ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.206
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de concurso e concurso - oposición para a provisión de prazas vacantes

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.4.4.1.761/1

  • Título Expediente de concurso e concurso - oposición para a provisión de prazas vacantes

  • Data(s) 1944 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 280 páxinas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de concurso e concurso - oposición para a provisión de prazas vacantes. Seleccionados: - Manuel Díaz Franco, Manuel Ureba Painceira, Fernando rodríguez Rubio, Luis García Lorenzo, Joaquín Pérez Fernández, José Iglesias Fiel, Enrique Iglesias Pérez, Francisco Somoza Martínez, Manuel Ramas Romero, Genaro Brea Bouzas (gardas municipais). - Ramón Rebolo Rodríguez, María Isolina García (auxiliar de xardíns). - Bernardo Acosta Froján e Jesús Romero Vidal (serenos municipais). - Román Recuna Barcala (alguacil). - Vacante (auxiliar nocturno rede de sumidoiros). - Luis Enrique Abalo, Marcelino Padín Dopazo, Segundo Rey Vilas, Manuel Mariño Lameiro, Vicente García Rodríguez, Luis Davila Cea, Juan López Fuentes, Antonio Castrelo Doval (varredores). - Vacante (auxiliar de secretaría). - José Ares Rodríguez, José Ferreiros Loroño, José Reboredo Vidal, Antonio Casas Andelo, Benito Bahón García, Romón Núñez Doval, Laureano Trillo Sánchez, José Montero González, Antonio Buceta Santamaría, Celso Diz Pérez, Antonio Pose Barcala, Jesús Portas Lema, José Mondragón Lago, Eduardo Núñez Doval, Manuel García Rivas, Domingo Varela García, Antonio Melio César... (fiel arbitrios 2ª).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición