ATOPO
Registros actuales: 1.343.480
Objetos digitales disponibles: 494.904

EDUCACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB..3.8

  • Título EDUCACIÓN

  • Data(s) 1902-2010 (Creación) 1902-00-00 - 2010-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 13 unidades de instalación con 177 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a documentación xerada polos concellos a partir das súas competencias no ámbito da promoción da educación dos seus habitantes, función municipal que tralo remate do período franquista é exercida cunha actividade cada vez máis restrinxida, na maior parte dos casos, dado o papel preponderante reservado ás administracións autonómica e estatal no asunto. 3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino: Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Ensino e as actas e expedientes de sesións da mesma. 3.8.2.- Expedientes de educación Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, .... Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica. 3.8.3.- Expedientes de persoal docente Expedientes de persoal docente tramitados para moi diversos asuntos en relación ós mestres dos centros educativos tales como tomas de posesión e cese, traslados, provisións de casa habitación, concesión de licenzas e permisos, etc 3.8. 4.- Axudas de estudos Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección 3.8. EDUCACIÓN contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.8.- EDUCACIÓN:
    
    3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino
    3.8.2.- Expedientes de educación
    3.8.3.- Expedientes de persoal docente
    3.8.4.- Axudas de estudos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición