ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.792
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Gobernador Civil-Pontevedra

Área de descrición

  • Datas de existencia 1833-

  • Historia O gobernador civil foi a autoridade política nas provincias en España a partir da creación destas por Javier de Burgos en 1833. Ten os seus antecedentes na figura dos xefes políticos como máxima autoridade provincial creado no artigo 324 da Constitución Española de 1812. Este cargo foi derrogado por Fernando VII en 1814, e restablecido durante o Trienio Liberal de 1820 a 1823. Foi creado por Real Decreto do 23 de outubro de 1833 en que se establece a figura de subdelegado de fomento, cuxas funcións versaban sobre agricultura, industria e comercio, minería, concellos, policía xeral, instrución pública, sociedades económicas, hospitais e establecementos benéficos, cárceres, irmandades e confrarías, bibliotecas, museos, teatros e espectáculos, caza, pesca, prevencións xerais, camiños, canles, etc. A estrutura administrativa era o subdelegado, un secretario, un oficial de primeira e outro de segunda, dúas de terceira e outros dous de cuarta e un porteiro. En1847 no Real Decreto do 29 de setembro vólveselle a denominar gobernador civil que é o que se mantivo até 1997 en que se creou a figura do subdelegado do goberno, para asignar a un por provincia. Ao longo destes anos producíronse varias modificacións legais que afectaban as responsabilidades do cargo. Así no Real Decreto do 14 de agosto de 1893 no que se suprimían as seccións de Fomento. En 1925 as súas funcións estaban establecidas na Administración Local e o Estatuto Provincial. O 10 de outubro de 1958 dotóuselles dun estatuto propio, outorgándolle ao cargo a máxima autoridade da provincia. O 14 de abril de 1997 desaparece para converterse en subdelegado do Goberno dependente do delegado do Goberno na comunidade autónoma.

  • Lugares

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)