ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Creador de

Concello de Cuntis

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836-

  • Historia O concello de Cuntis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis e Valga. Ocupa unha superficie superior ós setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Caldas - Cuntis

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)