ATOPO
Registros actuales: 1.334.437
Objetos digitales disponibles: 490.505

FACENDA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4

  • Título FACENDA

  • Data(s) 1840-2024 (Creación) 1840-00-00 - 2018-03-21 (Produción)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A Facenda Local encargase de desenvolver as actividades económicas locais; e dicir, xestionar os ingresos e gastos locais coa intención de satisfacelas necesidades do municipio. Dende o século XII ó XVIII os ingresos municipais estiveron formados polos bens de propios ou patrimoniais: tendas, mercados, censos, devesas, muíños, etc.; bens comunais: montes, caza, pesca, etc.; e tamén polos arbitrios propios que xeralmente gravaban o consumo. O maiordomo encargábase da fiscalización dos ingresos e gastos, asumía a xestión e recadación de ingresos; e actuaba como depositario e custodio de todo o recadado. No século XIV apareceu a figurado Contador, a súa función era censuralas contas que rendía periodicamente o Mordomo. En 1761 esa labor fiscalizadora de contas pasou a desenvolvela a Xunta de Propios e Arbitrios, composta por alcaldes, rexedores e procurador síndico; a cal, tamén se encargou de presentar ante a Contadoría Xeral as contas xeradas pola administración dos propios e arbitrios municipais. A Facenda Local dos séculos XIX e XX caracterizouse polo intento de unir e suprimir a grande cantidade de arbitrios que existían e polo intento de que os municipios adquirisen autonomía financeira. A principios do século XIX o sistema impositivo nacional buscaba a creación dunha única contribución ou contribución directa, como consecuencia diso suprimíronse as rendas provinciais como: alcabalas, centos, millóns, servizos ordinarios e extraordinarios; aínda que apareceron novas cargas. As facendas locais coa desamortización dos bens de propios de Madoz (1855), sufriron un importante troco xa que pasaron de ser fundamentalmente patrimonialista a ser eminentemente fiscais. Durante a segunda metade do século XIX e primeira metade do século XX, os ingresos municipais nútrense de diversos impostos como foron: pesos e medidas, consumos, carruaxes de luxo, expedición de documentos, bebidas espirituosas, amillaramentos, soares sen edificar, incremento de valor dos terreos, etc.; e da participación nos impostos cedidos total ou parcialmente polo estado. Finalmente, a Constitución de 1978, que proclamaba o principio de suficiencia financeira das entidades locais, e a reforma das facendas locais promovida pola Lei 39/88, serviron para a reordenación do réxime presupostario dos entes locais e do sistema de recursos, suprimíronse moitos dos impostos recadados con anterioridade e os ingresos quedaron configurados principalmente polo cobro do imposto de bens inmobles, o imposto de actividades económicas e o imposto do vehículos de tracción mecánica. En canto os oficios municipais destacar que durante as primeiras décadas do século XIX os encargados da xestión económica eran os depositarios, os secretarios e os alcaldes, sempre baixo a supervisión do Concello. Na segunda metade do século XIX reapareceu a figura do Contador, el tiña baixo o seu cargo a oficina de contas, os libros de contabilidade, preparaba os presupostos e promovía os libramentos. As competencias do contador foron evolucionando, o longo do século XX, facía o que hoxe se coñece como interventor de fondos. Así mesmo, o Depositario que perdera as competencias en favor do contador, o cal se encargara da custodia de valores e de depósitos e do pagamento de libramentos, foi evolucionando cara o que hoxe se coñece como o tesoureiro municipal. Outras institucións importantes foron a Xunta Pericial e a Xunta Municipal de Asociados.

  • Organizació

    Esta sección, FACENDA, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS:
    
    4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención
    4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF
    4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados
    4.1.1.4.- Tribunal de Contas
    4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención
    4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos
    4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención
    
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS:
    
    4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos
    4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario
    4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias
    4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego Municipal Monte Santa Trega
    4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais
    4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo
    
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS:
    
    4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario
    
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS:
    
    4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN
    
    4.2.1.- IMPOSTOS:
    
    4.2.1.1.- Xunta Pericial
    4.2.1.2.- Contribución territorial rústica
    4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente
    4.2.1.4.- Contribución territorial urbana
    4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares
    4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal
    4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías
    4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos
    4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos
    4.2.1.10.- Arbitrios provinciais
    4.2.1.11.- Contribucións especiais
    4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras
    4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES)
    
    4.2.2.- TAXAS
    
    4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais
    4.2.2.2.- Listas cobratorias
    
    4.3.- TESOURARÍA
    
    4.3.1.- CAIXA:
    
    4.3.1.1.- Actas de arqueo
    4.3.1.2.- Libro de caixa
    4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances
    4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais
    4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos
    4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos
    4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría
    4.3.1.8.- Partes de caixa.
    
    4.3.2.- RECADACIÓN:
    
    4.3.2.1.- Contas de recadación
    4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria
    
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS:
    
    4.3.3.1.- Contas correntes
    4.3.3.2.- Libro de contas correntes
    4.3.3.3.- Libro rexistro de facturas
    4.3.3.4.- Libro de descontos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición