ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.131
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de concordia pola que Alonso de Mourigas, como titor dos fillos menores que fincaron de Pedro Vázquez de Santo Estebo, concordouse con Álvaro Noguerol en razón dun preito do lugar de San Estebo, que Álvaro levaría as casas en que vive, así como o prado de Escarregadoiro e o nabal do Puzo (1575)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..3.1.98/19

  • Título Escritura de concordia pola que Alonso de Mourigas, como titor dos fillos menores que fincaron de Pedro Vázquez de Santo Estebo, concordouse con Álvaro Noguerol en razón dun preito do lugar de San Estebo, que Álvaro levaría as casas en que vive, así como o prado de Escarregadoiro e o nabal do Puzo (1575)

  • Data(s) 1575-1575 (Creación)

  • Volume e soporte 1 documento. 2 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Terra de Camba. Carboentes. Escritura de concordia pola que Alonso de Mourigas, como titor dos fillos menores que fincaron de Pedro Vázquez de Santo Estebo, concordouse con Álvaro Noguerol en razón dun preito do lugar de San Estebo, que Álvaro levaría as casas en que vive, así como o prado de Escarregadoiro e o nabal do Puzo, pasaron ante Pedro González de Lamas, escribán, o 5 de abril de 1575

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación afectada pola humidade

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: MOS 70

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición