Creador de
Concello de Vigo. Banda Municipal de Música
Área de descrición
Datas de existencia 1883-1993
Historia O antecedente da Banda Musical de Vigo encontrámolo na Banda do Hospicio, que desenvolverá a súa actividade entre xaneiro de 1878 e comezos do ano 1883. A súa desaparición supón a posta en marcha dunha nova agrupación, impulsada polo propio alcalde de Vigo, Jacobo Domínguez Iglesias, aínda que non terá carácter municipal até o ano 1898. En abril de 1883 créase unha comisión directiva, composta por Belarmino Landrove Mariño, José María Vázquez, Agustín Barros e Enríquez Paz, nomeado este último director da banda. En maio de 1883 o colectivo xa estaba plenamente constituído. En 1888 será nomeado director da Banda José Borrero Pérez, e a partir da municipalización da mesma estiveron ao ao seu cargo, como directores, Juan Serrano, Marcial Rodríguez Mariño, Wenceslao Menegón Miranda, Mónico García de la Parra y Tellez entre outros. Este último será nomeado en 1912 dentro do proceso de reorganización da Banda de Música, dando inicio a unha etapa de éxito musical e creativo. O declive da agrupación iniciarase en 1958, coincidindo coa partida do antedito, desaparecendo definitivamente a Banda Municipal de Música no ano 1993.
Lugares Galicia – Pontevedra - Vigo
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)