Fondos
4.638/95. Escritura pública notarial de novo aforamento que fixo o Real Mosteiro de San Xoán de Poio a Benito Camarada (1752)
Escritura pública notarial de novo aforamento que fixo o Real Mosteiro de San Xoán de Poio a Benito Camarada (1752)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0002.SF025.S0416.4.638/95
Título Escritura pública notarial de novo aforamento que fixo o Real Mosteiro de San Xoán de Poio a Benito Camarada (1752)
Data(s) 1752 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Escritura pública notarial outorgada o 18 de decembro de 1752 de novo aforamento que fixo o Real Mosteiro de San Xoán de Poio a Benito Camarada, cabezaleiro do lugar de Camarada, parroquia de Cela do directo dominio do priorado de Santiago de Hermelo / Ermelo, anexo daquel de Poio, e demais veciños. Estaba xa aforado desde o ano 1546 diante do notario de Pontevedra, Juan García e viñan pagando anualmente a Ermelo, sesenta ferrados de pan mediado, oito ferrados de trigo, vintedous reais de marrana e un real de ser ... e maila luctuosa pola morte do cabezaleiro... tamén se fala dun muíño corrente e moente chamado Queimaño que antes posuíu Matías Estévez ... Documento interesante polos nomes de lugares e leiras da parroquia de Cela: Velosos, Cabreira, Cabo de Vila e tamén polo minucioso das lindes das leiras e tomadas: ... "río que baixa de San Lourenzo ..." Escribán: Alexandro Antonio Cancela
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHP Ca-3247/3)
Ãrea de notas
Nota É unha copia Doante: mestre, Arturo Sánchez Cidrás, veciño de Bueu en 18 de xaneiro de 2017
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Foros España Galicia Pontevedra Bueu Ermelo (Santiago) Escrituras públicas Protocolos notariais