Creador de
Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Vigo. Número 1
Área de descrición
Datas de existencia 1835-
Historia A documentación dos Xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos Xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo, o ingreso dos documentos se producíu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o ano 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.
Lugares Pontevedra- Vigo