ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Relacións cobratorias dos veciños de diversas parroquias de Vigo para pagamento do quinto e expresión dos pagadores e cantidades aboadas (1847-1849)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..1.2.2.67/2

  • Título Relacións cobratorias dos veciños de diversas parroquias de Vigo para pagamento do quinto e expresión dos pagadores e cantidades aboadas (1847-1849)

  • Data(s) 1847-1849 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental. 52 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Santa Baia de Alcabre. San Paio de Navia. San Martín de Coia. Santo Tomé de Freixeiro. Bouzas. Relacións cobratorias dos veciños de diversas parroquias de Vigo para pago do quinto e expresión dos pagadores e cantidades aboadas, elaborados entre 1847 e 1849

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: MOS 102

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición