ATOPO
Registros actuales: 1.336.136
Objetos digitales disponibles: 490.467

Fondos

IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE RODEIRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36047.AM.ROD.2

  • Título IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE RODEIRO

  • Data(s) 1940-1994 (Creación)

  • Volume e soporte 74 unidades de instalación con 549 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro(1940-1994) A Irmandade sindical de labregos e gandeiros de Rodeiro constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no Concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servizo e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do concello en diversos aspectos administrativos. A documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental nos meses de maio e xuño de 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo nun espazo ben equipado que garante a súa permanencia así como a consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a distintos niveis.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Rodeiro

  • Historia arquivística As premuras económicas á hora de desenvolver os cometidos propios das Irmandades sindicais de agricultores e gandeiros, sobre todo no período de carestía no que se encadran os primeiros anos do seu funcionamento, fixo que no caso de Rodeiro, igual ca noutros moitos, tivesen a necesidade de alugar uns locais que lle permitisen dispoñer dunhas dependencias axeitadas ás súas necesidades. Así, nun primeiro momento, o sindicato estivo situado nos baixos dunha casa de Rodeiro, á beira da estrada que conducía a Río. Dado que non había espacio suficiente tiveron que alugar noutros lugares da vila outras dependencias como taller de artesanía e almacén. Nesta situación mantívose ata que, xa en período serodio e tras a previa cesión da corporación municipal en 1969 dun soar da súa propiedade na actual rúa B, procedeuse á construcción dunha Casa da Irmandade de titularidade propia rematada no ano 1972 e financiada cos fondos dos afiliados e con axudas e subvencións procedentes de diversos organismos agrarios, o cal demostra o interese local en promover o sector primario, de enorme peso no municipio. A nova edificación, bastante ampla, consta de dúas plantas e ático dedicándose a planta baixa a almacén e a primeira a acoller os servicios administrativos do sindicato agrario. Tras a desaparición en 1994 da Cámara Agraria, substituta da Irmandade Sindical dende 1977, a titularidade e uso desta casa pasará a ser municipal por cesión da Xunta de Galicia. En consecuencia, as instalacións deste edificio actualmente nun estado de deterioro progresivo, freado en parte tras realizarse algunhas remodelacións e á espera de próximas reformas, son aproveitadas asumindo diferentes usos como museo municipal na planta baixa, oficina de correos, centro social e de reunións de sindicatos, cooperativas agrarias e outras asociacións de carácter diverso na planta primeira e incluso ximnasio municipal no ático. Polo tanto e debido, por unha banda, ó estado actual do edificio, que non ofrece a seguridade necesaria para a conservación documental por estar, ademais, ás portas dunha fase inminente de reformas que podería afectar á integridade do depósito, e por outra, a súa dedicación a estes novos usos que non deixan un lugar indicado nel para a instalación do arquivo, decidiuse como máis idóneo para a súa organización e conservación o traslado á propia casa do concello. Este edificio, en excelente estado de conservación, está distribuído en baixo e planta, cunha recente ampliación de nova construcción unida á primeira que aumenta considerablemente o espacio das dependencias municipais.Nesta ampliación, á beira da sala de exposicións, sitúase a sala dedicada exclusivamente, ata o momento do traslado da documentación da Irmandade Sindical, a arquivo municipal, de forma rectangular, conta cunha sala anexa de traballo e consulta así como de servicios sanitarios. A súa superficie é ampla, superior ós corenta e cinco metros cadrados, na que se instalaron 186 metros lineais de estanterías de madeira polo que, despois de acoller as últimas incorporacións de documentación municipal, ten capacidade suficiente para albergar o arquivo da Irmandade Sindical, quedando aínda así espacio abondo a curto e medio prazo para organizar futuras remisións que ha efectuar o concello. Esta nova situación presenta unhas excelentes condicións de habitalidade xa que dispón de calefacción e ventilación garantindo así a súa permanencia, á espera dun posible novo traslado para centralizar nun mesmo local a escasa documentación conservada das antigas irmandades sindicais da provincia de Pontevedra. A documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental nos meses de maio e xuño de 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo nun espacio ben equipado que garante a súa permanencia así como a consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a distintos niveis.

