ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.817
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Consultas ou queixas de carácter urbanístico

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF081.S0634. 18848/5

  • Título Consultas ou queixas de carácter urbanístico

  • Data(s) 1982 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes:
    - Amancio Ortigueira Dopazo. Reparación de muro.
    - Antonio Estévez Alonso. Tala de árbores.
    - Asociación provincial de amas de casa e consumidores "Rías Baixas". Reparación lavadoiro e da Rúa Ernesto Caballero.
    - Alcalde de Barrio Porta do Sol- Lérez, Marcial López Garrido. Continuación de obras de asfaltado en Fontaíña.
    - Dolores Pazos Pazos. Cambio de ubicación de fonte en Estribela.
    - Benito Bouzada Ucha. Restrición do tráfico en Avenida A Coruña.
    - Francisco Romero Fernández. Asfaltado do camiño de Arco (Lérez).
    - Alberto Montes Palacios. Adquisición de terreos para instalacións do colexio Pedra Picada (San Bieito), Lérez.
    - Javier Lopo Varela. Traslado de valado.
    - Manuel Julio Pazos Rodiño. Reparación verxa do Mercado Virxe do Camiño.
    - Párroco de Santa Mariña de Bora. Restitución cabina telefónica na parroquia.
    - César Enrique González de la Ballina Casalderrey. Substitución árbores en Rúa Manuel del Palacio.
    - José Antonio Navazas Padín. Apertura ao público da Rúa do edificio "As Flores", en Monteporreiro.
    - Manuel Pacheco Córdoba. Instalación colector do lixo en Sol-Lérez.
    - Manuel López López. Reparación camiño á vivenda.
    - Manuel Pérez Fernández e veciños. Reparación camiño veciñal en Armada- Salcedo.
    - Luciano Millán Rey. Consrvación do lavadoiro en Regueiriño.
    - Antonio Ezquerra Serrano. Declaración de peatonal da Rúa Nova de Arriba
    - Manuel González Mato. Cesión de terreo.
    - Antonio Ogando Nogueira e veciños. Concesión de semáforos en Rúa Loureiro Crespo.
    - AMPA Colexio Pedra Picada (San Bieto de Lérez). Novo itinerario autobuses escolares.
    - Manuel Alfonso Maquieira. Apertura colexio en Monte do peón.
    - José Carril Pan. Apertura vado acceso en Avenida Augusto García Sánchez.
    - Margarita Guzmán Barros. Reparación camiño en A Seca.
    - Benito Castro Estévez. Corte de tráfico en Rúa Marquesa.
    - Asociación de Comerciantes e industriais de Marín. Suspensión do mercado de Estribela.
    - Comoca, S.A. Traslado de caixa de correo.
    - Veciñanza da rúa Bernardino Fondevila. Reparacións da rúa.
    - Juan R. Calviño González. Autorización de uso de solo municipal en Xunqueira do Vao.
    - Teodoro Fontán Monteagudo. Exención do canon de ocupación da vía provincial.
    - Veciñanza dos bloques 2, 3 e 4 da Travesía Casimiro Gómez. Asfaltado da rúa.
    - José Portela Leiros. Solicitude de instalación de mobilario urbano en Monte Porreiro.
    - Francisco Cobián Salgado, Portavoz de AP. Solicitude de traslado do tráfico rodado en varios puntos da cidade afectados por obras.
    - Dirección do Museo de Pontevedra sobre o tránsito de vehículos na ponte romana.
    - Cámara agraria local. Solicitude de arranxo de camiño de servidume.
    - Director do Colexio Público de Barcelos. Solicitude de furna por eleccións.
    - Agrupación Insuficiencia Renal Crónica. Solicitude de nova Campañó de doazón de órganos.
    - María del Carmen García Malea. Solicitude de tapiado de vivendas abandonadas.
    - Cáritas de Pontevedra. Solicitude de vixilancia nos seus aloxamentos.
    - Joaquín Pol Martínez. Solicitude de material antigo dos bombeiros para a súa colección.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición