Fondos
4.639/50. Escritura pública notarial de poder de Francisco de Ávila y la Cueva e a súa muller a Andrés Casalduero e fillo para que xestione unha herdanza (1807)
Escritura pública notarial de poder de Francisco de Ávila y la Cueva e a súa muller a Andrés Casalduero e fillo para que xestione unha herdanza (1807)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF001.F0002.SF025.S0416.4.639/50
Título Escritura pública notarial de poder de Francisco de Ávila y la Cueva e a súa muller a Andrés Casalduero e fillo para que xestione unha herdanza (1807)
Data(s) 1807 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Escritura pública notarial outorgada o 2 de agosto de 1807 de poder interposto por Francisco de Ávila y la Cueva e a súa muller María Rosa Gutiérrez Bustillo y Güimil, vecinos de Bueu a Andrés Caslduero e fillo (Cádiz) para que xestione se faga cargo de parte dunha herdanza. María Rosa é filla lexítima de Bartolomé Gutiérrez Bustillo, que fora rexedor perpetuo da vila de Pontevedra e de Juana Güimil de Caamaño, herdando do seu tío José Benito Güimil (falecido en Cádiz o 31 de xaneiro de 1807). Parte da herdanza está na compañía que Andrés Casalduero tiña no Reino de Andalucía. Para poder seguir xestionando o negocio dan poder a Andrés Casalduero e fillo (Cádiz). Escribán: Pascual de Juncal, residente en Meiro (Bueu)
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHP Ca-1462/1)
Ãrea de notas
Nota Doante: mestre, Arturo Sánchez Cidrás, veciño de Bueu en 18 de xaneiro de 2017 É unha copia