Fondos
17.392/3. Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/09/2014
Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/09/2014
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.17.392/3
Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/09/2014
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 220 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 29/09/2014. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior celebrada o día 25 de agosto de 2014. 2. Toma de coñecemento dos decretos da Alcaldía do mes de agosto de 2014. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación cun asunto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Aprobación, se procede, da Conta Xeral do Concello e do Organismo Autónomo FPSDM correspondente ao exercicio 2013. 5. Aprobación, se procede, do reaxuste de anualidades da obra Acondicionamento hidráulico do Río Con, coa conseguinte modificación do Anexo de Investimentos 2014, en virtude da segunda adenda ao Convenio de Colaboración asinado con Augas de Galicia. 6. Modificación de créditos número 30/TC/2014 derivada do reaxuste de anualidades da obra acondicionamento hidráulico do Río do Con na rúa Florida. 7. Aprobación, se procede, da base de execución nº 11 do presente presuposto municipal. 8. Aprobación inicial, se procede, de modificación puntual do PXOM nos terreos de Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. (LARSA). 9. Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual do PXOM, en relación coa vivenda situada na rúa Rosalía de Castro (Casa Becerra). 10. Aprobación, se procede da proposta do grugo de Goberno, sobre a substitución de D. Lino Mouriño Santiago no Consello de Administración da Autoridade Portuaria. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, en relación coa modificación do regulamento de servizo urbano de transportes de automóbiles lixeiros. 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, en relación coas árbores do Parque da Xunqueira. 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre a recepción das estradas PO-548 e N-640 ó seu paso por Vilagarcía de Arousa. 14. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, pola defensa da pluralidade e a participación pública e contra a reforma electoral que pretende o PP. 15. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación coa modificación da lexislación electoral sobre a designación de Alcalde. 16. Aprobación, se procede, de comparecencia do Concelleiro Delegado de Seguridade. 17. Aprobación, se procede, de comparecencia da Concelleira Delegada de Cultura. 18. Interpelacións. 19. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razón de urxencia. 20. Respostas ás preguntas formuladas na sesión plenaria anterior. 21. Rogos e preguntas. 22. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
Ãrea de notas
Nota