ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Rafael Picó Cañeque

Área de descrición

  • Datas de existencia 1895-1984

  • Historia Rafael Picó Cañeque, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos , nado en Uceda (Guadalaxara) en 1895 e finado en Pontevedra o 20 de novembro de 1984, foi un enxeñeiro e político galego. Realizou os estudos na Escola de Madrid e tivo o seu destino laboral na Xunta de Obras do Porto de Pontevedra entre 1921 e 1951 chegando a ser nomeado presidente da Institución. Membro da Comisión Xestora da Corporación Provincial desde o 22 de xaneiro de 1941 ocupando o cargo de Vicepresidente en representación do parido fascista FET-JONS. Posteriormente, o 7 de xullo de 1942 sería nomeado Presidente da Institución provincial polo Gobernador Civil, cargo que ostentaría até o 16 de xuño de 1948. Paralelamente tamén exercería de procurador nas Cortes franquistas na lexislatura de 1946 a 1949 sendo elixido como representante corporativo das Diputacións Provinciais e Mancomunidades Interinsulares Canarias. Tamén exerceu como inspector xeral de Portos da 16 Demarcación ata a súa xubilación en 1965. Seguiu traballando na empresa privada ata 1980.

  • Lugares

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)