente ao bispado de Tui, composta por cinco parroquias: Bouzas, Coia, Beade, Bembrive e Coruxo. Esta xurisdición gozaba dun xuíz ordinario, un escribán e catro rexedores. Máis tarde, o 22 de outubro de 1778 Carlos III concede (ou confirma) o título e prerrogativa de “vila”. Coa chegada do Réxime Liberal no século XIX a vila de Bouzas seguiu gozando da súa independencia, esta vez como concello constitucional. Tanto a altura de 1813, como de 1820 e 1822 aparece citado o Concello de Bouzas. Finalmente, tras a división provincial de Javier de Burgos en 1833 e a aprobación do RD do 23 de xullo de 1835, estableceríase a nova planta dos concellos constitucionais da Provincia de Pontevedra. Nesta nova divisións territorial o municipio de Bouzas pasaría a ter nove parroquias: Bouzas, Coia, Alcabre, Comesaña, Matamá, Navia, Coruxo, Oia e Saiáns. Esta composición manteríase practicamente inalterada durante todo o século XIX a excepción dun breve lapso de tempo no que o Concello de Bouzas sería anexionado ao veciño municipio de Vigo durante a Revolución Gloriosa de 1868. Xa a finais do século XIX comezará a absorción definitiva do Concello de Bouzas por parte do Concello de Vigo. Serán os veciños de Matamá os primeiros en solicitar a segregación en 1898 sendo aprobada e consumada eno ano 1900 pasando a formar parte do Concello de Vigo. Pouco tempo despois serían os veciños de Coia os que solicitará a súa unión ao Concello de Vigo sendo confirmada en xullo de 1901. Finalmente, en 1904, o resto das parroquias do Concello de Bouzas serían agregadas ao Concello de Vigo mediante a Lei de 5 de xaneiro dese ano dando fin a sesenta e oito anos como municipio independente.

  • Lugares Galicia – Pontevedra – Comarca de Vigo - Bouzas

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)