ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

Fondos

  • ES.GA.36038.AMPo.7. COLECCIÓN FOTOTIPIA THOMAS CA

COLECCIÓN FOTOTIPIA THOMAS CA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPo.7

  • Título COLECCIÓN FOTOTIPIA THOMAS CA

  • Data(s) ca.1909-1929 (Creación)

  • Volume e soporte 153 fotografías en soporte papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Fototipia Thomas CA(1880-ca.1950) Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suíza), 1910) funda en 1880 a Fototipia Thomas nun establecemento na Gran Vía de Barcelona. En 1898 trasládase ao nº 375 da Rúa Mallorca de Barcelona, edificio que proxectou, por encargo da familia Thomas, Lluís Doménech i Montaner. Josef Thomas, experto coñecedor do medio fotográfico –nalgunhas das súas publicacións aparece como fotógrafo– a verdadeira dimensión do seu perfil profesional ven referida á actividade despregada como cualificado impresor de libros e revistas de arte, sendo en ocasións también editor. A Fototipia Thomas anunciábase como unha empresa dedicada á realización de reproducións artísticas e que dispoñía de grandes obradoiros de heliograbado, fototipia, litografía e fotocromotipografía. Colaborou en libros e revistas de arte como, por exemplo, La Il.lustració Catalana, Pèl i ploma e El Arte en España. Outra das grandes liñas de traballo da Fototipia Thomas sería, desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías, que nun principio se ciñe a temas locais, ou á produción para outras editoras, como é o caso de Hispania, coas series ilustradas polo pintor Ramón Casas (1901-1903). A partir de 1905, Thomas publica coleccións de tarxetas de distintos puntos da xeografía española. Vistas de cidades, paisaxes urbanos, espazos naturais de interese, grandes obras de enxeñaría, tipos populares e, de maneira destacada, o patrimonio histórico artístico, serán a temática da iconografía postal destas edicións que co tempo se van incrementando en número e dimensión geográfica. Como a maioría dos editores e impresores de tarxetas postais, a Fototipia Thomas traballaba con varios fotógrafos dos que non coñecemos o nome. > Fototipia Thomas siguiu funcionando tras a morte do seu creador, co nome de Hijos de J. Thomas, cos mesmos criterios de produción. Desde 1911 e até 1917, distingiuse con publicacións como Museum, revista mensual de arte español antigo e moderno, ou Vida Artística Contemporánea, referida ás artes aplicadas. Tras a Guerra Civil, a actividade empresarial decae notablemente, até o peche do establecemento nos anos sesenta.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

  • Forma do ingreso Compra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo está formado por 153 fotografías que abranguen un período cronolóxico que vai dende 1909 a 1929. As fotografías retratan as rúas, prazas e distintos espazos públicos da cidade de Pontevedra e os seus arredores

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre acceso

  • Instrumentos de descrición Base de datos en Access

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Fototipia Thomas CA (Tema) (Creador)

Área de control da descrición