  • Forma do ingreso Transferencia irregular.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación da Irmandade Sindical de Agricultores e Gandeiros de Rodeiro estaba amontoada nas estanterías metálicas dunha sala da casa sindical onde, parece ser, foi trasladada tras a supresión da Cámara Agraria dende outras salas do edificio. Neste proceso perdeuse parte do conxunto que non se depositou nese lugar co resto, como consecuencia da limpeza efectuada anteriormente a diversas obras de reforma no edificio. As condicións de conservación nas que se atopaba a documentación eran cando menos deficientes posto que a sala estaba aberta ó público, que accedía ás diversas actividades realizadas no lugar e nas estanterías había suciedade e roedores. Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados púidose inventariar un total de 74 unidades de instalación que abranguen o período cronolóxico dende 1945 ata 1994; hai representación documental case da totalidade dos anos de funcionamento das irmandades sindicais primeiro e das cámaras agrarias despois. A pesar deste amplío espacio temporal, a meirande parte do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre os anos 60 e 1977, data en que funcionaba como irmandade sindical e, con menor relevancia dende ese ano ata 1983-1984, xa en concepto de cámara agraria. A documentación dos anos 40 e 50 é moi minoritaria, quizais por perderse unha parte e ó mesmo tempo dende 1983-1984 é tamén pouco transcendente posto que dende estes anos deica a súa desaparición a Cámara Agraria de Rodeiro funcionou como unha delegación da de Lalín, co que unha parte importante do conxunto documental de Camba se debeu perder ó estar depositado co do concello de Deza. Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas que ocupan un 65% das unidades de instalación. En primeiro lugar, comezando pola serie 2.1 e dentro da sección Administración, dispoñemos tanto de correspondencia coma de oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) e referidos a un amplo período cronolóxico, conservándose ademais un bo conxunto de certificacións (afiliacións á S.S.A., contribución rústica, quintas), instancias e partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade. En segundo lugar, e dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1 correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón o groso do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas irmandades ós agricultores. Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada de altas e baixas no Censo Laboral Agrícola pertencente a un período cronolóxico amplo así como documentación de cotizacións (1966-1983) e as nóminas de cobro do subsidio familiar do período 1957-1984; é de destacar a práctica ausencia de testemuños documentais anteriores á década dos 60. En terceiro lugar, dentro da serie 3.2 correspondente a censos agropecuarios son moi importantes os censos agrarios realizados periodicamente así como as estatísticas de cultivos e maquinaria. A sección 1 de Goberno contén información de diversos aspectos, entre a que destaca a proporcionada polos libros de Actas do Cabido (1953-1972) e actas de diversas xuntas e comisións da Irmandade como a Comisión Local da Mutualidade Nacional da Previsión Social Agraria. Na sección 2 de Administración, ademais do mencionado, consérvanse algúns expedientes de patrimonio, contratación e persoal, así como un libro de rexistro de entrada de documentos (1956-1974) sendo bastante dispersos e fragmentarios. No resto da sección 3 de Servicios obsérvase a presencia de mostras de documentación de diversos servicios e funcións realizadas pola Irmandade Sindical-Cámara Agraria de Rodeiro que dan idea da súa actividade no momento: é especialmente completa a documentación referida a eleccións (1957-1975) e Tribunal Xurado - Servicios Xurídicos (1959-1977) e tamén testemuños de fundación de cooperativas e grupos de colonización no municipio. En canto á sección 4 de Facenda hai que sinalar o seu carácter incompleto e fragmentario posto que só se conserva o presuposto dun exercicio; os padróns da derrama agrícola e servicios só abarcan un poucos anos. Unicamente é de relevancia a documentación de caixa e recadación, sesgada pero relativa a un período cronolóxico amplo mentres a referida ás contas correntes e facturas ten carácter residual.

  • Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado a unha dependencia do Concello, onde se produciu a súa organización

  • Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    
    1.- GOBERNO
    
    
    1.1. CABILDO / PLENO
    .Asemblea Plenaria 1968-1983 1
    .Libro de actas do Cabido da Irmandade sindical
    de labradores e gandeiros 1953-1972 1
    .Expedientes sesións do Cabido da Irmandade
    sindical de labradores e gandeiros 1960-1978 1
    .Libro de actas da Comisión Permanente 1980-1983 1
    .Cargos de Irmandade sindical de labradores e
    gandeiros 1960-1971 1
    .Actas Comité Executivo Sindical Local Mixto 1971 1
    1.2. COMISIÓNS E XUNTAS
    .Xuntas parroquiais 1973 1
    .Libro de actas Comisión local MNPSA 1964-1972 2
    .Expedientes sesións Comisión Local MNPSA 1961-1977 2
    .Expedientes sesións Xunta local seguros sociais 1961 2
    .Expedientes sesións Comisión local AGAP 1977-1978 2
    .Expedientes sesións Comisión local de
    Reproducción Gandeira 1979 2
    1.3. PRESIDENTE - -
    
    2.- ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA
    .Estatística e memorias 1956-1970 17-18
    .Instancias 1958-1983 17
    .Certificacións 1956-1984 16-17
    2.2. REXISTRO
    .Libro rexistro de entrada de documentos 1969-1974 18
    2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
    .Expedientes de patrimonio 1955-1970 18
    .Expedientes de contratación 1957-1967 18
    2.4. PERSOAL
    .Expedientes de persoal contratado 1974-1975 18
    .Seguridade Social 1959 18
    .Nóminas e retribucións 1957-1964 18
    
    3.- SERVIZOS
    
    
    3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
    MUTUALIDADE
    .Partes e censos afiliación á Seguridade
    Social Agraria 1948-1984 19-22
    .Nóminas e liquidacións 1960-1984 23-49
    .Asuntos familiares 1968 49-50
    3.2. CENSOS AGRARIOS
    .Censos e estatísticas agropecuarias 1956-1994 50-59
    3.3. ELECCIÓNS
    .Expedientes de eleccións 1957-1975 61-62
    3.4. TRIBUNAL XURADO
    .Actos conciliatorios e asesoramento legal 1959-1977 62
    3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS
    .Expedientes de obras e subvencións 1958-1985 62-64
    3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN
    .Grupos de colonización 1969 64
    3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS
    .Expedientes de créditos agrícolas 1957-1976 64
    3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
    AGROPECUARIA E RURAL
    .Concentración parcelaria S/D 64
    .Expedientes de feiras e mercados 1959 64
    3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
    TRANFORMACIÓN
    .Expedientes de constitución SAT 1986 64
    3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO
    .Declaracións de cereais 1966-1968 65
    3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS
    .Expedientes de campañas agrícolas 1956-1974 65-66
    3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA
    .Expedientes de formación agropecuaria S/D 66
    3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
    MUTUAS GANDEIRAS
    .Mutua gandeira 1961-1964 66
    .Expedientes de danos por pragas e catástrofes 1971-1979 66
    3.14. COOPERATIVAS
    .Expedientes de constitución Cooperativa 1969 66
    3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES
    .Centro de Inseminación Artificial 1956-1983 66
    
    4.- FACENDA
    
    4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
    4.2. RECADACIÓN - -
    .Contas de recadación. Padróns de derrama 1964-1977 66-73
    4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
    .Libro de caixa 1956-1987 72
    .Recibos, contas bancarias e facturas 1956-1984 73-74

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 74 unidades de instalación.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota A destrucción do fondo documental da Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición