Delegación Provincial de Pontevedra. Instituto Nacional de Asistencia Social
Área de descrición
Datas de existencia 1974-1982
Historia As orixes desta organización atópanse no Auxilio de Inverno, fundado en outubro de 1936 pola que sería a súa delegada nacional, Mercedes Sanz. Co Decreto de Unificación do 19 de abril de 1937, polo que se crea FET y de las JONS, establécese a Delegación Nacional de Auxilio Social, para ocuparse das funcións benéficas, ademais da Delegación da Sección Feminina e a de Fronte e Hospitais. Mediante o Decreto do 17 de maio de 1940 polo que se dictan novas normas a Auxilio Social, defínese como unha entidade oficial, integrada na FET y de las JONS, encargada de cumprir, baixo o protectorado do Estado, as funcións benéficas e sociais a favor dos indixentes, orfos, pobres e infancia necesitada en xeral, creándose a tal fin establecementos de asistencia e formación. Correspóndelle ó Ministerio da Gobernación exercer o protectorado sobre Auxilio Social. As facultades de orde resolutoria radican no ministro e as consistentes na tramitación dos asuntos, propostas de acordos e execución das resolucións dictadas, na Dirección Xeral de Beneficencia e Obras Sociais. Na orde do seu funcionamento interno reviste a modalidade dunha Delegación Nacional de Servicios da FET y de las JONS, que, segundo o Decreto do 28 de novembro de 1941, está baixo o mando do vicesecretario de Obras Sociais, igual cá de Excombatentes, Excautivos e Sindicatos. No Decreto 1348/1962, do 14 de xuño, polo que se dá cumprimento ó disposto na disposición transitoria sexta da Lei de réxime xurídico das entidades estatais autónomas, do 26 de decembro de 1958, e se aproba a clasificación de ditas entidades, clasifícase como unha entidade estatal autónoma, encadrada no Ministerio da Gobernación, de grupo B. Pola orde do 9 de xaneiro de 1970 todos os servizos da antiga Delegación Nacional de Auxilio Social se integran provisionalmente no Servizo Nacional de Auxilio Social, que polo Decreto 2162/1973, do 17 de agosto, pasou a denominarse Instituto Nacional de Auxilio Social. No Decreto 986/1974, do 5 de abril, polo que se reorganiza o Ministerio da Gobernación, cámbiase o nome deste organismo autónomo polo de Instituto Nacional de Asistecia Social (INAS). En 1977 transfírense as súas competencias ó Ministerio de Traballo, segundo o Real decreto 736/1977, do 15 de abril. E, pouco despois, o INAS queda adscrito ó Ministerio de Sanidade e Seguridade Social polo Real decreto 1918/1977, do 29 de xullo. Dito Ministerio suprímese polo Real decreto 325/1981, do 6 de marzo, asumindo as súas funcións o novo Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social. O Real decreto 2346/1981, do 2 de outubro, sobre estrutura e funcións do INAS, defíneo como un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito ó Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social, a través da Dirección Xeral de Acción Social, para a xestión de servizos de asistencia do Estado. Polo Real decreto 2823/1981, do 27 de novembro, este ministerio pasa a denominarse Ministerio de Traballo e Seguridade Social. Así, o INAS queda integrado na súa Subsecretaría da Seguridade Social a través da Dirección Xeral de Acción Social, segundo queda establecido no Real decreto 275/1982, do 12 de febreiro. Polo Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de servizos e asistencia sociais, os servizos correspondentes do INAS e das súas delegacións provinciais son transferidos á Xunta de Galicia.
Lugares Galicia - Pontevedra
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)