Fondos
-
F0003. 1.3. CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
2.648/7. Expediente de contratación para a creación do centro de interpretación da Rede Natura 2000
Expediente de contratación para a creación do centro de interpretación da Rede Natura 2000
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF001.F0003.SF029.S0267.2.648/7
Título Expediente de contratación para a creación do centro de interpretación da Rede Natura 2000
Data(s) 2012 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.
Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de contratación para a creación do centro de interpretación da Rede Natura 2000 e reparación da EDAR Estación Arbo. ADX: Turbela, S.L. Subvención do Fondo de Compensación Ambiental 2012. "Rede Natura 2000" da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Contén: - Proxecto de local para centro de interpretación da Rede Natura 2000. - Expediente sancionador nº 67/13 incoado frente o concello de Arbo como responsable dunha presunta infracción urbanística da ordenanza reguladora do uso e defensa das estradas provinciais, B.O.P. nº 11, de 16/01/96, e da Lei 4/1994, de 14 de setembro de estradas de Galicia. Arquivado.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)