ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Concello de Covelo

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-2015

  • Historia O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda. Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns. Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca da Paradanta - Covelo

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)