Fondos
4.640/65. Escritura pública notarial de contrata para traballar por unha arte xabega polos armadores José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso (1823)
Escritura pública notarial de contrata para traballar por unha arte xabega polos armadores José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso (1823)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0002.SF025.S0416.4.640/65
Título Escritura pública notarial de contrata para traballar por unha arte xabega polos armadores José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso (1823)
Data(s) 1823 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Escritura pública notarial outorgada o 20 de outubro de 1823 de contrata para traballar á parte na presente colleita por unha arte xabega cos seus aparellos e lanchas por parte dos armadores, José Roura de Vigo e Salvador Martí de Beluso a favor de Manuel Pérez (fillo), Pedro Nogueira e trece máis. Condicións: primeiro, dende o 20 de outubro de 1823 a 31 de xeneiro de 1824; segundo a sardiña terá que véndela só os armadores que pagarán a metade correspondente ós mariñeiros ó prezo de 16 reais o millar que non baixe de quince millares o casco de tres por pipa. O peixe blanco venderase tanto o dos armadores como o da xente; terceiro, terán que traballar todos como todos sen perder lance. Se así ocorre teñen que pagar a metade da pesca que colla outra arte; cuarto están obrigados a obedecer ó patrón que poñan os armadores que porán outro no seu lugar; quinto cada mariñeiro poderá dispor de parte na sardiña ata dous millares. Escribán: José Benito Arís, veciño de Bueu con residencia en Meiro
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHP Ca-3243/8)
Ãrea de notas
Nota Doante: mestre, Arturo Sánchez Cidrás, veciño de Bueu en 18 de xaneiro de 2017 É unha copia