ATOPO
Rexistros actuais: 1.627.460
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.860

Delegación Provincial de Pontevedra. Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes

Área de descrición

  • Datas de existencia 1939-1984

  • Historia A Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes créase pola Lei do 10 de marzo de 1939 coa misión de controlar a política intervencionista do Estado en época de crise e loitar contra o mercado negro. Entre as súas funcións están tanto a obtención e adquisición de recursos coma a súa distribución “equitativa” entre todos os españois, o control de prezos, a taxación e intervención dos produtos que sexa necesario taxar e intervir, así como a fixación de diferentes tipos de racionamento e a proposta de importacións e exportacións de artigos necesarios para o abastecemento nacional que sexan precisos para suplir os déficits producidos no orzamento de abastecementos. Así mesmo, tiña encomendada a centralización das estatísticas de recursos e consumo. As delegacións provinciais, presididas polo gobernador civil tiñan como competencia nos primeiros anos asegurarlle o abastecemento á poboación de artigos de primeira necesidade. A recollida de abastecementos correspondíalle a un organismo supraprovincial, as comisarías de recursos de zona, formando parte Pontevedra da oitava xunto coa Coruña, Lugo e Ourense. Dentro desta regulamentación do consumo as funcións das delegacións provinciais van desde a formación de estatísticas ou a distribución, entre os distintos concellos, das cotas de artigos intervidos e as cartillas de racionamento á poboación, á inspección dos prezos oficiais taxados e dos transportes para o reparto das cotas asignadas. O remate do racionamento en 1953 suporá o inicio da decadencia da Comisaría, que vai perdendo competencias ata desaparecer en 1981, mentres que as delegacións provinciais continuaron, baixo a dependencia do S.E.N.P.A., dedicándose á compra, almacenamento e financiamento de produtos agrarios, así como á información sobre produción, distribución e consumo de alimentos, ata a súa completa desaparición en 1984 por unha reestruturación interna do S.E.N.P.A.

  • Lugares Galicia - Pontevedra

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)