Creador de
-
"Memoria sobre el origen de la carretera de Vigo a Castilla..."
-
Compilación de "La Numantina" de Francisco Mosquera de Barnuevo e outras
-
Recibos de pagamentos realizados por don Ramón Barros Alemparte e súa muller Cayetana Limeres.
-
Papeis que tratan da orixe de varias familias e da súa distinción e nobreza
-
Benito Varela Torres vende en poxa a leira de Cachizáns en S. Salvador de Saiáns
-
Venda de Cayetano de Redonde e Ambrosia do Souto a Benito Ramón Varela
-
Vendas a favor de María de Serbia para seu fillo Diego de Valenzuela
-
Venda de Juan de Faiar e María de Sabariz a Pedro Varela de Dubra
-
Venda de Alberte Ricoi e Juana de Follente a Pedro Varela de Dubra
-
Permuta de D. Benito Ramón Varela da leira de Liñares a Cayetano Blanco
-
Escritura de arrendamento de Dn. Gómez Varela Mariño de Lobera a Fernando de Lema
-
Escritura de arrendamento entre Benito R. Varela de Novoa e Silvestre Fandiño
-
Arrendamento de Gómez Varela Mariño de Lobera a Andrés Martínez
-
Venda de Pedro Fariña e Francisco Fariña a José Diego Varela de Verea Aguiar
-
Partillas de Benito Ramón Varela Verea e María Juana Sarmiento entre seus fillos
-
Memorial dos bens que adquiriu Andrés Camino de Marín con Juana do Casal
-
Memoriais que tratan sobre as pretensións de D. Gómez sobre os bens de Marín
-
Pareceres e preguntas sobre escrituras de herdanzas dos bens de Dominga Sánchez de Noboa
-
Escritura de obrigación entre Mencia González de Moscosso e Gomez Varela Mariño de Lobera
-
Respostas ante notario sobre a descendencia de Atanasio Casal e Maria Pardal
-
Foro dado por Gómez García Varela a María do Casal en Troáns
-
Vendas e foro da "Chousa da Codeseira da Raíña" en lugar de Goldriz
-
Foro feito por Juan de la Rúa a favor de Dna. Dominga Sánchez da "Agra de Vales"
-
Demanda por un foro entre Joseph del Varrio e Andrés Gil feito pola Marquesa da Fonte
-
Foro de Gonzalo Suárez a Gonzalo Boceta a herdade de Seixinal
-
Foro feito por D. Gómez Varela Mariño de Lobera a Juan de Arosa
-
Relación de bens de Antonio Bustelo, cura párroco de San Fix de Estacas
-
Memorial dos bens de Lorenzo Varela Sarmiento na freguesía de Arcos da Condesa
-
Memorial dos bens que ten Lorenzo Varela Sarmiento no Cª de Moraña, Caldas, Cuntis e Portas
-
Relación de bens de Benito Ramón Varela Verea na freguesía S. Lourenzo
-
Relación das propiedades de Lorenzo Varela Sarmiento na freguesía de S. Pedro de Rebón
-
Relación das débedas á casa da Buzaca feita por Benito Ramón Varela Verea y Aguiar
-
Escritura de préstamo feito por Lorenzo Varela Sarmiento a José Buceta
-
Memorial cobrador das rendas que percibe o señor D. Jacobo María Varela Sarmiento
-
Recibos de contribucións de José Novoa Varela e Juan Magariños
-
Documentos relativos á elección de José Diego Varela Noboa como 1º Xefe dun dos anacos de Peñaflor
-
Nomeamento de arcipreste do partido de Moraña ao cura párroco de San Fiz de Estacas
-
Notas sobre dereitos eclesiásticos do Arcebispado de Santiago e Bispado de Lugo
-
Documentación relativa ao beneficio curado de Santa María de Cosoirado
-
Documentos relativos ao Beneficio Curado de S. Mamede de Amil durante a reitoría de Pedro Velay
-
Testemuño do estado e recoñecemento formal da casa reitoral de San Pedro de Rebón
-
Fe en relación ao preito polo Padroado de San Martiño de Gargantáns e Moraña
-
Preito entre María Rosalía Verea y Aguiar e seu fillo Benito Ramón Varela
-
Expediente do preito entre D. Diego Varela e Esteban del Corral
-
Preito de Francisco do Bolo Gontad contra Benito Varela Mariño de Lobera
-
Memorial de bens raíces e débedas procedentes da herdanza do cura párroco Juan Lorenzo Verea
-
Preito de Antonio Calvalo Lamas contra Juan Lorenzo de Verea
Pazo da Buzaca. Familia Varela
Área de descrición
Datas de existencia S.XV-S.XX
Historia A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Lugares Buzaca- Moraña
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)