ATOPO
Registros actuales: 1.336.649
Objetos digitales disponibles: 490.476

GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36054.AM.TOM..1

  • Título GOBERNO

  • Data(s) 1889-2017 (Creación) 1889 - 2017-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 297 unidades de instalación con 7.106 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tomiño(1836-) O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega. O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    Esta sección GOBERNO está organizada nas seguintes divisións e series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO:
    
    1.1.1.- Expedientes de división territorial
    1.1.2.- Expedientes de Entidades Locais Menores
    1.1.3.- Expedientes de mancomunidades
    1.1.4.- Expedientes de constitución do Concello
    1.1.5.- Expedientes de sesións do Pleno
    1.1.6.- Expedientes de cargos municipais
    1.1.7.- Mocións
    1.1.8.- Libro de actas do Pleno
    1.1.9.- Ordenanzas e regulamentos
    1.1.10.- Convenios
    1.1.11.- Expedientes de xuntas veciñais
    1.1.12.- Expedientes de sesións do Centro de Desenvolvemento Local
    1.1.13.- Documentación de Asociacións
    1.1.14.- Expedientes da Comisión Xestora
    1.1.15.- Expedientes de sesións da Xunta do Partido
    1.1.16.- Libro de actas da Xunta do Partido Xudicial
    1.1.17.- Libro de seguimento de acordos
    1.1.18.- Rexistro de Entidades Locais
    
    1.2. ALCALDE:
    
    1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía
    1.2.2.- Certificacións e informes da Alcaldía
    1.2.3.- Decretos. Resolucións
    1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía
    1.2.5.- Bandos. Edictos
    1.2.6.- Libro rexistro de bandos
    1.2.7.- Libro rexistro de edictos
    1.2.8.- Expedientes de protocolo
    1.2.9.- Heráldica municipal
    1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo
    1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía
    1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía
    
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE
    
    1.3.1.- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente
    1.3.2.- Libro de actas da Comisión de Goberno
    1.3.3.- Libro de actas da Xunta de Goberno Local
    1.3.4.- Expedientes de sesións da Comisión Municipal Permanente
    1.3.5.- Expedientes de sesións da Comisión de Goberno
    1.3.6.- Expedientes de sesións da Xunta de Goberno Local
    
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
    
    1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas
    1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tomiño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición