Creador de
-
Expediente de solicitude de inclusión de obras municipais en plans de cooperación
-
Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
-
Taxas e prezos públicos. ORAL, xestión tributaria e catastral e direccións (2012)
-
Expedeinte de contratación de limpeza de vexetación na ponte Fernadela Riofrio
-
2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
-
Certificación de obras de enerxía no centro social. Informe de avaliación do edificio (2017)
-
Rexistro de actas de sesións das xuntas locais de beneficencia e asistencia social
-
Expediente de sesións das xuntas locais de agricultura, gandaría e montes
-
Expediente de solicitude de subvencións de desenvolvemento local e emprego
-
Rexistro da conta de valores independentes e auxiliares do presuposto
-
2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
Expediente de obras prestación persoal para a realización de obras públicas
-
Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía)
-
Parque eólico singular de Mondariz. Memoria Técnica (2004) (2004)
-
Padrón IBI rústica 2006- de Abad Espiñeira a Fragueiro Pino (1960-)
-
Expedientes de subvencións " Plan Móvese " para mellora da mobilidade nas estradas (2017)
Concello de Mondariz
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2015
Historia O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.
Lugares Galicia - Pontevedra - Modariz - O Condado
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)