ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente Nadal Cultural

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF003.F0011.SF116.S0927.2.579/5

  • Título Expediente Nadal Cultural

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente Nadal Cultural. Contén: - Comunicación de uso de locais a asociacións do concello. - Postais. - Solicitude de subvención con cargo o Plan Cultural do ano 2014 da Deputación para a actuación de "Barca de Loimil". - Concerto de Nadal. - Contrato de prestación de servizos entre o concello (contratante) e "Guías Malouco" (contratado) para a organización e desenvolvemento do evento de actividades lúdicas realizado no pavillón polideportivo de Arbo o 7-12-2014. (Divertilandia). - Pleno infantil 12-12-2014. - Cartel de "Concerto de Xoán Curiel ". 14-12-2014. - Carteis de cine: "Gru 2". 27-12-2014. "Las aventuras de Tadeo Jones". 20-12-2014. - Carteis: * Concerto de Nadal, 21-12-2014. * Concerto Fin de Ano, 28-12-2014. * Festival Solidario, 4-01-2015. - Discoteca infantil (cartel e solicitude do grupo "Zigzag Animación"), 25-12-2014.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición