Xunta Provincial de Pontevedra. Consello Superior de Protección de Menores
Área de descrición
Datas de existencia 1904-1986
Historia En 1904 regulaméntase, a nivel nacional a Obra de Protección de Menores co fin de facer fronte ós problemas dos menores abandonados e/ou desatendidos e con condutas sociais delictivas, dirixida desde o Ministerio de Xustiza polo Consello Superior de Protección de Menores, constituíndo unha das súas seccións a de Asistencia Social, que desenvolvía as súas tarefas a través das Xuntas de Protección de Menores. Leis posteriores aproban o texto refundido da lexislación de menores (Decreto do 2 de xullo de 1948) e modifican algúns dos seus artígos (Decreto 1480/1968, do 11 de xullo) concretándose a protección e especialmente a tutela de menores en: control sobre as amas de cría, coidado sobre a mendicidade e o traballo infantil, auxilio e asistencia ás nais, mellora das institucións de recollida e educación de nenos necesitados e fomento/creación de escolas. En 1948 o seu presidente nato é o gobernador civil, pero o efectivo é o presidente da Audiencia. Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas en 1986 pola Consellaría de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas pola Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
Lugares Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)