Fondos
1. Contaduría de propios e arbitrios
Contaduría de propios e arbitrios
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AXES.INT.4.4.1
Título Contaduría de propios e arbitrios
Data(s)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Contadoría de Propios e Arbitrios(1760-1941) Carlos III mediante o Real Decreto e Instrución para a administración dos seus propios e arbitrios en 30 de xullo de 1760, que institúe a Contadoría Xeral de Propios e Arbitrios, organismo que no Consello de Castela centraliza a vida económica dos concellos. Os Intendentes de Provincia constitúense en correa de transmisión entre o Consello de Castela e as Xuntas de Arbitrios dos coutos e xurisdicións. Posteriormente, a Contadoría Xeral de Propios e Arbitrios publica en 13 de agosto de 1764 disposicións que normalizan a composición e rendición das contas dos concellos. Antes na instrución de 1745 para a administración e goberno dos arbitrios do Reino especifícase a necesidade de crear nos concellos una Xunta formada polo superintendente e dous rexedores encargada de aprobar as contas e os expedientes de arrendamento de arbitrios. Nos concellos as Xuntas de Propios e Arbitrios encárganse da administración e despacho dos arbitrios, así como da xestión dos bens propios dos mesmos, presididas polos alcaldes maiores e correxidores, de existencia obrigatoria e formada polos rexedores e mesmo do procurador síndico. Entre outras atribucións tiñan as de formar e presentar ante a Contadoría Xeral todas as contas do produto e distribución dos seus propios e arbitrios e atender a que as poxas e remates se fixeran de acordo co disposto. Funcionaron durante todo o século XVIII, desaparecendo nos períodos 1808 a 1814 e no trienio 1820-1823. Aínda en 1831 están encargadas de examinar e censurar as contas de propios e arbitrios e mesmo no Real Decreto de 23 de xullo de 1835 para o arranxo provisional dos concellos do Reino outórgaselle a as competencias en materia de facenda.
Institución arquivística Arquivo de Xestión do Servizo de Intervención
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Carlos III mediante o Real Decreto e Instrución para a administración dos seus propios e arbitrios en 30 de xullo de 1760, que institúe a Contadoría Xeral de Propios e Arbitrios, organismo que no Consello de Castela centraliza a vida económica dos concellos. Os Intendentes de Provincia constitúense en correa de transmisión entre o Consello de Castela e as Xuntas de Arbitrios dos coutos e xurisdicións.
Posteriormente, a Contadoría Xeral de Propios e Arbitrios publica en 13 de agosto de 1764 disposicións que normalizan a composición e rendición das contas dos concellos.
Antes na instrución de 1745 para a administración e goberno dos arbitrios do Reino especifícase a necesidade de crear nos concellos una Xunta formada polo superintendente e dous rexedores encargada de aprobar as contas e os expedientes de arrendamento de arbitrios.
Nos concellos as Xuntas de Propios e Arbitrios encárganse da administración e despacho dos arbitrios, así como da xestión dos bens propios dos mesmos, presididas polos alcaldes maiores e correxidores, de existencia obrigatoria e formada polos rexedores e mesmo do procurador síndico. Entre outras atribucións tiñan as de formar e presentar ante a Contadoría Xeral todas as contas do produto e distribución dos seus propios e arbitrios e atender a que as poxas e remates se fixeran de acordo co disposto.
Funcionaron durante todo o século XVIII, desaparecendo nos períodos 1808 a 1814 e no trienio 1820-1823. Aínda en 1831 están encargadas de examinar e censurar as contas de propios e arbitrios e mesmo no Real Decreto de 23 de xullo de 1835 para o arranxo provisional dos concellos do Reino outórgaselle a as competencias en materia de facenda.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Contadoría de Propios e Arbitrios (Tema) (Creador)