Fondos
58/3/3. Caderno de laboratorio da visita de Ramón Dios Vidal ao Rowett Institute, en Aberdeen (ca. 1950)
Caderno de laboratorio da visita de Ramón Dios Vidal ao Rowett Institute, en Aberdeen (ca. 1950)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.58..3.1.2.58/3/3
Título Caderno de laboratorio da visita de Ramón Dios Vidal ao Rowett Institute, en Aberdeen (ca. 1950)
Data(s) 1950 (Creación)
Volume e soporte 1 caderno e 12 follas soltas
Área de contexto
Nome do produtor Ramón Dios Vidal(1916-1999) Naceu o 19 de xaneiro de 1916 en Pontevedra, estivo casado con María dos Ángeles Casqueiro Martínez e licenciouse en ciencias químicas e físico-químicas pola Universidade Central en 1940. Conseguiu o doutoramento en ambas as disciplinas en 1949. Obtivo o posto de Catedrático numerario de física e química dos Institutos Nacionais de Ensino Medio en 1942, que desenvolveu nos Institutos de Avilés, Tánxer e Pontevedra como profesor de física, química, historia natural, matemáticas e inglés. Ademais tamén foi director dos institutos de Avilés e Pontevedra. Ao longo da súa vida recibiu numerosas bolsas de investigación: foi bolseiro polo Servicio de Recuperación de Automobilismo para estudar as aliaxes de antifricción; bolseiro e colaborador honorario do Instituto de Edafología (1948-1949); bolseiro e máis tarde profesor agregado polo Padroado Alonso de Herrera do CSIC para realizar estudos sobre solos galegos (1949); pensionado polo CSIC durante un ano en Inglaterra, nas Universidades de Aberdeen e Bristol (1950); profesor agregado á Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (1951), onde ascendeu a xefe de subsección en 1954 e a xefe de sección (1955-1964); proposto polo Padroado Alonso de Herrera como membro da Societé International da Science du Sol (1951), e da American Chemical Society entre outras asociacións de prestixio internacional; bolseiro como relator na Universidade Menéndez Pelayo (1952); pensioado pola Fundación Juan March para realizar estudos de deficiencias minerais nas Universidades de Cornell e California (1957), tras o que posteriormente obtivo tres bolsas na Universidade de California para continuar as investigacións xa iniciadas neste campo (1957-1959); Ademais foi colaborador do instituto matemático Durán Loriga da Universidade de Santiago de Compostela e axudante de clases prácticas de química experimental para farmacia na mesma universidade (1940-1941) Foi políglota, dominando o inglés, francés, alemán, italiano e portugués. Non se teñen datos exactos da súa data de morte, que debeu ocorrer cara aos anos 90.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido [ca. 1950] Caderno de laboratorio de Ramón Dios Vidal da visita a Rowett Institute, en Aberdeen (Escocia) Acompañan follas soltas con apuntamentos en inglés e castelán. Sinatura: Ramón Dios, 3-3
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ramón Dios Vidal (Tema) (Creador)