Creador de
-
Expediente de proxecto de saneamento no lugar de A Ponte (2010)
-
Expediente de obra de pozo de barrena no campo de fútbol de As Lombas (2007)
-
Expediente de cesión de uso e disfrute de parcelas na parroquia de Dimo (2009)
-
Licenzas de apertura de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas
-
Expediente de solicitude de subvencións de desenvolvemento local e emprego
-
3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
Concello de Catoira
Área de descrición
Datas de existencia 1836-2015
Historia O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Caldas - Catoira
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)