ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.417
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Creador de

Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe

Área de descrición

  • Datas de existencia 1975-

  • Historia A Cidade Infantil Príncipe Felipe inaugurárona en 1976 os reis don Juan Carlos e dona Sofía. A institución, de carácter educativo e benéfico-social, foi concibida para albergar e formar os nenos e mozos que, por unha ou outra circunstancia, cumpría acoller e protexer. O obxectivo foi desde un primeiro momento encargarse da educación destes rapaces pero non illadamente, como seres marxinados da sociedade, senón que alumnos residentes e externos convivisen e se educasen nun clima no que reinase a igualdade entre eles. A este obxectivo inicial, que segue sendo hoxe un dos eixes sobre os que xira a institución, hai que engadir que este ano se acadou un logro importante para o seu desenvolvemento coa incorporación dun Centro de Día coa finalidade de que a cotío os rapaces internos convivan e compartan tarefas e actividades cos nenos que posúen un núcleo familiar estable. Das tarefas diarias do Centro encárgase un equipo de persoal esforzado en lograr que a estancia dos nenos neste sexa o máis agradable posible.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca de Pontevedra - Pontevedra - Mourente

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)