Creador de
Familia Llauger
Área de descrición
Datas de existencia s. XVI-s. XX
Historia Enmárcase esta familia entre aquelas persoas que desde Cataluña, viñeron a Galicia a establecerse na industria do salazón da sardiña e se asentan tras a Guerra de Independencia, formando unha sociedade empresarial, padecen a crise de 1820, manteñen matrimonios endogámicos e compatibilizan a explotación comercial da sardiña con actividades coma a navegación de cabotaxe, o comercio vinícola, actividades de préstamo, de xestión bancaria, investimentos empresariais,... A familia Llauger chegou á ría de Arousa procedente de Canet de Mar (Barcelona), asentándose en Vilanova. Este traslado encádrase no movemento migratorio que se produce a Galicia a finais do XVIII e inicios do XIX, que supón a instalación de ata 50 secadeiros cataláns na ría arousá entre 1795 e1815.
Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Salnés - Vilanova de Arousa
Área de control da descrición
Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)